domingo, 25 de agosto de 2013

Resumo 3ª Semana de adestramentos

Despois de obter a "alta médica", entro de novo na dinámica dos adestramentos pero a ritmo de probas para ver como me vai a recuperación da lesión.

Luns 19, no parque de Castrelos, adestramento de 10qms a ritmo de 4:45/4:30, eso é o proxecto o resultado foi o seguinte:
-10qms KL/K1

Martes 20, máis quilómetros o mesmo ritmo:
-14qms KL/K1
O final só fixen 12 e desfondado buff.

Xoves 22, quecemento máis 3x3000 K3, rec. 3':
-Quecemento
-1ª Serie
-2ª Serie
-3ª Serie
resultado funesto, mal día para as series non funcionou.

Venres 23, máis quilómetros 16 KL/K2:
16qms KL/K2
Boas sensacións

Domingo 25, primeiro largo destos adestramentos, xa tiña que levar dous máis pero por mor da lesión non puido ser, así o fixen:
22qms KL/K1

Sensación encontradas durante toda a semana, uns días ben outros non tan ben, todo supoño que será de ir acumulando quilómetros.
Para a semana máis.



domingo, 18 de agosto de 2013

Volta a adestrar

Sigo de "baixa médica" pero notome con boas sensacións e sen molestias. Despois de sesión fisio luns e mércores, decidome a probar como me atopo das molestias no abductor.
Levaba parado dez días, e o venres fun a probar, din sete voltas a Castrelos (circuito 1000), sensacións encontradas pois ía ben pero con medo.
Este foi o resultado:
Resultado del entrenamiento 16/08/2013 11:32

O día seguinte visto que foi bastante ben decido voltar a rodar sen nengunha pretensión máis que rodar un pouco máis e ver de novo as sensacións.
Desta volta foron dez voltas, resultado:
Resultado del entrenamiento 17/08/2013 11:18

Espero que para a próxima semana teña novas máis felices.

lunes, 12 de agosto de 2013

1ª Semana = FIASCO

Non se pode escomenzar peor uns adestramentos para preparar un maratón.
O primeiro día ben como veredes na anterior entrada, cumplindo os obxetivos.
Pero o segundo día, mentras estaba facendo esto:
Resultado del entrenamiento 06/08/2013 19:36
Pinchazo no abductor e quedeime clavado, tentei estirar un pouco pero era imposible, pensei no peor como nestes casos pero despois de ir o físio, tan so se quedou nunha sobrecarga. Agora estou en tratamento con sesións de físio con masaxes, electro-estimulación e radiofrecuencias.
Ala "baixa médica" ata como mínimo o próximo mercores 14.

Unha pena pero de momento non caerei na desesperanza, aínda que escomencei tarde os adestramentos e agora esta lesión, seguirei adiante.

jueves, 8 de agosto de 2013

Plan de adestramento de 13 semanas

O planning basase nuns adestramentos de 13 semanas porque así se nos plantexou, xa por falta de tempo para comenzar ou tamén por dexadez. 
Comenzamos o luns 5 de Agosto, e digo comenzamos porque estos adestramentos fareinos na medida do posible cos meus compañeiros Fon e Carlos.
Este plan que amoso abaixo ven sendo o do mes completo de Agosto:

Luns 5 Agosto:
-14qms KL/K1...............Empezar en 4'45 e rematar en 4'30 


miércoles, 7 de agosto de 2013

OBXETIVO MARATONA PORTO 2013


Pois si este vai ser a miña primeira maratón, non sen moito pensar e darlle voltas a esta cachola.
Por que din que a primeira premisa para correr unha maratón e ter claro que se vai a correr ou se non xa empezamos mal.
Despois de que o ano pasado se fustrase o meu intento de dar o paso a distancia de Filipedes, xa que non se disputou a Maratón de Ourense por motivos económicos ou eso dixeron, este ano volto a intentalo un pouco máis lonxe pero o mesmo tempo en terra amiga, os nosos compañeiros portugueses.
Tentarei na medida do posible ir poñendo as miñas aventuras e desventuras dos adestramentos.

Deixovos o enlace da prova para que votedes unha ollada a este gran reto persoal.
http://www.maratonadoporto.com/es/