martes, 12 de junio de 2012

VIII NOCTURNA XINZO LIMIA



A VIII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA está organizada pola Concellería de Deportes de Xinzo e celebrarase o sábado día 16 de xuño de 2012.

REGULAMENTO:
1. A saída será:
a. Ás 20:15 H para a carreira Benxamín-Alevín (1.060 m) (2 voltas ó circuito pequeno)
b. Ás 20:40 H para a carreira Infantil-Cadete (1.590 m) (3 voltas ó circuito pequeño)
c. Ás 21:00 H para a carreira Pitufos (150 m) (1 volta á praza San Roque)
d. Ás 21:30 H para a carreira Absoluta (6.250 m) (2 voltas)

2. A saída e meta estará situada na Praza San Roque de Xinzo de Limia.

3. A clasificación será absoluta e por categorías.

4. A organización contará coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e dos organismos municipais competentes que regularán o tráfico ó longo do percorrido.

5. O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.

6. O control de chegada pechará unha hora despois de que entre o primeiro clasificado.

7. A carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuices e Cronometradores da Federación Galega de Atletismo.

8. Non se autorizará a participación de atletas federados extranxeiros, agás os atletas de nacionalidade portuguesa.

9. Será motivo de descalificación , entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.

10. A organización e as persoas que interveñen na mesma non se fan cargo dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas podan ocasionar os participantes.

11. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

12. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuiz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. se son desestimadas por éste, poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros ó xurado de apelación.

13. Os participantes, polo mero feito de tomar parte na proba, acatan o presente regulamento.

INSCRICIÓNS:
Recibiránse inscricións a partir do 4 de xuño.
As incricións para tódalas categorías son gratuitas e poderanse realizar ata o día 14 de xuño polos seguintes medios:
- No Pavillón de Deportes de Xinzo de Limia
- Na web: www.limiactiva.com (enchendo o formulario de inscrición)

A entrega dos dorsais efectuarase ata 30 minutos antes de cada proba.

PECHARASE A INSCRICIÓN O XOVES DÍA 14 DE XUÑO AS 23:59 H.
A ORGANIZACIÓN SERÁ MOI RIGUROSA CO PECHE DO PERIODO DE INSCRICIÓNS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario