
Info da proba...http://deportes.uvigo.es/preContenido.asp?id=144
Esta carreira na sua segunda edición, foi a miña segunda carreira na corta vida deportiva atletica que atesouro (despois da Vig-Bay que foi a miña primeira carreira) e teñolle un gran cariño porque aparte de ser na casa, sempre tivo un bo ambente e un percorrido entretido coas suas subidas e baixadas que non te deixan indiferente, é un percorrido exixente, non duro.
Despois da carreira farei unha pequena cronica do evento.

Crónica da carreira, non por xa coñecida se faría fácil o percorrido, e asi foi. Despois de chegar un pouco máis xusto na conta a recollida do dorsal, fomos a deixar o chandal ó coche xa correndo, aproveitamos para quentar un pouco e a volta para a saida tamen, uns poucos estiramentos, nada serio, parecia como si fosemos a entrenar. As sensacions pola miña banda non eran boas, de feito saimos moi lanzados e asi o comenzo da ultima volta faltaronme folgos, non tiña fuelle e baixei ritmo que si non rompia. Dende o qm8 fun con o Sr. Rosales (sentinme alguen importante estar o lado correndo con semexante personalidade).
Despois de ir lastrado dende a ultima volta mellorei o tempo con respeto a edición anterior en un minuto, non se consola que non quere. Si se pode no 2011 tentaremos baixar outro minutiño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario