Toda a info en: http://www.maraton.ceo.es/contenidos/portada.htm
Divertida proba, esta que se disputa en Ourense capital, sobor de todo porque aglutina tres modalidades distintas a propiamente dita Maratón (42195m), a Maratón por relevos de tres corredores (distancias aprox. de 14qms cada un) e a Andaina tamen por relevos pero de dous participantes e Andaina en solitario.
Todo isto acompañado por gran cantidade de aficionados o longo do percorrido, donde máis, na chegada que hai un gran ambente festivo e gastronomico, porque por faltar non falta nada, ver para creelo.
Boa organización, boa bolsa de corredor, e bonita carreira as marxes do rio Miño.
Esta vai se a miña segunda participación nesta proba na modalidade de Maratón por relevos, repetindo equipo con Camilo e Manuel, coa máxima de pasalo ben (aída que haxa que madrugar unha barbaridade para ser un Domingo) e si pode ser baixar a marca do ano pasado.
Foto tomada nas I Xornadas Mariqueiras 2010 ( Manuel, Camilo e servidor).
Este ano tocame a min abrir o tarro das esencias a eso das 9h., pola fresca como se soe decir, o ano pasado a esa hora había 4ºc, esperemos que faga un pouca máis de calor. Como segundo relevo tocaralle a Manuel e o pracer de saborear as meles do triunfo será Camilo.
Proba recomendable 100% a quen nunca a disputara antes, na modalidade de relevos claro porque o maratón bufff.
No hay comentarios:
Publicar un comentario