domingo, 20 de mayo de 2012

San Mamede Desafío Solidaario 2012

REGULAMENTO
1. O domingo 20 de maio de 2012 darase a saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense), baixo o presente regulamento. O horario das diferentes probas será o seguinte:

9:00 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT

2. A proba celebrarase sobre os seguintes percorridos:

ANDAINA: percorrido de aprox 17 km.
CARREIRA: percorrido de aprox 21 km.
BTT: percorrido de aprox 44 km.

3. CATEGORÍAS: Podrán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba para as modalidades TRAIL e BTT, e 14 ou máis anos para a modalidade ANDAINA.
Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo ós tres primeiros/as clasificados/as absolutos/as de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (CARREIRA e BTT), salvo na modalidade ANDAINA na que non se outorgará ningún trofeo por non ter carácter competitivo.

4. INSCRICIÓNS: poderanse realizar dende o venres día 30 de marzo de 2012 a partir das 12:00 h
ata as 00:00 do mércores día 16 de maio de 2012. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ó remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse online a través da web: www.turinisport.com.Progresivamente a organización publicará o listado dos inscritos en cada unha das modalidades nesta web: www.via18.com

5. PREZO: O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) é de 16 € (6 € en concepto de donativo que se destinarán ó FIN SOLIDARIO DO EVENTO (REPOBOACIÓN FORESTAL DA SERRA DE SAN MAMEDE) levado a cabo por AMIGOS DA TERRA e os 10 € restantes destinaranse a sufragar os gastos que ocasiona a organización do evento).
A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización.

6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: Os percorridos estarán señalizados con cinta de balizar de cor VERMELLA e BRANCA para as modalidades de ANDAINA, CARREIRA e BTT, sendo obligatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas nalgúns controis.

7. TEMPOS DE PASO: os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control tendrán a potestade para retirar da proba a calquer corredor, andarín ou ciclista si o seu estado de saúde así o aconsella. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS: a distribución dos avituallamentos será a seguinte:

CARREIRA (TRAIL): Km 7,10 e 15 .
ANDAINA: Km 7 e 11,5.
BTT: Km 13 e 35.

9. PREMIOS: Dado o carácter solidario da proba entregaranse exclusivamente trofeos conmemorativos os tres primeiros/as clasificados/as absolutos/as das modalidades CARREIRA e BTT que comprende este evento solidario. Quedará descalificado todo aquel que non cumpla o presente regulamento, no complete a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o dorsal ben visible ou desacate as indicacións da organización.

11. A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obligan ou por algunha causa de forza maior.

12. Os participantes están obligados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de estrada.

13. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o que non se contemple neste regulamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).


domingo, 6 de mayo de 2012

III MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

(Proba aberta)

17 KM / 950 desnivel positivo

Parada de Sil - Ourense

6 de MAIO




 http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/VIcarreira.php