viernes, 28 de octubre de 2011

35 Carreira Pedestre Popular SAN MARTIÑO

Regulamento xeral


1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
2.- O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA. Proba oficial da FGA.

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis e dos avituallamentos quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

4.- O prazo de inscrición é desde o 13 ata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse a través das páxinas web [www.ourense.es] e [www.championchipnorte.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e despois de pechar o prazo de inscrición o sábado previo á carreira na entrega e comprobación de chip, entre as 10 e as 20h.

5.- A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade) e dorsais é o sábado día 5 desde as 10 ata as 20 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Con carácter extraordinario poderanse recoller o domingo día 6 de 8 a 10 horas. . Os propietarios de chip amarillo poderán recoller o dorsal en puntos próximos ó seu domicilio.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Segundo as normas de Competición da FGA autorízase a participación de atletasfederados “estranxeiros” con licenza pola Federación Galega de Atletismo. Se non teñen licenza pola FGA só se autorizará a súa participación se se trata de:- atletas portugueses, sempre e cando non foran internacionais polo seu país nos últimos 5 anos e nunha proba similar á que vai a participar.- atletas residentes en Galicia, que deberán xustificar con permiso de residencia ou traballo.En ambos casos o atleta debe ter permiso da Federación Nacional do seu país de acordo coa normativa IAFF e mostralo se fose requirido. O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumplir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

8.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

9.- Premios: Trofeos para o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría; camisetaspara todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip, ata esgotar existencias.
Para optar ao premio de ourensáns, o atleta será nado ou empadroado na provincia de Ourense. Para optar ao premio de galegos, o atleta será nado ou empadroado en Galicia.Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010). Os premios non son acumulables excepto o premio especial polo récord.

10.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar.

11.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

12.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.Reservarase unha zona na saída para as mulleres. Reservaranse 200 postos para os/as atletas que acrediten as mellores marcas oficiais na distancia enviando un correo electrónico a deportes@ourense.es ata o día 6 de novembro cos seguintes datos: nome e apelidos, NIF, marca e evento en que foi realizada.

13.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

14.- O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

15.- Esta proba pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

16.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

17.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

18.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

19.- O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

20.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Mellor Marca Persoal en Media Maratón

Pouquiño a pouquiño, pero arañando segundos, que non é pouco.
Non se sabe onde esta o limite de cada un, pero si aproximalo. Neste caso, e falando de min, cos días que adestro, arañar segundos o crono xa é dabondo.
Pois deixei a miña mellor marca en Media Maratón en 1h35m03sg neto na Media Maratón de Pontevedra 2011.
Proba que se disputou sobre un perfil practicamente chan, cuns leves desniveis.
Proba homologada, polo tanto, marca rexistrada oficial.

Agora a seguir adestrando e intentala na próxima, a por mellor tempo...

jueves, 20 de octubre de 2011

XVI Media Maratón Serviocio Pontevedra 2011

Ya está aquí la décimo sexta edición de la Media Maratón Ciudad de Pontevedra, que organiza la Sociedad Gimnástica de Pontevedra, conjuntamente con el Ayuntamiento de Pontevedra.

Será el próximo domingo 23 de octubre a las diez y media de la mañana cuando se de el pistoletazo de salida a una carrera que espera batir su record de participantes.

INSCRIPCIÓN
En la página web www.championchipnorte.com, tenéis toda la información para inscribiros. La inscripción se abre el 19 de septiembre y termina el 18 de octubre a las 23:00 horas.
El importe de la inscripción es de 12 euros y para aquellos que tengan chip propio, será de 10 euros.
Solamente podrán participar los mayores de edad (nacidos en el año 1993 o anteriores) y estará abierta a atletas federados y corredores no federados.
Si eres federado, rogamos lo indiques al hacer la inscripción.

RECORRIDO
El mismo que el año pasado, consistente en un circuito por la Ciudad de Pontevedra, al que se le dará dos vueltas, para completar los 21.097 metros de la carrera. La salida se efectuará en las inmediaciones del CGTD, en la calle José Malvar y Figueroa y la meta en la pista de atletismo del CGTD. El circuito estará completamente cortado al tráfico rodado.

COSAS A TENER EN CUENTA
Recordar que el chip que se os entregue tenéis que devolverlo en meta. Si no completaís la carrera os rogamos que lo entreguéis en la zona de meta.
Habrá avituallamiento líquido cada cinco kilómetros. Y en meta se os entregará la camiseta conmemorativa, una bolsa de productos alimenticios, servicio de fisioterapia y guardería.

ENTREGA DE DORSALES
El sábado 22 de octubre, en el propio CGTD se entregarán durante prácticamente todo el día los dorsales y también en la mañana del día de la prueba.

PREMIOS
Este año varían los premios en metálico, se seguirán dando a los ocho primeros, en hombres y mujeres, pero se establece una nueva categoría de corredores locales, de los cuales los tres primeros obtarán también a un premio en metálico. También habrá trofeo a los tres primeros y primeras de la carrera y trofeo al ganador de cada categoría.


Percorrido, coa sua rúas e mapa con qms:

http://www.sgpontevedra.com/wp-content/uploads/2010/09/Recorrido.pdf

Detalle do percorrido polo Director Técnico da Sociedade Ximnástica:

http://www.sgpontevedra.com/estudio-del-recorrido-de-la-media-serviocio-pontevedra-2011-por-parte-del-director-tecnico-de-la-sociedad-gimnastica-pablo-diaz/

jueves, 13 de octubre de 2011

V Carreira Popular VIGO +11


Data: 16 de outubro de 2011
Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal – Hotel Ciudad de Vigo
Avituallamiento para tódolos participantes na Plaza da Industria esquina rúa
Tomás A. Alonso, e en rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.
Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non
federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo,
Departamento de Deportes – Planta 6ª, de 11:00 a 21:00 h., ou a través da web
www.championchipnorte.com (esta opción só para a carreira absoluta ‒xuvenil e
maiores).
Cuota: 5 €, excepto as categorías: Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Poderá abonarse ao facer a inscrición en El Corte Inglés.
Prazo de inscrición: Via web ata o día 12 de outubro as 24:00. Ou en El Corte
Inglés ata o 11 de outubro as 21:00 h. Non admitíndose ningunha inscrición fóra
de prazo.
Entrega de dorsales e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 15 de
outubro, desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 21:00 horas, na Planta
6ª e o día da Carreira na liña de meta das 8:30 ata as 10:00 horas.
Recorrido:

Circuito Vigo + 11
Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de
Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Alameda, García Olloqui,
Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña,
Cantro Comercial Traviesas, parte derecha Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias,
Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Concepción Arenal, Meta.

jueves, 6 de octubre de 2011

XXVII Carreira da Amizade Bembrive


Categorías :
Año Nacimiento : 2006-2008 - Categoria : Pitufos - 200 m
Año Nacimiento : 2003-2005 - Categoria : A,B - 800 m
Año Nacimiento : 2000-2002 - Categoria : C,D - 3 km
Año Nacimiento : 1996-1999 - Categoria : E,F - 3 km
Año Nacimiento : 1990-1995 - Categoria : G,H - 10 km
Año Nacimiento : 1984-1989 - Categoria : I,J - 10 km
Año Nacimiento : 1971-1983 - Categoria : K,L - 10 km
Año Nacimiento : 1956-1970 - Categoria : M,N - 10 km
Año Nacimiento : antes 1956 - Categoria : M,N - 10 km


Salida y Llegada : Centro cultural helios. Alameda do torreiro s/n cp.36313 Vigo


Salidas de las diferentes categorías: Entre 10.30 y 11 horas

miércoles, 5 de octubre de 2011

3ª Carreira do Arenteiro



3ª CARREIRA DO ARENTEIRO, CARBALLIÑO

08 Octubre 2011, 18:00h


A concellaría de Sanidade do concello do Carballiño organiza unha nova edición da carreira do Arenteiro, coa que se pretende animar á práctica de deportes como actividade saudable, ao mesmo tempo que se ofrece unha visión de toda a vila carballiñesa. A actividade conta coa colaboración da concellaría de Deportes, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.


A carreira terá lugar o vindeiro sábado 8 de outubro, cun percorrido de 200 metros para os Pitufos, 500 metros para os prebenjamines e benjamines, 2 quilómetros para Especial Olympics, 1,5 quilómetros para os alevíns, infantís e cadetes, e 7,7 quilómetros para o resto de categorías, Junior, senior A e B, e veteranos divididos en tres grupos segundo a idade.


A inscrición para os pequenos poderase realizar no concello do Carballiño, ou no teléfono 988530007, o resto de categorías, desde junior ata veteranos, deberán inscribirse na páxina web http://sli.uvigo.es/tradutor/navegador.php?marcar=&direccion=es-gl&inurl=http://www.arenteiro.cronotec.es . O prezo das inscricións será de 2 euros para os infantís, cadetes e alevíns, e 5 euros para o resto, excepto os pitufos, prebenjamines, benjamines e especial olympics, que será gratis.