domingo, 13 de octubre de 2013

Décima semana. Pedra no camiño.

Pasei a décima semana sen pena nin gloria, mellor dito con pena ou desgracia.
Outra lesión que anotar no debe deste maltreito adestramento (vexase entradas anteriores).
Todo aconteceu despois da xornada dominical anterior, na que tiñamos 30qms, a verdade que quedei contento co adestamento pero canso. De ahí que este luns non fixen o planning previsto polo cansancio pero sen maior importancia. O martes tocaba un farlek pero decidín facer o entreno do luns 12qms tranquilos pola city:
Resultado del entrenamiento 08/10/2013 12:37
Sensacións como sempre, pero con dor no abductor que xa veño arrastrando de facía uns días pero aumentando a sua intensidade. Radio Salil e frío e para diante.
O mércores ía facer outros 12qms pois non as tiña todas conmigo, é así foi nada máis escomenzar forte dor do abductor e conseguinte parada, non foi rotura pero era como si a perna me quedase bloqueada, non puiden seguir e volta para a casa cunha sensación de moita pena, unha pedra no camiño.

Conseguin vez para o físio, un amiguete de Camilo amigo meu para o venres. Polo tanto parado ata ese día coa incertidumbre de saber cal era o pronóstico da avería. O parecer foi "tan so" unha sobrecarga do abductor interno da perna dereita e do basto. Fixome unha boa canteira pois tiña todo contracturado, un bo traballo, gran rapaz. Dixome que non correse o venres, e que empezase suave o sábado e o domingo. Decidín non facer nada o sábado para darlle máis tempo de reposo e facer algo hoxe domingo pero non fun capaz pois sigo tendo a zona dolorida e con medo de non poder correr. Chamase medo escénico ou algo así pero non fun capaz. Teño unha sensación rara de non poder e agora que xa me quedaba pouco. Estou un pouco desganado, e baixo de moral, non me vexo con gañas.
Mañan tentareino de novo.

sds

No hay comentarios:

Publicar un comentario