lunes, 4 de octubre de 2010

Noe non apareceu

Pois Noe non apareceu e ben que nos viría, para salvarnos dese diluvio incesante que non parou todo o día de onte e sobor de todo no transcurso do Maraton do Miño.

Como di o refrán "Nunca choveo que non escampara", pero non se aplicou no día de onte, a Noe non lle chegaría o seu gran barco para acollernos a todos os corredores que nos demos cita nesta gran carreira, das mellores de Galicia seguro, por organización, ambente e compañerismo.

Este ano igual co anterior fixen a Maratón por relevos, aínda que este ano por mor dunha lesión de Manuel pois tivemos que buscar un relevista a última hora, chamadas e máis chamadas, mensaxes, e-mails por parte de Camilo e miñas, incluso Fon nos votou unha man que foi a que nos valeu porque conseguiu o noso relevista Carlos (gracias pola tua aportación e axuda no equipo).
Tiña previsto facer o primeiro relevo pero o contar con Carlos que ía facer dúas voltas o percorrido, decidimos que él fora o primeiro relevo por conseguinte eu fixen o segundo e Camilo o terceiro o máis longo.
O percorrido foi como unha pista americana, aparte da choiva, pois charcos inmesos que non sabías a profundidade deles, barro, lameira, e incluso atopamonos un Geiser que inundaba todo o camiño, espectacular sen dubida.
O meu tempo discreto, cheguei moi ben o relevo pero sen sensacions de dalo todo. Aparte de que no qm10, notei unha molestias no tendón de Aquiles que non lle din moita importancia o principio pero ían a máis si intentaba acelerar o ritmo polo tanto quedeime bloqueado dende ese intre e tiven que manter o ritmo para non ter esa dor moi molesta.

Como dixen antes moi boa organización, carpas na zona de Relevos e na chegada, bolsa corredor completa (bolsa de patacas incluída) e ademais auga, isotonicas, froita, chourizos criollos e carne a prancha e dolces (bica galega e queixo).

Repetiremos seguro o vindeiro ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario