jueves, 1 de septiembre de 2011

Serra do Galiñeiro

A organización da Galicia Máxica Trail Adventure puxose en contacto con todolos participantes da quinta e última proba do Circuito para dar a coñecer os derradeiros detalles de cara a saída que se disputou o 27 de Agosto as 17:00h dende a A.V. Vincios.

Proba que se disputou baixo un día moi soleado aínda que non moi quente pero suficiente para suar do lindo, pensaba que na altura máxima da carreira correría algo de brisa pero nin por asomo.


Carreira de aproximadamente 20qms cuns desniveis de vertigo sobre todo de subida, sobor de todo cando pasamos donde se fai escalada, donde hai unas pedras verticais que buff, nos non escalamos pero case case, pasamos pola base e bordeamos ditos penedos, cunha gran sorpresa da cantidade de xente que había nese percorrido ademáis dos escaladores claro. Foi verdadeiramente espectacular, aínda que as forzas eran as xustas.


Foi a carreira de montaña na que máis sufrin e máis tardei en rematala, xa que invertin pouco máis de 3h10m todo un record para min.


No hay comentarios:

Publicar un comentario