miércoles, 2 de marzo de 2011

IX Carreira Popular Concello de Padrón


IX Carreira Popular Concello de Padrón

Data:
sábado, 5 de marzo de 2011.
Hora: 17:30 h.
Lugar: Paseo do Espolón, Padrón.
Distancia: 10.480 m.
Organiza: Concellería de Deportes do Concello de Padrón.
Inscrición: Límite na proba absoluta 700 persoas.

Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados por kilómetro. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ao longo do percorrido.

RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro Social (Campo do Souto) en horario de 12 a 13 h (recomendable); tamén poderán recollerse dende as 15 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

TROFEOS, PREMIOS e AGASALLOS
› PROBAS ESCOLARES:
- Trofeos aos 3 primeiros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Agasallos según disponibilidade e ata fin de existencias.

› PROBA ABSOLUTA
- Trofeo aos 3 primeros/as corredores/as de cada categoría por idade e sexo.
- Trofeo especial aos 3 primer@s da clasificación xeral Masculina e Feminina (xuvenil/junior/promesa/senior e veteráns).

Entregarase unha camiseta conmemorativa da proba a cada participante, tanto escolar como absoluto, ata fin de existencias. Pendente de confirmar agasallos puntuais por firmas colaboradores.

PREMIOS EN METÁLICO DA PROBA ABSOLUTA
100 PREMIOS ECONÓMICOS AOS PRIMEIROS CLASIFICADOS MASCULINOS (75) E FEMENINOS (25) + DIPLOMA PERSONALIZADO

OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Haberá Servicio de Duchas nos Polideportivos do Souto (só para homes) e do Grupo Escolar (para homes e mulleres). O horario de apertura de ambos será de 15:30 h–19:30 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario