martes, 29 de junio de 2010

XXVII CARREIRA POPULAR LEIRO


PREMIOS

∙ Trofeo e premio en metálico de 300€, 200€ e 100€ ó 1º, 2º
e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
∙ Trofeo ós 3 primeiros clasificados de cada categoría.
∙ Os trofeos non son acumulativos.
∙ Trofeo ó de maior idade e ó máis novo.
∙ Medalla ós participantes das categorías A, B, C e D que
rematen a carreira.
∙ Os premios en metálico serán para os que realicen o
percorrudo de 9.321 metros.
∙ Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.

INSCRICIÓNS

A inscrición é totalmente GRATUITA para todas as
categorías e poderá facerse ata o día 2 de Xulo, ás 20:00
horas.

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS ABSOLUTAS
A inscrición das categorías E, F, G, H, I e J será por medio
da páxina web www.championchipnorte.com (se non es
usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e
seguir as instruccións para formalizar as inscricións que
desexes).

DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, NIF, data de
nacemento completa, club, localidade e teléfono.
Os corredores que non posúan o chip amarelo terán que
pagar 2€, en concepto de aluger no momento de recoller o
dorsal e o chip.
Para calquera dúbida relativo ó proceso de inscrición
podedes dirixirvos ó teléfono 982 81 68 84.

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS INFANTILES
A inscrición para as categorías A, B, C e D será por medio
do email
clubamigosdodeporte@gmail.com, por fax ó
número 988 488 463 ou o teléfono 988 48 80 00 de 9 a 14
horas.
DATOS OBRIGATORIOS: nome, apelidos, data de
nacemento completa, club e localidade.
AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN
INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NIN
TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS
REQUISITOS OBLIGATORIOS


A XXVII carreira popular de Leiro, organizada polo
Club amigos do deporte de Leiro celebrarase o domingo 4 de
xullo de 2010 estando suxeita ó seguinte:

1º.A saída será:
a) Ás 10:45 h. para a categoría A.
b) Ás 11:00 h. para as categorías B, C e D.
c) Ás 11:30 h. para as categorías, E, F, G, H, I e J.
da Praza do Cruceiro, sendo este tamén o punto de chegada.

2º.As inscricións pecharanse sen excepción ás 20:00 h. do
día 2 de Xullo e non se admitirán o mesmo día da carreira,
agás causa xustificada.

3º.A todos os participantes facilitaráselles o dorsal e chip
correspondiente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito
para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.

4º.Ó longo do percorrido a organización establecerá os
controis que estime oportunos e poderán descalificar ós
participantes que comenta algunha irregularidade.

5º.O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que
chegue o primeiro a meta.

6º.A organización non se fai responsable dos danos físicos ou
morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e
despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un
equipo de primeros auxilios. A organización dispón dun
seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

7º.Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a
súa idade con DNI oi calquera documento que os identifique,
se a organización o considera necesario.

8º.Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta
carreira, a organización agarda de todos os participantes o
mellor espírito deportivo.

9º.O descoñecemento deste regulamente non exime do seu
cumprimento.

CATEGORIAS

A.De 4 a 7 anos F.De 35 a 39 anos
B.De 8 a 10 anos G.De 40 a 44 anos
C.De 11 a 13 anos H.De 45 a 49 anos
D.De 14 a 17 anos I.De 50 a 54 anos
E.De 17 a 34 anos J.De 55 anos en adiante

PERCORRIDO

Categoría A Saída: 10:45 300 metros
Categorías B, C, D Saída: 11:00 2,266metros
Categorías E, F, G,H, I, J Saída: 11:30 9,321metros



Categoría A

Categoría B,C,D

Categoría E,F,G,H,I,J

Cronica Carreira Nocturna CELANOVA

Empezo polo final, acabei reventado da cea que nos papamos señora, menda e Fon.
Non dabamos creto o pedazo de PIZZA que nos puxo a boa da señoriña por riba da mesa nin siquera collían os pratos, o diametro a groso modo podería ser de aproximadamente de 55 cms de diametro, ou sexa facedevos unha idea do tamaño do artefacto. Pero pensaredes que sería finiña e con poucos condimentos, craso erro, era das de base gorda e por riba acugulada de material parecía que votaran a botes os condimentos, das 8 porcions da que se compoñia so fomos capaces de dar recado de 5 o resto para casiña o conxelador.


En canto o aspecto deportivo, sinxelamente catalogar a esta carreira como das mellores senon a mellor Nocturna de Galicia, tanto polo seu percorrido, polo ambente e pola organización que cada ano pon todo o seu empeño e bo facer para lograr unha carreira desta categoria dun pequeno pobo.

Percorrido que iste ano cambiou por mor da seguridade dos corredores porque se suprimiu unha baixada con un xiro moi perigoso o final, incrementouse en aproximadamente 400mts con un perfil non tan agresivo. A organización estimou que serían sobre 7400mts pero segun os GPS rondaban os 7800mts.

En canto a miña participación moi contento por conseguir baixar o tempo do ano pasado aínda que so sexa en ritmo porque por tempo non, debido o incremento da distancia. Sigo en clara progresión, lastima que chegue o verao e se vaia todo o traste, pero voltaremos a conseguir ou mellorar si cabe esta progresión. Teño que agradecer esta melloría a Fon por seguilo aínda que so sexa os primeiros quilometros das carreiras, xa que ten un ritmo máis elevado co meu e valeme como referencia.

jueves, 24 de junio de 2010

VII Carreira Nocturna Popular Pedestre Celanova


Data: sábado, 26 de xuño de 2010

Hora:Proba absoluta ás 22:30 h.

A saída das carreiras escolares darase na Praza Maior ás 21:00 h. Os participantes deberán situarsee na zona de saída 5 minutos antes do comezo da proba, tras a liña de meta.

Lugar: Celanova, Ourense

Distancia: 7400m

Inscrición: ata o 24 de xuño ás 22:00 h

Web: ata o 24 de xuño ás 22:00 en Championchip Norte ou no pavillón de deportes de Celanova.


Entregarase trofeos os primeiros clasificados nenos/as das seguintes categorias:prebenxamíns,benxamíns alevín,cadete,e xuvenil e recibiran medalla todolos pitufiños que consigan cruzar a liña de meta.

Carreira absoluta Clasificación:será absoluta e por categorias.Entregarase trofeo os primeiros clasificados homes e mulleres de cada categoria.Podrán participar todos os atletas que o desexen estén ou non federados,coa excepción dos atletas extranxeiros que foran internacionais co seu país nos últimos cinco anos.


Inscripcións: www.championchipnorte.com e no pavillón de deportes de Celanova, teléfono 988 431 484Data límite de inscripción 24 de xuño ás 22:00 horas.


Retirada de dorsais o longo do sabado 26 de xuño na oficina de turismo e en liña de saida dende as 18:00 horas.Servicio de duchas:no pavillón de deportes.


Percorridos e categorias:

pitufos:(2005,2006,2007)...100 metros
pre-benxamín:(2003,2004)..500 metros
benxamín:(2001.2002) ........500 metros
alevín:(1999,2000)..............1600 metros
infantil:(1997,1998.............1600 metros
cadete.(1995,1996).............1600 metros

Percorrido 7000 metros.
juvenil:(1993,1994)xunior:1991,1992)senior:(1990,1976)veteranos a:(1975,1971)veteranos b:(1970;1966)veteranos c:(1965,1960)veteranos d:(1960;1951)veteranos e:(1950/o mas)


Trofeos ós tres primeiros da clasificación absoluta e o primeiros de cada categoria.Trofeo o primeiro corredor da mancomunidade de celanova en cada categoria masculino e femininino.Trofeo especial corredor con mais idade.Inscripción gratuita,calquer dubida chamar o teléfono 988 431 484.

Cronica Nocturna San Xóan

Gran ambente iste ano na San Xóan, incritos 560 chegados 529 penso que foi record de incripción. Posto 186 para min. Tempo agradable arredor 20º.

Chego con antelación suficiente para a retirada de dorsal e charlar cos correcolegas habituais das carreiras, quentamos un pouco cos compañeiros de equipo, estos van a bo ritmo para algo son "galgos" no argot do atletismo.

Logro atopar de novo a Fon que esta con Koala36 e unome a eles para seguir dando voltas, parecemos todos unha serpente multicolor na praza do Concello.

Estiramos un poco, e por fin atopo a Triatlon Nazareno (José) máis ben atopame él a min, xa que quedaramos por email porque nos seguimos polo blog, charlamos un pouco xa que a saída estaba a punto, e que casualidades da vida que coñezco a sua familia política, o mundo é un pano.

Carreira moi rápida porque o perfil é propicio, hai duas baixadas moi pronunciadas e tan so un repeito continuo de poucos metros e o resto plano, plano.
Polo tanto salin na llama con Fon para ter unha referencia, aínda que él vai máis fino ca min, pois aguantar o maximo posible que nesta vez foi ata a Praza de America, a vos ritmos nos primeiros catro quilometros por debaixo de 4m/qm, xa o chegar a Tomás Alonso o ritmo era máis cansino e os tempos peores. Para min o peor tramo de todo o percorrido ben sendo toda a recta de Orillamar porque parece que non da terminado é infinita. Gardando un pouco de forzas para esprintar na recta final.

Contento por voltar a facer record persoal en carreira, distancia 7900m, tempo 32'06", ritmo 4'03", se sigo asi chegarei a facer 40' nun 10qm?.

domingo, 20 de junio de 2010

Cronica Nocturna Xinzo de Limia + MMP en carreira

Afrontando xa a recta final do Circuito de Correr en Galicia, celebrouse a VI Nocturna de Xinzo de Limia a miña primeira participación e espero ser un dos fixos das proximas ediccións, con moi boa temperatura, e para ser unha carreira moi familiar cada ano ten máis participación según decían por megafonía sobre uns 315 participantes.
Carreira moi rápida polo seu perfil plano plano, dando duas voltas por un circuito totalmente urban.
Saída rapidísima por debaixo de 4m/qm nos dous primeiros quilometros con boas sensacions (como as series de Castrelos), no terceiro xa disminuin un pouco o ritmo, paso por meta e afronto a segunda volta con gañas de facer un bo tempo, levo un ritmo continuo sen forzar para non ter que chegar a meta coa lingua fora ou o peor non chegar.
Como soe ser habitual en min nos ultimos metros ata chegar a meta esprinto, pero esta carreira ten a particularidade que a liña de meta ten so dez metros en liña recta xa que anteriormente hai un angulo de 90º que te penaliza, cousas das carreiras urbans.

Contento coa miña participación e polo tempo realizado xa que fixen a miña mellor marca persoal en carreira, neste caso 6440m en 25m48s a ritmo medio de 4m/qm.

jueves, 17 de junio de 2010

Las tres nocturnas

Este mes de Xuño, co bo tempo (a medias), proliferan as carreiras nocturnas, e estas son as que teño pensado ir apriori:

- VI Nocturna Xinzo Limia...........19
- XXVII Nocturna San Xoan...........23
- VII Nocturna Celanova..............26

Pois a de Xinzo de Limia será a miña primeira participación pero como todas as que se celebran na provincia de Ourense estará o nivel como sempre.

Na Nocturna de San Xoan de Vigo pois sendo da cidade non se pode perder a oportunidade de asistir e con iso fomentar e axudar a levantar este deporte en Vigo.

En Celanova vai ser a miña segunda edicción desta espectacular carreira, que das tres ven sendo a que realmente se corre de noite noite pois sae as 22:30h.

miércoles, 16 de junio de 2010

Cronica II Carreira Popular Cambados

O día prometía, Domingo, tempo estupendo para correr e circuito para facer unha boa marca ou iso din os expertos.

Saímos cara Cambados toda a family, con tempo para non agobiarnos nos prolegomenos da proba, recollida dorsal, quecemento e demais rituais, cando de supeto nos adianta Fon e vexo que vai so, cousa que me da que pensar xa que ia levar a Camilo e Agueda pero seguro que se deron de baixa, que así foi despois de comentarme Fon que tiveron diversos problemiñas e non poideron vir.Dame sinais de parar na area de servicio, e para non levar dous coches, pois decidimos ir so no meu coa compaña de Fon.

Na chegada a Cambados algun problemiña para aparcar pero gracias a un membro de Protección Civil colamonos por uns calexons que nos deixaron xusto onde queriamos no Pabillón de Deportes para despois ducharnos.

Recollemos dorsal e camiseta, e quedamos con Horacio e Xandra(fotografa oficial do foro), pouco tempo xa nos queda para quentar e uns poucos estiramentos.

Gran ambente na saída na Praza de Fefiñans, máis de cincocentos atletas (saudos para os coñecidos de sempre) nos demos cabida para afrontar esos 10qms con perfil case case plano.

Sáimos xuntos Horacio, Fon e máis eu pero Horacio di que vai a por 4m/qm enton xa nos deixa e continuo con Fon a primeira volta, so a primeira porque non me atopo fino e Fon anda mellor. Tento marcar un ritmo pero nesta segunda volta e máis lento, notome cansado defeito marco dous minutos máis lento que na primeira volta e por un minuto aprox. non me dobran os galgos da carreira, que nunha proba de 10qms con tres voltas nunca me adiantaron, estiveron a punto, como corren estos fenomenos. Na terceira volta atopome algo mellor e acercome o tempo da primeira pasada, incluido o sprint o final na meta como xa facía tempo que non disputaba porque chegaba coas forzas xustas.

Contento co tempo a medias e penso que podía dar un pouco máis pero agora dende o ordenador é máis fácil decilo, no asfalto pensase distinto.

A potencia sin Control.....


Gran comida con grandes amigos na taperia de Jose (fenomeno anfitrion).

Agradecer a Oliveira por dar todo pola organización dunha gran carreira, vemonos para o ano.


Saudos para Fon, Xandra, Horacio, Chechu e familia

Resultados: CAMBADOS
Fotos: CAMBADOS

martes, 15 de junio de 2010


Mapa do percorrido: maps.google.es/maps/ms...a1ea063e5a

El miércoles 23 se celebrará la 27ª edición de la tradicional Carreira de San Xoan, carrera popular de carácter fundamentalmente festivo, que cada año recorre un circuito muy rápido, donde predominan las bajadas, pues sale del ayuntamiento y llega al Berbés después de unos 8,2 km (Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar).

Con salida a las 21:15, los participantes irán finalizando al anochecer a los soportales del antiguo puerto pesquero del Berbés donde la Cofradía de Pescadores San Francisco ofrece una sardinada antes del comienzo de las hogueras que reciben al día 24, día de San Juan.

Inscripciones (3 €) por internet en championchipnorte.com o en persona en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41) hasta el 21 de junio.


Delegación en Vigo
da Federación Galega de Atletismo


Casa do Deporte - oficina 21 Rúa Fotógrafo Luis ─ Ksado 17 ─·36209 Vigo
986 221 500 · Fax 986 441 216 · secretaria@vigoatletismo.es · vigoatletismo.es

jueves, 10 de junio de 2010

VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA XINZO DE LIMIA



VI CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

Esta proba celebrarase o sábado 19 de xuño de 2010, a partir das 20:30 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.





Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.

Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.

O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.

A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.

A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.

Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.

Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.



INSCRICIÓNS

A inscrición é gratuíta para tódalas categorías, e poderase facer ata o día 17 de xuño ás 20:00 H.
Non se admitirán inscricións para a carreira absoluta o día da proba.

Os datos necesarios para a inscrición son:
Nome e Apelidos, data de nacemento completa, sexo, Clube , Procedencia e Teléfono.
Tamén deberán sinalar se corre como independente ou federado, e neste caso facilitarase o número de licencia.

Formas de realiza-la inscrición:

Na web: www.limiactiva.com
Por e-mail:limiactiva@gmail.com
Por fax: 988550112

Non se admitirán inscricións que entren fóra do prazo sinalado, nin as que non cumpran os requisitos obrigatorios.


martes, 8 de junio de 2010

A miña primeira Carreira de Montaña

Despois de desaiunar un iogur e dúas tostadas a pau seco, a verdade que foi lixeiro o tema, toca ritual cremitas para os pes, e como non sei si vai sair "Lorenzo" ou non tamen me voto crema solar para poñerme moreno jeje.
Recolleme Fonvigo, e partimos ruta ata Esgos con Camilo e Roger, chegamos arredor das 9:30 con moito tempo de recoller o dorsal, acicalarnos, entregar as bolsas de "lixo" (bolsas na que metemos a roupa para abrigarnos arriba na meta), como lle comentei a un da organización que se vouto unhas risas, pero a idea foi xenial xa que alí arriba facía frío e sempre ben de maravilla unha chaqueta para abrigarse.



Saudamos os coñecidos de moitas carreiras, parece que corremos os mesmos e os de sempre, uns nunhas carreiras e outros noutras.
Facemos un breve quecemento e estiramentos, a min donme os xeonllos e decido votarme unha crema que fai o efecto de quentar os musculos, parece que funciona.

Aínda nos xuntamos unha boa banda de corredores para afrotar unha dura carreira, así no la pintaban antes de disputala, e que razón tiñan. Dura si que era, motivo polo que o plantexamento foi conservador, sin intención de sufrir, pero cando o perfil pincha hacia arriba toca apretar os machos.
Impresionantes vistas e recorrido, e duras costas que nos primeiros tramos teñen desniveis de ata un 15% vexase perfil,

baixadas pouquiñas so antes do Mosteiro de Rocas e tamen despois, moi rapidas por certo, realmente é cando disfrutas polo menos eu, estando en fresco claro. Avituallamentos moi ben repartidos e tamen a metade da proba un sólido que ben nos fixo falla porque quedaba o máis duro un cortalumes que aínda non sei como o subin nin tan xiquera andado, pendente aproximada dun 20%.



Despois de coroar o cortalumes xa quedaba pouco, un último esforzo nos deparaba ó chegar a meta un pico de 200mts. O final platanos, naranxas, isotonicas, barritas e auga.
Dende a meta so había duas formas de baixar o pobo ou corredo de novo eso si costa abaixo ou en microbuses, pero tanto a min como a Fonvigo e Ferraduro e un poucos máis privilexiados baixamos en todoterreo de protección civil, un luxo.

Gran experiencia, e con gañas de voltar a proxima edición, todo o mundo di que si che gusta quedas enganchado a montaña e parece ser certo.

P.d. As zapatillas que estrenei as Salomon Xt Wings foron de vicio, realmente espectaculares, agarrabanse a todolos lados, con moi boa estabilidade, van ser moi boas compañeiras de camiño.

Clasificación Carreira Rocas-O Eirado


Fotos Carreira Rocas-O Eirado

lunes, 7 de junio de 2010

2ª Carreira Popular Cambados



Segunda edición e segunda participación a que espero poder asistir.

Proba moi rápida de 10qms que se celebra no casco urban de Cambados, a que se lle da 3 voltas a un circuito totalmente chan con un pequeniño repeito que a terceira vez que se pasa por alí xa se nota o desnivel.

Saída e chegada dende o marco incomparable da Praza de Fefiñans, avenida da A Coruña, Pombal, Ribeira de Fefiñáns, Paseo da Calzada, Paseo Marítimo, Alameda de Santo Tomé, Avenida de Galicia, Praza do Concello, Avenida de Vilariño, Avenida de Madrid, Rua Real. Pinchade no seguinte enlace e vedes o percorrido:

View Interactive Map on MapMyRun.com

miércoles, 2 de junio de 2010

XT WINGS

Xa fai como un mes que as teño, son moi comodas e flexibles. Pero vai ser o seu debut en Esgos para min tamen, a ver como se portan, seguro que ben, mellor co domo que non vai ser quen de levantalas todo a carreira pero aínda que sexa arrastroas, esperemos chegar. Contareivos experiencia despois da proba tanto das zapas, o seu comportamento, como a crónica persoal.