lunes, 25 de abril de 2011

V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO





V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO


INTEGRADA NO IV CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRA POPULARES


Día: 30 de Abril de 2011

Hora: 17.30 h.

Saída e chegada: Teira-Corrubedo



Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna

Páxina web oficial: http://www.cofradíadadorna.com/


Teléfono: 619300125


A V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 30 de Abril de 2011 ás 17.30 horas do serán. A proba estará suxeita ó seguinte:


REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 8.000 mts. aprox. debidamente sinalizado.- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. - Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Avituallamento intermedio no kilómetro 4,5 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. Todo aquel atleta que no kilómetro 5 faga un tempo superior os 36 minutos queda descalificado e fora da proba.

8. As incripcións faranse únicamente dende o formulario habilitado para tal fin na web da Cofradía da Dorna (a partires do 12 de Abril habilitarase dito formulario). - A inscripción é gratuita e o prazo para a mesma vai dende o 12 de Abril ata o 28 de Abril as 14.00 h. -


A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS. - NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL


RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 e 17:15 ata 15 minutos antes do inicio.


9. Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscriptos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:- Recibirán trofeo os vintecinco primeiros homes.- As dúas primeiras mulleres. - As cinco primeiras parellas.- A carreira esta integrada no IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.

12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas [ver localización].

13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

lunes, 18 de abril de 2011

Quinta Vig-Bai no peto con MMP

Non quixera empezar o relato desta prova sin antes dar as gracias como sempre os meus compañeiros de adestramento, meu irman Xurxo e tamén a Camilo e Horacio.

Todos en maior ou menos medida acompañaronme durante todolos os adestramentos, aguantando choiva, frío, e tamén penso eu, días nos que poucas gañas había de correr e ahí estaban eles para levalo mellor e non deixarse ir, e decir outro día irei correr.


Conseguín a miña mellor marca na Vig-Bai, soa bonito pero as pretensions eran maiores, xa que viña de correr a anterior MM en Viana do Castelo en Portugal facendo un tempo de 1h35m07s.

Entón o meu obxetivo era baixar ese tempo e a bo fe que penso que podía, xa que todo o mundo me decía que era máis difícil Viana que a Vig-Bai, pero en eso quedou nun obxetivo, xa que o meu tempo foi de 1h38m53s, contento pero a medias, tamén foi a mellor marca de meu irman, parabens neno.


Resulta que nin Camilo nin Horacio por distintos avatares non poideron participar na prova, unha magoa porque penso que podían facer uns bos tempos.

Como dixen antes quería mellorar o meu tempo en MM coa idea de pasar polos 10qms en menos de 45m pero o paso pola distancia xa me indicaba que non o conseguiría, entón o obxetivo era tentar mellorar marca na prova.


Fun xunto co meu irman toda a carreira, tirando un do outro, conseguindo así levar un bo ritmo pero parece que non tiñamos os Deuses de cara.


Parece que teño a prova atragantada ou caiume un feitizo para a Vig-Bai xa que non me atopo comodo. Tan so disfrutei na miña primeira vez que a corrín foi unha sensación de terminar impresionante.

Como hai máis días que longanizas, estaremos na proxima edición do 2012.






martes, 5 de abril de 2011

VIG-BAI 2011




Media Maratón Vigo-Baiona (Vig-Bay), proba a que lle teño un gran amor-ansiedade, explicome.

Foi a miña primeira carreira a nivel popular, nada máis e nada menos, eu xa tiña que meterme no mundillo "a lo grande", como a mesma prova.

Dende o ano 2007 que foi a miña primeira participación ata esta que vou disputar que ben sendo a quinta vez, foron todas distintas e moi variadas carreiras.

A primeira, como se soe decir foi a mellor, xa que non hai esa presión a un mesmo de mellorar a do ano anterior, disfrutei como ningunha o carón do meu irmán.

A segunda, xa había presión de querer facelo mellor que a edicción anterior e si o fixen pero so uns segundos, xa que dende o qm8 xa non ía ben, menos mal que rematei, moito sufrimento.

A terceira, ata agora a mellor en canto o tempo, 1h39m38s tempo real, non en MM que teño algo mellor tempo, sería o vento a favor.

A cuarta, a que mellor levaba preparada físicamente e mentalmente pero o tempo fixo estragos, e xa ben fixen chegar a meta en condicións, que calor, buff.

A quinta, esperamos que sexa a mellor, e senon para o ano que ben hai outra.

Percorrido

La salida se sitúa en la Avenida de Samil, al lado de la playa del mismo nombre: aquí cubriremos los primeros 4 kilómetros de la carrera, incluida una vuelta a dicha Avenida, como preparación para afrontar el primer repecho (de unos 400 metros).

Tras pasar el kilómetro 5, que se encuentra en la Playa de la Sirenita, bajamos hacia la playa del Bao y nos dirigimos hacia la localidad de Canido (7º kilómetro); en este punto se encuentra al segundo repecho al que debemos hacer frente (unos 600 metros), y que una vez cubierto se transforma un una ligera pendiente que nos encamina hasta el kilómetro ocho y medio, en el cruce de Mide.

A partir de este punto, el circuito se torna más llevadero para el corredor, ya que desde el kilómetro 9 (situado en Saiáns) hasta el kilómetro 15 (en Playa América) es todo bajada y los restantes totalmente llanos.

Una vez cubierta Playa América nos dirigimos hacia la Ramallosa, habiendo alcanzado el punto kilométrico 17,5 y afrontamos los últimos tres kilómetros que nos separan de la meta situada en la calle Elduayen del Concello de Baiona.


Cronica Pozo do Demo, Verín

Pozo do Demo, penso que non foi o nome axeitado ou si.

Pozo foi donde nos metemos todos os que pensamos que ía ser unha carreira "normal" de monte.

Penso que o nome axeitado tería que ser Rampa do Demo, xa que meduna pendente tiñan esos 300mts, que se comenta que tiñan unha porcentaxe do 34% como para non mirar para atras polo vertigo.

Quitando estas anecdotas, carreira moi recomendada para nos os que estamos a empezar nas carreiras de Monte ou Montaña, xa que so picaba hacia arriba 2,5qms dos 11qms totais. O resto era baixada e o trama final chan de todo, chegando a meta en asfalto.

Cruzamos dous regatos por pontes arranxadas para o acontecemento, aínda que houbo corredores que tomaron pola liña recta, eu neste caso non me aventurei xa que estaban o principio da prova e non tiña moitas gañas de levar os pes mollados ata o final.

Gran participación, moitos coñecidos do foro de CeG, e fabulosa saída dende o Manantial de Aguas de Cabreiroa, saín co meu compañeiro de equipo Billa, que se defendeu moi ben para ser a primeira prova de monte que facía, o que ten condicións tenas para todo.

Si bebera da auga do manantial igual o conto cambiaría jeje.


Aínda que me vexades con cara de contento o tema ía por dentro, tan so foi para a foto, hai que sair juapiño non, gracias Xandra.