miércoles, 7 de julio de 2010

Colgo a camiseta


Chegou o fin da tempada e agora toca dedicar o tempo a algo máis que correr e competir, polo tanto ate Setembro que nos veremos outra vez polas Populares.

Bo veran a todos.

martes, 6 de julio de 2010

Cronica Leiro 2010

Terceira edición na que participo sempre coa esperanza de que a calor e a humidade sexan condescendentes con nos pero outro ano que vai ser que non.
De feito calor faciao pero levavase ben pero habia moita humidade, tocaba sufrir.

Unha carreira sen os meus compañeiros habituais de entrenos, foi unha carreira en solitario e con pouco ritmo. Duas voltas o circuito urban no pobo con moita xente como soe ser habitual e moi animosa.
Saída o exterior dirección a Ribadavia pola antiga estrada, cruzamos a ponte milenaria e facemos un quilometros por camiños de terra para despois entrar no parque con terreo de herba, donde a pisada faise irregular e hai que ter moito tente para non mancarse, voltamos a pasar unha pasarela de pedra por riba do rio e afrontamos os ultimos metros co repeito mais forte da carreira con poucas forzas xa, e encaramos a recta final con sprint como é habitual en min sempre que quedan reservas no deposito.