lunes, 31 de enero de 2011

MMP en Media Maratón

Pois tivo que ser no extranxeiro, non tan lonxe como pensades, so foi cruzar a "raia", en Viana do Castelo (Portugal) país irman, donde mellorei a miña mellor marca en Media Maratón.

Foi na XIII Meia Maratona Manuela Machado en Viana do Castelo.

Pois o xoves non as tiña todas conmigo incluso o participar na carreira, xa que tiven uns problemas case o final dos adestramentos e non os puiden rematar, uns pinchazos nas almohadillas do pe dereito e un sobrequecemento na mesma zona, menos mal que o venres tiña xa vez co fisio e fixome unha masaxe, menos mal que en principio e polo de agora non era "fascitis plantar".
De todos xeitos o Domingo non me pasaran de todos as dores, e ia moi presionado polo feito de non poder sair e no peor dos casos non rematala.

Mañan fría en Viana arredor de 4ºC e non tiñamos claro se manga corta ou longa pero despois do quecemento no parking quedou claro que manga corta porque suaba por todolos lados, saimos do parking a toda leche de cara a liña de saída que xa estaba colapsada, intentamos achegarnos o máis preto da saída e non o final como estabamos.

Saída tranquila, por unha zona non moi bonita por certo, por autovia, percorrido de ida e volta. Eso sí había xente por todo o percorrido non moi animosos pero si que axudaba a que a prova non fose deslucida. A Organización por certo estivo brilante, recollida dorsais, boy scouts en todo o percorrido, bolsa corredor, todo ben.
Sensacions en toda a carreira boas, notabame ben sen agobios sen forzar, bo ritmo de pernas e respiración. Eso si os dous ultimos quilometros foron eternos, cun pequeno repunte a partires do qm19 e unha longa recta antes de afrontar a liña de meta que se facía eterna e infinita.

Contento pero o mesmo tempo contrariado, porque me notei ben e sen forzar o máximo que cansado cheguei de verdade, poderei baixar este tempo? Próximo capítulo Vig-Bay 2011.

Gracias pola foto Safardaxto

Ah, esqueciame o máis importante o tempo, polo meu trebello 1h34m32s, e o tempo oficial foi de 1h3507s.


RESULTADOS
FOTOS

miércoles, 26 de enero de 2011

Crónica Cross de Boborás



Todo prometía unha mañan fria fria, e en certo modo non nos defraudou, polo camiño a Boborás na terra do Ribeiro o mercurio marcaba -4ºC case nada pero xa acercandonos o Concello de Boborás o ambente xa non era tan xeado e xa tiñamos 4ºC positivos.


Sen problemas para aparcar, pero si para recoller o dorsal xa había unha boa cola e iso que nos chegamos cedo, iso facto puxemono o sol porque a sombra pelaba de verdade, se non mirade que caretos, parecemos os catro magnificos jeje (Horacio, Carlos, Juan, Alfonso).


Tentamos quecer un pouco antes da saída, trotanto a ritmo suave para non mancarnos, a espera da saída da prova, primeiro corren os rapaces en distintas categorias e logo tamén participan os Canicrosseiros que ten o seu merito a vez que é espectacular.


Saída prevista para as 11.15h pero cos retrasos da entrega de dorsais ( tema que teñen que mellorar para o ano que ven, unica pega que se lle pode agravar a organización que o resto de un dez para arriba). Indicannos por megafonía que o percorrido variase do seu traxecto orixinal debido a que recortaron parte de asfalto para que fose case toda a prova por monte. O final a carreira quedou polo Gps en 7.630mts, percorrido orixinal eran 8.800mts.

Comentabase na saída que había unha boa petada polo qm3 pero cos recortes imaxineime que ía ser antes, como así foi, colleunos a todos un pouco fríos, e máis a min que tiña as pernas moi cargadas e pouco finas para a carreira.

Terreo moi bo e moi rapido para quen estivera en forma, defeito o primeiro penso que baixou de 4m/qm.

Tan so faltaban 300mts para a meta, aínda tiña folgos para adiantar, graciñas Xandra pola foto.


miércoles, 19 de enero de 2011

XIII Meia Maratona Manuela Machado



Data: domingo, 30 de xaneiro de 2011.
Hora: 10:30 h.
Lugar: Alameda 5 de outubro, Viana do Castelo (Portugal).
Distancia: 21.095 m, distancia oficial – FPA/CNEC.
Mini Maratona Caminhada Todos a andar - 4 qm aproximadamente.
Organiza: Cyclones Sanitop.
Web: Meia Maratona Manuela Machado (máis información e inscricións)
Email: cyclones@mmviana.com

A prova será aberta tanto a corredores federados como non federados.
A inscrición farase atraves da web cun prezo de 7€ ate o 27 de Xaneiro a partires de ahi son 10€.
A recollida de dorsais será o día anterior 29 entre as 18h e 23h ou no mesmo día 30 de 8h a 10h, sempre na Escola da Avenida xunto a Meta.
Haberá premios para os cinco primeiros Galegos.

lunes, 10 de enero de 2011

GALICIA MÁXICA TRAIL ADVENTURE

O Galicia Máxica Trail Adventure é un circuito de provas de trail de cortas e media distancia, que se desenrola en Galicia polas catro provincias.

Esta aventura esta organizada por LUSO-GALAICO TRAIL EVENTS e polo clube C.A.R. MARISQUEIRO.

Circuito comprendido por cinco provas con distancias que van dende 10qms ata 30qms:

13 Febreiro - Trail do rio da Fraga (Moaña)
13 Marzo - Trail de Pazos de Arenteiro o Carballiño (Carballiño)
17 Abril - Trail de Folgoso do Caurel (Folgoso do Caurel)
09 Xullo - Subida o Monte Pindo (Carnota)
27 Agosto - Trail da Serra do Galiñeiro (Gondomar-Tui)



martes, 4 de enero de 2011

XI Cross Popular do Concello de Boborás





Data de celebración: Domingo 23 de xaneiro de 2.011


Hora: Prova Absoluta: 11:15h

Distancia: 8800 mts.


Saída: A saída darase diante do CEIP Nosa Señora de Xuvencos

Inscrición: A inscrición poderase realizar a partir do 10 de Xaneiro, na páxina web
http://www.championchipnorte.com/. ata o 20 de xaneiro ás 15.00 horas.


O coste da inscrición é para categorías 4, 5 e Canicross de 3€ máis 1€ de aluguer de chip.


Organiza: Concello de Boborás


REGULAMENTO DA PROVA