miércoles, 22 de diciembre de 2010

BO NADAL E ANINOVO 2011


Desexarvos unhas felices festas a toda a familia que formamos este mundo do running e que para o ano que ven todos os nosos obxetivos e pretensions sexan unha realidade.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Escaleiras e máis escaleiras

Onte foi un día propicio para disputar unha carreira desas de 10qms ou incluso unha Media Maratón, pero quen nos mandaría os 309 chegados (penso que foi record da proba ) a V Subida ó Castro correla.
Esta é unha carreira que ou che gusta ou odiala, non ten termo medio.
Pola miña banda sendo a segunda edición na que me presento e finalizo, e unha das carreiras que sempre que poida hai estarei, eu son dos que me gusta a carreira.
É unha proba que non te deixa indiferente tanto polo seu percorrido como polo seu ambente que este ano tivemos público extranxeiro (estaba atracado o Independence of The Seas) e numeroso menos mal, e o rematar as vista da ria son espectaculares un paraxe unico.

Este ano houbo modificacións no percorrido por mor de obras no casco vello e tamen na Praza do Concello, xa que esta instalada a Pista de Xeo e houbo que rodeala, este ano polo meu Gps deume unha distancia total de 2,200mts, que con respeto o ano pasado foron 200mts a maiores.

O meu track da carreira:
http://connect.garmin.com/activity/59649248

jueves, 2 de diciembre de 2010

XI Carreira Expourense-Megaxove


A XI EDICIÓN DA CARREIRA EXPOURENSE – MEGAXOVE, organizada polo Club Ourense Atletismo Academia Postal baixo o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Consello Municipal de Deportes–Concello de Ourense, e EXPOURENSE, e que conta co permiso da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o Mércores, día 8 de decembro de 2010, a partires das 12:20 horas da mañá (carreira longa), nas inmediacións dos recintos de Expourense e o Pazo de Deportes Paco Paz.


12:20 ........ Iúnior-Promesa-Sénior-Veteráns .......... 5 voltas G ......................... 6.000 m.


INSCRICIÓNS: as inscricións se poderán realizar ata as 20:00 horas do luns, 6 de decembro, NON ADMITÍNDOSE INSCRICIÓNS DESPOIS DE DITO PRAZO NIN NO MESMO DÍA DA CARRERA. A inscrición para as categorías que leven chip se formalizará a través dun formulario específico accesible a través da páxina web www.championchipnorte.com

REGULAMENTO DA PROBA E PLANO