martes, 24 de mayo de 2011

XI Memorial Manuel Barros


A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Gondomar, coa autorización da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, organizan o día 29 de Maio de 2011 o XI Memorial Manuel Barros de atletismo en ruta.

O control técnico e dirección das carreiras están a cargo do Comité de Xuíces da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.

O comezo da proba será ás 10.00 h. para as categorías escolares.

A carreira absoluta de 10 Km ás 11:00 h.
Esta proba está inscrita nos calendarios galego e a distancia do circuito está homologada pola Real Federación Española de Atletismo.


PERCORRIDO

lunes, 16 de mayo de 2011

IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA



IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA

IV Carreira Popular Vila de Redondela
Data: Martes 17 de Maio do 2011 Hora: 10:30 h Distancia: 6.000
m.
Lugar: Redondela ( saida e meta sita no Concello de Redondela)
Organiza: Concello de Redondela, colabora Serviocio, empresa
xestora da Piscina Municipal de Redondela
Inscripcións: ata as 14:00 do xoves 12 de Maio
Mais información; no teléfono da instalación (986400586)
Remate da proba; 11:30

REGULAMENTO XERAL
1. A concellería de deportes do Concello de Redondela coa
colaboración de Serviocio empresa Xestora da Piscina Municipal
de Redondela organiza a terceira edición da carreira popular
Vila de Redondela
2. Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,
quedando prohibido doblalo ou cortalo. Tamén deberán levar o chip
ChampionChip debidamente atado nos cordóns das zapatillas. Será
motivo de descalificación o non cumprir este artigo
3. Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen
realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal e chip de outro
participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
4. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o
presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité
organizador.
5. A Piscina Municipal de redondela (serviocio sl) o Concello de
Redondela e os colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6. A IV carreira Popular Vila de Redondela ten carácter non
competitivo.
7. Somentes poderán participar as persoas mayores de 16 anos
8. Se establecen catro categorias unha masculina e outra femenina de
16 a 35 anos e unha masculina e outra femenina de maiores 35
9. Premios; trofeos para os tres primeiros clasificados de cada
categoría, un regalo para o último clasificado de cada categoría
e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de
Redondela en chegar a meta.
10. Obsequio para todolos participantes dunha
camiseta técnica de recordo o finalizar o percorrido e
algunha sorpresa mais
11. Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira
non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a
aceptación do regulamento da proba.
12. A organización contará coa colaboración dos organismos
municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do
percorrido.
Disporase de coche escoba para aqueles corredores que por algunha
razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
13. Avituallamientos: haberá un avituallamento líquido na meta.
14. Servicios de vestuarios e duchas: Piscina Municipal de
Redondela.
15. INSCRIPCIÓNS: 3 euros de dereitos de inscrición+1 Euro por
alquiler de Chip o que non o teña. Os/as propietarios/as de chip
amarelo ChampionChip non pagarán aluguer. Terán que precisar, DNI
con letra, nome e apelidos e fecha de nacemento completa,
localidade, provincia, teléfono movil de contacto e o correo
electrónico se o desexa. Poderanse facer ata as 14:00 horas do día
17 de xuño, na recepción da Piscina Municipal de Redondela (Paseo
do Pexegueiro Nº 5), ou na central de inscripcións na Web
www.championchipnorte.com
Todas as persoas que non aparezan nos listados definitivos o venres 13
de Maio nos listados da Web de ChampionChipNorte, non estarán
correctamente inscritas. A forma de pago pola Web é por medio de
tarxetas de crédito habilitadas para PAGO SEGURO por Internet. Deben
seguirse todas as indicacións que se dan na Web.
Non se aceptarán inscricións fora de plazo e sen datos obrigatorios.
16. Teléfono de informacion: 986400586, e información publicada
na web www.championchipnorte.com correrengalicia.org xunto con
un enlace para ver o recorrido
17. Os dorsais poderanse recoller de 08:30 a 09:30 horas do día da
proba na zona de saída, situada nos arredores do Concello de
Redondela. E durante a tarde do sábado de 16:00 a 20:00 na piscina
Municipal de Redondela

domingo, 15 de mayo de 2011

Despois de San Mamede, sigo vivo.

Non é o mesmo facer unha carreira por primeira vez, que non sabes por donde vas a pasar, e non sabes os pormenores do recorrido. Que facela co terreo xa estudiado.
Eso pasoume a min en San Mamede, pois xa fixera a Previa cos amigos do Via18 e con Lois e Xabi e algún que seguro me esquezo.
Sobre todo en montaña notase máis porque os perfís nunha grafica están ben pero na realidade transformanse e convirtense en verdadeiras subidas e baixadas.

Tomeime a carreira con certa tranquilidade pois saber o que tiña por diante axudoume a dosificar nos momentos duros e exprimir no terreos favorables si había forza claro.
Os primeiros quilometros ata o pobo da Teixeira fixenos na compaña de Oscarourense e Runrunpabli, que cada ún ía con distintos plantexamentos, xa que Oscar tiña en mente a preparación dos Aquilianos e Pablo tomouno en plan relaxado porque andar anda e moito, que así nos deixou nas primeiras rampas despois da Teixeira. A raíz de ahí quedamos Oscar e eu, ata que comenzou a segunda rampa un cortalume que nos levaría ata o cumio da Ermida, dende ahí ata meta era todo baixar por dous cortalumes empinados e o treito final por pista con certos desniveis. Dende o cumio ata o final quedeime so por unha caída de Oscar que quedou no alto para recuperarse e estirar.
A verdade que quedei ledo polo resultado, algo máis de 2h44m, pero tamén polas boas sensacións post carreira, xa que cheguei ben, con cansancio normal destas probas e non desfeito como noutras ocasións.

lunes, 9 de mayo de 2011

Desafio Solidario San Mamede 2011

A organización deste evento solidario ten como obxectivo principal recadar fondos para o PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA.Coa a inscrición neste evento solidario estarás colaborando coas persoas que presenten dificultades de movilidade e cos fondos obtidos mercaranse axudas técnicas (andadores, sillas de rodas, etc...) para que estas persoas poidan disfrutar dunha calidade de vida digna.Este Desafío Solidario lévate a coñecer os diferentes pobos enclavados ó pé da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza por un entorno natural pouco coñecido. Asemade pretendemos promocionar un estilo de vida saúdable fomentando a práctica deportiva.

REGLAMENTO
1. O domingo 15 de maio de 2011 darase a saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense), baixo o presente reglamento. O horario das diferentes probas será o seguinte:

8:30 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT

2. A proba celebrarase sobre os seguintes percorridos:

ANDAINA: percorrido de aprox 21,5 km, coa posibilidade facer o percorrido curto de aprox 15 km.
CARREIRA: percorrido de aprox 21,5 km.BTT: percorrido de aprox 40 km.

3. CATEGORÍAS: Podrán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba.Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo ós gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (ANDAINA, CARREIRA e BTT).

4. INSCRICIÓNS: poderanse realizar dende o xoves día 7 de abril de 2011 a partir das 12:00 h ata as 00:00 do mércores día 11 de maio de 2011. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ó remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse online a través da web: www.via18.es, cubrindo o formulario de inscrición e posteriormente realizando o pago dos 10 € da cuota de inscrición na seguinte entidade bancaria: BANCO PASTOR 0072-0301-67-0000129628, indicando nome, apelidos, dni e modalidade (ANDAINA, CARREIRA ou BTT) na que desexa participar.Semanalmente a organización publicará o listado dos inscritos en cada unha das modalidades nesta web: www.via18.esUnha inscrición non se considerará oficialmente realizada ata que non se comprobe o pago da cuota de inscrición fixado pola organización para este evento, o formulario de inscrición cuberto sen o pago da cuota de inscrición dentro do prazo establecido non conformará a inscrición no evento.
5. PREZO: O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) é de 10 € (5 € en concepto de donativo que se destinarán ó PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU DEPEDENCIA levado a cabo por CRUZ VERMELLA e os 5 € restantes destinaranse a sufragar os gastos que ocasiona a organización do evento).A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: Os percorridos estarán señalizados con balizas de cor laranxa para as modalidades de ANDAINA e CARREIRA e de cor verde para a modalide de BTT, sendo obligatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas nalgúns controis.
7. TEMPOS DE PASO: os participantes que sobrepasen 1 hora 15 minutos no alto do camiño dos carboeiros para a modalidade carreira serán desviados polo percorrido curto da Andaina pasando ós últimos postos da clasificacion xeral desta proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantizar a súa cobertura.Os participanes da modalidade Andaina que sobrepasen 1 hora 45 minutos no alto do camiño dos carboeiros serán desviados polo percorrido curto da Andaina.Así mesmo os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control tendrán a potestade para retirar da proba a calquer corredor, andarín ou ciclista si o seu estado de saúde así o aconsella. O corredor que se retire deberá avisar no control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS: a distribución dos avituallamentos será a seguinte:

CARREIRA-ANDAINA: Km 6,10,15 e 21.
ANDAINA CURTA: Km 6, 9 e 15.
BTT: Km 17,5 e 25.

9. PREMIOS: Dado o carácter solidario da proba entregaranse exclusivamente trofeos conmemorativos os gañadores/as absolutos de cada unha das modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) que comprende este evento solidario. Quedará descalificado todo aquel que non cumpla o presente reglamento, no complete a totalidade dol percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o dorsal ben visible ou desacate as indicacións da organización.
10. A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obligan ou por algunha causa de forza maior.
11. Os participantes están obligados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de estrada.
12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o que non se contemple neste reglamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME)


PERFÍS E PERCORRIDO:




FOTOS PARA ABRIR BOCA:
















lunes, 2 de mayo de 2011

Cronica O Corgo

Carreira, boa carreira.
Son destas que se fan dende o cariño, con poucos recursos, pero para que se queren sí ó final as cousas ben feitas ben parecen. Noraboa a organización e a seguir así.
A prova discorre por unhas paraxes espectaculares, que decir ten que correr pola beira da costa non ten prezo. E ese trociño de praia, que menos mal que foi so un cacho que sino morremos enterrados. Prova dura e moi selecta, xa que o percorrido case case se facia correndo a excepción dunha rampa que houbo que poñer a reductora e ir andando. Tamén houbo unha cordada para dar maior espectacularidade, para mostra un botón.



Paparotada ó final con empanada, bizcochos e cervexa de grifo, para recuperar os líquidos perdidos.


E había trofeos para parar un tren, lástima de non recoller ningún. Tiveron un gran detalle de regalar unha toalla de mans os 100 primeiros ou un pouquiño máis jeje.