miércoles, 30 de marzo de 2011

I Carreira Popular de Monte "Pozo do Demo", Verín




ORGANIZACIÓN:

A Carreira e a Andaina "Pozo do Demo" están organizadas pola Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" e ten como principal colaborador o Concellode Verín.

INSCRICIÓNS:

O prazo de inscricións comprende entre o 1 e o 31 de marzo (ambos inclusive).Unha vez pechado o período de inscrición non se admitirá a participación de ningún atleta, agás erro ou omisión administrativa detectada.A inscrición é gratuita.

Para formalizar a inscrición pódese empregar o correo eletrónico:pavillon@verin.netmultisport@chukos.comOu ben, tamén se pode chamar para recibir información ós teléfonos:Pavillón Municipal de Deportes de Verín (988.41.11.40).

* Carreira de Adultos (CIRCUITO CORRER EN GALICIA).- Inclúense todos os corredores que teñan cumpridos os 18 anos o 1 de setembro de 2010.

Saída: Balneario de Cabreiroá.Hora: 11,30 h.Distancia: 11 Km.

Características Técnicas:

Lonxitude: 11,04 Km.

Altitude mínima: 378 m (Km 10,4)

Altitude máxima: 614 m (Km 4,99)

Desnivel acumulado subindo: 251 m.

Desnivel acumulado baixando: 263 m.

% máximo de subida: +34,4 (Km 4,46 a 559 m de altitude).

% máxima de baixada: -17,9 (km 6,40 a 500 m de altitude).


Avituallamento de auga e froita: Km 5,68 a 576 m de altitude.

Tipo de Terreno:

* Pistas de Terra e Monte: 9,60 Km (86,96%)- Dende Km 0,00 a Km 8,63 e Km 9,23 a Km 10,20.

* Asfalto: 1,44 Km (13,04%)- Dende Km 8,63 a Km 9,23 e Km 10,20 a Km 11,04


Carreira Non Circular.Dificultade: Media.

Perfil do Percorrido (Track da Prova): http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1494918

Chegada: Pavillón de Deportes.


ITINERARIOS:

Os percorridos das Carreiras e das Andainas están convenientemente sinalados con cinta e flechas pintadas con spray de color:

* Carreira: Vermello fluorescente.

lunes, 14 de marzo de 2011

IV 10 Qms Vila de Xinzo de Limia


IV 10 QM. VILA DE XINZO DE LIMIA
20 DE MARZO DE 2011
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Os IV 10 QM. VILA DE XINZO DE LIMIA están organizados pola Concellería de
Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 20 de marzo de 2011.


REGULAMENTO:

A saída será ás 11:30 para a carreira absoluta (10.000 m. homologados).
A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.

PERCORRIDO:

Dúas voltas de 5qms

martes, 8 de marzo de 2011

Circuito GMTA- Trail Pazos de Arenteiro-Carballiño. Prova 2 de 5

Segunda prova do GMTA a disputar o Domingo 13 de Marzo en Terras do Carballiño, máis concretamente entre Pazos de Arenteiro a propiamente capital Carballiño, cunha distancia total aproximada de 15 qms, entre unhas fermosas paraxes e pobos.
Saída as 10:30h dende Pazos de Arenteiro o carón da Igrexa, poñeranse autobuses dende Carballiño ata a saída, xa que non é un percorrido circular.

Deixo a altimetría e track do percorrido:


miércoles, 2 de marzo de 2011

IX Carreira Popular Concello de Padrón


IX Carreira Popular Concello de Padrón

Data:
sábado, 5 de marzo de 2011.
Hora: 17:30 h.
Lugar: Paseo do Espolón, Padrón.
Distancia: 10.480 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Padrón.
Inscrición: Límite na proba absoluta 700 persoas.

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 12 a 13 h (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.

› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación xeral Masculina e Feminina (xuvenil/junior/promesa/senior e veteráns).

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto, ata fin de existencias. Pendente de confirmar agasallos puntuais por firmas colaboradores.

PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA
100 PREMIOS ECONÓMICOS AOS PRIMEIROS CLASIFICADOS MASCULINOS (75) E FEMENINOS (25) + DIPLOMA PERSONALIZADO

OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 15:30 h–19:30 h.