martes, 27 de septiembre de 2011

V Maratón do Miño


Pois terceira edición na que vou participar na popular Maratón do Miño, eso sí na modalidade de Relevos, consistente en realizar a Maratón completa pero nun equipo formado por tres compoñentes relevandose nun punto determinado, debaixo da ponte romana.


Este ano formamos o equipo Billa, Kamibal e o presente, sen outra pretensión que pasalo o mellor posible e disfrutar no marco imcomparable que nos brinda a ribeira do río Miño, xa que a proba transcurre case na sua totalidade a beira do mesmo.

As distancias de cada relevo aproximadamente sería: A-13600m saída dende a Praza Maior e bruxeleando por varias ruas da cidade, collendo posteriormente o camiño da beira do río, B-14200 volta completa a beira do río e C-14600 volta completa o río e como tramo final cruzar a ponte romana rematando a proba.


Ate o de agora, o primeiro ano fixen o terceiro e último relevo, o ano pasado o segundo e penso que este ano repito o segundo, tempo do ano pasado aprox. 1h03m.


Deixovos os mapas do circuito:



lunes, 12 de septiembre de 2011

IV Carreira Pedestre de Campañó, Pontevedra

IV CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ, GRAN PREMIO HOTEL CAMPANIOLA
Data e horaSábado, 17 de setembro de 2011, 17:10 h
Lugar: Campo de Festa de Cabaleiro - Campañó (Pontevedra)
Organiza:Asociación Cultural Deportiva Campañó

Regulamento Xeral
Horários, distancias e categorias
Hora Categoría Distancia en metros lineais
17,10 Benxamín masculino e femenino 500 (Unha volta ao circuito)
17,20 Alevín masculino e feminino 800 (Unha volta ao circuito)
17,40 Infantil masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,00 Cadeta masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,20 Chupetes 120 (Teleclube - campo da festa
18,25 Pitufos 170 ( Cruce Cabaleiro a Cochón)
18,45 Xuvenís 3.200 ( Unha volta ao circuito)
18,45 Junior, promesas, seniors e veteranos masculino e feminino 9.600 (Tres voltas ao circuito)

Categorias
- CHUPETE: nados no 2007 e posteriores
- PITUFO: nados no 2004-2005-2006
- BENXAMÍN: nados no 2002-2003
- ALEVÍN: nados no 2000-2001
- INFANTIL: nados no 1998-1999
- CADETE: nados no 1996-1997
- XUVENIL: nados no 1994 -1995
- JUNIOR: nados no 1992-1993
- PROMESA: nados no 1989-1990-1991
- SENIOR: nados entre 1988 ata 1971
- VETERANOS A: nados dende 1970 ata 1961
- VETERANOS B: dende 1960 ata 1951
- VETERANOS C: nados antes de 1950
Inscricións
1. Os participantes poden formalizar a sua inscrición das seguintes formas:
Categorias benxamín, alevin, infantil cadete, xuvenis, junior, promesas, senior e veteranos masculino e feminino en www.championchipnorte.com
Chupetes e pitufos no E-mail: elias.dominguez.cabral @ gmail.com.
Ou, se eres de Campañó, nas delegadas da Asociación Cultural Deportiva Campañó.
A data límite para anotarse é o 14 de Setembro ás 20,00 horas. Non se admitirán inscripción o día da proba.
Precio de inscriciónCategorías menores dende pitufos ata xuvenis inclusive: gratuita. Nestas categorías, para inscricións por championchipnorte, deben marcar desconto de categorías menores si non son propietarios de chipCategorías absoluta (9.600): 2€ non propietarios de chip amarelo.
Propietarios de chip championchip: gratuita. Se alguén da absoluta marca desconto de categorías menores, será eliminado dos listados.
2. PremiosChupetes e Pitufos: Medalla e obsequio New Balance.
Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.
Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):
1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
3º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €
Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó3.

As probas darán comezo ás 17,10 h. do sabado 17 de setembro de 2011.
A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
4. A proba estará controlada por xuices.
5. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
6. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
7. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.
8. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
9. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.
10. CIRCUITO: Indicado no cadro de Horários, distancias e categorias.

INFORMACIÓN ADICIONALUnha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participante e acompañantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre tod@s os participantes.A partir das 22:00 horas gran verbena.
Máis información: Asociación Cultura Deportiva Campañó (606 70 17 40, José María Domínguez) ou no E-mail: elias.dominguez.cabral @ gmail.com

viernes, 9 de septiembre de 2011

Evento Solidario Regala un Bosque, Ribadavia

Ya podéis inscribiros en ésta web o en el Servicio de Deportes de Ribadavia.
Comparte éste cartel con tus familiares, amigos y ayúdanos a hacer difusión de éste proyecto tan interesante.
Os esperamos el día 11 en Ribadavia!!!!!!!

FECHA: 11 de septiembre en Ribadavia (Ourense)


Horario del evento
09.00: Hora de apertura en la plaza del Concello de Ribadavia.

Salida-llegada e Inscripciones del mismo día.
11.00: Salida de los participantes de la carrera (10 kms de recorrido)
11.05: Salida de los participantes de la marcha (5 kms de recorrido)
12.00: Llegada de los primeros corredores de la carrera de montaña
12.10: Llegada de los primeros senderistas
12.45: Acto de clausura. Entrega del donativo económico "cheque simbólico" por parte de la organización a la entidad beneficiaria


jueves, 1 de septiembre de 2011

Serra do Galiñeiro

A organización da Galicia Máxica Trail Adventure puxose en contacto con todolos participantes da quinta e última proba do Circuito para dar a coñecer os derradeiros detalles de cara a saída que se disputou o 27 de Agosto as 17:00h dende a A.V. Vincios.

Proba que se disputou baixo un día moi soleado aínda que non moi quente pero suficiente para suar do lindo, pensaba que na altura máxima da carreira correría algo de brisa pero nin por asomo.


Carreira de aproximadamente 20qms cuns desniveis de vertigo sobre todo de subida, sobor de todo cando pasamos donde se fai escalada, donde hai unas pedras verticais que buff, nos non escalamos pero case case, pasamos pola base e bordeamos ditos penedos, cunha gran sorpresa da cantidade de xente que había nese percorrido ademáis dos escaladores claro. Foi verdadeiramente espectacular, aínda que as forzas eran as xustas.


Foi a carreira de montaña na que máis sufrin e máis tardei en rematala, xa que invertin pouco máis de 3h10m todo un record para min.