jueves, 26 de agosto de 2010

Cronica Andar e Correr Baiona 2010

Con dous entrenos despois de mes e medio meterse esta carreira nas pernas, non foi boa idea pero o acontecemento o merecia. Aparte de atoparse cos compañeiros de entrenos e foreiros e correcolegas de moitas populares.
Climatoloxicamente día perfecto menos mal que si chega a quentar Lorenzo máis de algún quedaba frito ou mellor tostado.
Tomeime con moita calma o primeiro tramo da carreira ate o quilometro 4 que é donde termina a subida e despois e máis suaviño e liviano.
Tempo discreto pero non se pode pedir peras o olmo si non hai fondo e entrenos, a partir de agora hai que escomenzar a facer o deberes senon moito imos sufrir.
Saudos a Camilo, Fon e Gerardo (encantado de coñecerte).

viernes, 20 de agosto de 2010

XXVI Carreira Pedestre Popular Baiona

22 agosto do 2010::::: 10h
¡Con mais de 60 trofeos,CAMISETAS E UNHA NOITE GRATIS NO PARADOR DE BAIONAPARA OS GAÑADORES ABSOLUTOS!




Categorías Circuito da Palma

Chupetes: Nados 07-06 > 80 m
(P) Pre-Benxamíns: Nados 05-04 > 400 m
(B) Benxamíns: Nados 03-01 > 750 m (1 volta)
(A) Alevins: Nados 00-98 > 1.500 m (2 voltas)

Categorías Carreira (10 Km)

(I) Infantil-Cadete: Nados 97-94
(J) Junior: Nados 93-91
(SA) Senior A: Nados 90-80
(SB) Senior B: Nados 79-70
(VA) Veterano A: Nados 69-60
(VA) Veterano B: Nados 59-50
(VB) Veterano C: Nados 49 e antes

Horario de Saídas
10.00 h. Benxamín masculino
10.10 h. Benxamín feminino
10.20 h. Alevín masculino
10.30 h. Pre-benxamín masculino
10.40 h. Pre-benxamín fem.
10.50 h. Chupetes masculino
11.00 h. Chupetes feminino
11.10 h. Alevín feminino
11.30 h. Adultos

Regulamento Xeral
Inscricións e prazos: dispoñibles na web http://www.andarecorrer.com//
As probas darán comezo o domingo 22 de agosto de 2010 ás 10h. A saída efectuásese para os adultos dende a entrada do Parador Conde de Gondomar e para os nenos e nenas dende o Parque da Palma, sendo a chegada para todas as categorías no Parque de la Palma.
A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
Será motivo de descualificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
A clasificación será absoluta e por categorías, premiarase aos primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos o primeiro home e muller en atravesar a liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregandose o da súa categoría ao clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros baioneses clasificados (home e muller) que non estean comprometidos polo arriba exposto. Para optar ao trofeo de primeiro/a baiones/a é obrigatorio estar empadroado no Concello dende xaneiro do ano en curso.
O control da carreira estará activo ata unha hora despois da chegada do primeiro corredor.
A comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibir os participantes na carreira, aínda que en todo momento velarán polo seu normal desenvolvemento cun dispositivo especial de ambulancias, médicos e Protección Civil.
Dado o carácter popular da proba o comité organizador espera de todos os participantes o máis alto espírito deportivo posible.

Obrigas dos participantes:
Inscribirse correctamente en prazo e forma na web www.andarrecorrer.com, e confirmar desposis que a inscrición está formalizada, tamén na www.andarrecorrer.com. Prazo de inscrición: do 1 de xullo ao 18 de agosto (inclusive) ás 24.00 h. Desposis non se podeán realizar mais inscricións.
Recolle-lo dorsal sabendo todos os datos do corredor, incluido o seu nº de dorsal (pódese ver en www.andarecorrer.com), para facilitar a localización e entrega por parte da organización, no Pavillón Municipal de 09.00 a 14.00 h. e de de 19.00 a 22.30 h., de luns a venres, entre o 1 e o 21 de agosto. Información no teléfono 986 356 558. O día da carreira os dorsais entregaránse na Oficina de Turismo (caseta de madeira) de 8.00 a 11.00 h.
Devolver o chip-dorsal o día da carreira na meta (de 10.00 h. a 14.30 h.), ou no Pavillón Municipal ata o 29 de agosto, de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h. e de 19.00 a 22.30 h. Para ver un vídeo de cómo devolver o chip, visite a web: www.andarecorrer.com.
Entregar á organización DNI ou xustificante do Padrón, para xustificar estar censado en Baiona se a organización así o esixe.
Colocar o dorsal da forma que esixe a organización. Para ver un vídeo de cómo se coloca o dorsal, visite a web: www.andarecorrer.com
Pasar obrigatoriamente polos puntos de control (saída, control de carreira e meta) para garantir a correcta participación.
Os que se inscriban e non poidan participar deberán darse de baixa na carreira a través da propia web www.andarecorrer.com, os que así non o fagan terán unha sanción de 10 anos sen posibilidade de participar.