sábado, 31 de diciembre de 2011

7ª San Silvestre Viguesa 2011


Carreira Solidaria que se celebra todolos fin de ano no Parque de Castrelos, carreira moi familiar no que participan bebes nos seus carriños, nenos ata avos. Proba non competitiva e solidaria no que a unica premisa para a sua inscrición e levar alimentos non perecedeiros para os comedores locais.
Percorrido de 6qms. para un total de catro voltas, integras no circuito do Parque.
Ideal para disfrutar cos amigos ou levar a toda a familia.

martes, 6 de diciembre de 2011

II Trail Rio da Fraga, Moaña

 II Trail Rio da Fraga, Moaña

Distancias:
TRAIL: 17,5 kms
SENDERISMO: 10 kms

Horarios:
ENTREGA DORSALES: Sábado 10, de 16:30 horas a 20:00 horas
Domingo 11, de 8:00 horas a 10:00 horas
En el Pabellón da Xunqueira

CONTROL DE FIRMAS: 10:10 horas en la línea de salida (al lado del Pabellón)
CHARLA TÉCNICA: 10:25 horas en la línea de salida
SALIDA TRAIL: 10:30 horas
SALIDA SENDERISMO: 10:40 horas
ENTREGA PREMIOS: A partir de las 14:00 horas

Localizaciones:

SALIDA/META: Pabellón da Xunqueira (frente a la playa da Xunqueira)
DUCHAS: Pabellón da Xunqueira
APARCAMIENTO: Amplio, en los aledaños de la zona de la playa da Xunqueira.



viernes, 2 de diciembre de 2011

XII Carreira Popular Megaxove-Expourense 2011



XXXVIII TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS


O Club Atletismo Vila de Cangas e a Fundación Cangas Deporte organizan o XXXVIII TROFEO DE PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS (MEMORIAL PEPE CORDEIRO), que terá lugar o domingo, 4 de Decembro de 2011 entre as 10,00h e as 13,00h nos arredores da Alameda Vella de Cangas.

Regulamento
Percorridos e Horarios


I Carreira Solidaria Nocturna de Bembrive

O vindeiro 3 de decembro de 2011 celebrarase a primeira edición da Carreira Solidaria de Bembrive (Vigo). A proba terá unha distancia de 6.785m e dará comenzo as 20:00 diante do local da Entidade Local Menor de Bembrive.
A o remate da proba dará comenzo un Magosto con Música e Cervexa gratuita.
O custe da inscripción e 1Kg de alimento non perecedero, que serán entregados a xente necesitada
mais informacion en www.bembrive.cronotec.es


Outros:
1º) As inscricións pecharanse ás 20:00 horas do 2 de decembro.
2º)
A inscripción está limitada a 300 participantes.3º) Ós participantes facilitaráselles o dorsal e Chip correspondente debendo colocalo no peito (o dorsal) e no pé o chip (seguindo as instruccións para o mesmo) para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.4º) Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.5º) O control de chegada pecharase 40 min despois de que chegue o primeiro clasificado.6º) A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios.
7º)
A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.8º) Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.9º) O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos o psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que lles poidan acontecer aos participantes desta carreira.
Haberá un
servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
Tódos os participantes polo feito de tomar á saída aceptan o presente regulamento.
Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, non levar correctamente o chip, falsificar os datos persoais… TODOS OS CORREDORES QUE NON ENTREGUEN OU PERDAN O CHIP ABOARÁN 10 €

viernes, 28 de octubre de 2011

35 Carreira Pedestre Popular SAN MARTIÑO

Regulamento xeral


1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
2.- O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA. Proba oficial da FGA.

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis e dos avituallamentos quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

4.- O prazo de inscrición é desde o 13 ata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse a través das páxinas web [www.ourense.es] e [www.championchipnorte.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e despois de pechar o prazo de inscrición o sábado previo á carreira na entrega e comprobación de chip, entre as 10 e as 20h.

5.- A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade) e dorsais é o sábado día 5 desde as 10 ata as 20 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Con carácter extraordinario poderanse recoller o domingo día 6 de 8 a 10 horas. . Os propietarios de chip amarillo poderán recoller o dorsal en puntos próximos ó seu domicilio.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Segundo as normas de Competición da FGA autorízase a participación de atletasfederados “estranxeiros” con licenza pola Federación Galega de Atletismo. Se non teñen licenza pola FGA só se autorizará a súa participación se se trata de:- atletas portugueses, sempre e cando non foran internacionais polo seu país nos últimos 5 anos e nunha proba similar á que vai a participar.- atletas residentes en Galicia, que deberán xustificar con permiso de residencia ou traballo.En ambos casos o atleta debe ter permiso da Federación Nacional do seu país de acordo coa normativa IAFF e mostralo se fose requirido. O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumplir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

8.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

9.- Premios: Trofeos para o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría; camisetaspara todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip, ata esgotar existencias.
Para optar ao premio de ourensáns, o atleta será nado ou empadroado na provincia de Ourense. Para optar ao premio de galegos, o atleta será nado ou empadroado en Galicia.Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010). Os premios non son acumulables excepto o premio especial polo récord.

10.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar.

11.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

12.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.Reservarase unha zona na saída para as mulleres. Reservaranse 200 postos para os/as atletas que acrediten as mellores marcas oficiais na distancia enviando un correo electrónico a deportes@ourense.es ata o día 6 de novembro cos seguintes datos: nome e apelidos, NIF, marca e evento en que foi realizada.

13.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

14.- O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

15.- Esta proba pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

16.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

17.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

18.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

19.- O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

20.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

Mellor Marca Persoal en Media Maratón

Pouquiño a pouquiño, pero arañando segundos, que non é pouco.
Non se sabe onde esta o limite de cada un, pero si aproximalo. Neste caso, e falando de min, cos días que adestro, arañar segundos o crono xa é dabondo.
Pois deixei a miña mellor marca en Media Maratón en 1h35m03sg neto na Media Maratón de Pontevedra 2011.
Proba que se disputou sobre un perfil practicamente chan, cuns leves desniveis.
Proba homologada, polo tanto, marca rexistrada oficial.

Agora a seguir adestrando e intentala na próxima, a por mellor tempo...

jueves, 20 de octubre de 2011

XVI Media Maratón Serviocio Pontevedra 2011

Ya está aquí la décimo sexta edición de la Media Maratón Ciudad de Pontevedra, que organiza la Sociedad Gimnástica de Pontevedra, conjuntamente con el Ayuntamiento de Pontevedra.

Será el próximo domingo 23 de octubre a las diez y media de la mañana cuando se de el pistoletazo de salida a una carrera que espera batir su record de participantes.

INSCRIPCIÓN
En la página web www.championchipnorte.com, tenéis toda la información para inscribiros. La inscripción se abre el 19 de septiembre y termina el 18 de octubre a las 23:00 horas.
El importe de la inscripción es de 12 euros y para aquellos que tengan chip propio, será de 10 euros.
Solamente podrán participar los mayores de edad (nacidos en el año 1993 o anteriores) y estará abierta a atletas federados y corredores no federados.
Si eres federado, rogamos lo indiques al hacer la inscripción.

RECORRIDO
El mismo que el año pasado, consistente en un circuito por la Ciudad de Pontevedra, al que se le dará dos vueltas, para completar los 21.097 metros de la carrera. La salida se efectuará en las inmediaciones del CGTD, en la calle José Malvar y Figueroa y la meta en la pista de atletismo del CGTD. El circuito estará completamente cortado al tráfico rodado.

COSAS A TENER EN CUENTA
Recordar que el chip que se os entregue tenéis que devolverlo en meta. Si no completaís la carrera os rogamos que lo entreguéis en la zona de meta.
Habrá avituallamiento líquido cada cinco kilómetros. Y en meta se os entregará la camiseta conmemorativa, una bolsa de productos alimenticios, servicio de fisioterapia y guardería.

ENTREGA DE DORSALES
El sábado 22 de octubre, en el propio CGTD se entregarán durante prácticamente todo el día los dorsales y también en la mañana del día de la prueba.

PREMIOS
Este año varían los premios en metálico, se seguirán dando a los ocho primeros, en hombres y mujeres, pero se establece una nueva categoría de corredores locales, de los cuales los tres primeros obtarán también a un premio en metálico. También habrá trofeo a los tres primeros y primeras de la carrera y trofeo al ganador de cada categoría.


Percorrido, coa sua rúas e mapa con qms:

http://www.sgpontevedra.com/wp-content/uploads/2010/09/Recorrido.pdf

Detalle do percorrido polo Director Técnico da Sociedade Ximnástica:

http://www.sgpontevedra.com/estudio-del-recorrido-de-la-media-serviocio-pontevedra-2011-por-parte-del-director-tecnico-de-la-sociedad-gimnastica-pablo-diaz/

jueves, 13 de octubre de 2011

V Carreira Popular VIGO +11


Data: 16 de outubro de 2011
Saída e Meta: Rúa Concepción Arenal – Hotel Ciudad de Vigo
Avituallamiento para tódolos participantes na Plaza da Industria esquina rúa
Tomás A. Alonso, e en rúa Venezuela antes de El Corte Inglés.
Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non
federadas, cubrindo o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo,
Departamento de Deportes – Planta 6ª, de 11:00 a 21:00 h., ou a través da web
www.championchipnorte.com (esta opción só para a carreira absoluta ‒xuvenil e
maiores).
Cuota: 5 €, excepto as categorías: Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Poderá abonarse ao facer a inscrición en El Corte Inglés.
Prazo de inscrición: Via web ata o día 12 de outubro as 24:00. Ou en El Corte
Inglés ata o 11 de outubro as 21:00 h. Non admitíndose ningunha inscrición fóra
de prazo.
Entrega de dorsales e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 15 de
outubro, desde as 11:00 ás 14:00 horas e desde as 17:00 ás 21:00 horas, na Planta
6ª e o día da Carreira na liña de meta das 8:30 ata as 10:00 horas.
Recorrido:

Circuito Vigo + 11
Saída: Concepción Arenal, Alameda, García Olloqui, Montero Ríos, Carral, Marqués de
Valladares, Colón, Areal, Isaac Peral, García Barbón, Colón, Alameda, García Olloqui,
Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar, As Ánimas, Tomás A. Alonso, Coruña,
Cantro Comercial Traviesas, parte derecha Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias,
Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, Colón, Concepción Arenal, Meta.

jueves, 6 de octubre de 2011

XXVII Carreira da Amizade Bembrive


Categorías :
Año Nacimiento : 2006-2008 - Categoria : Pitufos - 200 m
Año Nacimiento : 2003-2005 - Categoria : A,B - 800 m
Año Nacimiento : 2000-2002 - Categoria : C,D - 3 km
Año Nacimiento : 1996-1999 - Categoria : E,F - 3 km
Año Nacimiento : 1990-1995 - Categoria : G,H - 10 km
Año Nacimiento : 1984-1989 - Categoria : I,J - 10 km
Año Nacimiento : 1971-1983 - Categoria : K,L - 10 km
Año Nacimiento : 1956-1970 - Categoria : M,N - 10 km
Año Nacimiento : antes 1956 - Categoria : M,N - 10 km


Salida y Llegada : Centro cultural helios. Alameda do torreiro s/n cp.36313 Vigo


Salidas de las diferentes categorías: Entre 10.30 y 11 horas

miércoles, 5 de octubre de 2011

3ª Carreira do Arenteiro



3ª CARREIRA DO ARENTEIRO, CARBALLIÑO

08 Octubre 2011, 18:00h


A concellaría de Sanidade do concello do Carballiño organiza unha nova edición da carreira do Arenteiro, coa que se pretende animar á práctica de deportes como actividade saudable, ao mesmo tempo que se ofrece unha visión de toda a vila carballiñesa. A actividade conta coa colaboración da concellaría de Deportes, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local.


A carreira terá lugar o vindeiro sábado 8 de outubro, cun percorrido de 200 metros para os Pitufos, 500 metros para os prebenjamines e benjamines, 2 quilómetros para Especial Olympics, 1,5 quilómetros para os alevíns, infantís e cadetes, e 7,7 quilómetros para o resto de categorías, Junior, senior A e B, e veteranos divididos en tres grupos segundo a idade.


A inscrición para os pequenos poderase realizar no concello do Carballiño, ou no teléfono 988530007, o resto de categorías, desde junior ata veteranos, deberán inscribirse na páxina web http://sli.uvigo.es/tradutor/navegador.php?marcar=&direccion=es-gl&inurl=http://www.arenteiro.cronotec.es . O prezo das inscricións será de 2 euros para os infantís, cadetes e alevíns, e 5 euros para o resto, excepto os pitufos, prebenjamines, benjamines e especial olympics, que será gratis.

martes, 27 de septiembre de 2011

V Maratón do Miño


Pois terceira edición na que vou participar na popular Maratón do Miño, eso sí na modalidade de Relevos, consistente en realizar a Maratón completa pero nun equipo formado por tres compoñentes relevandose nun punto determinado, debaixo da ponte romana.


Este ano formamos o equipo Billa, Kamibal e o presente, sen outra pretensión que pasalo o mellor posible e disfrutar no marco imcomparable que nos brinda a ribeira do río Miño, xa que a proba transcurre case na sua totalidade a beira do mesmo.

As distancias de cada relevo aproximadamente sería: A-13600m saída dende a Praza Maior e bruxeleando por varias ruas da cidade, collendo posteriormente o camiño da beira do río, B-14200 volta completa a beira do río e C-14600 volta completa o río e como tramo final cruzar a ponte romana rematando a proba.


Ate o de agora, o primeiro ano fixen o terceiro e último relevo, o ano pasado o segundo e penso que este ano repito o segundo, tempo do ano pasado aprox. 1h03m.


Deixovos os mapas do circuito:



lunes, 12 de septiembre de 2011

IV Carreira Pedestre de Campañó, Pontevedra

IV CARREIRA PEDESTRE DE CAMPAÑÓ, GRAN PREMIO HOTEL CAMPANIOLA
Data e horaSábado, 17 de setembro de 2011, 17:10 h
Lugar: Campo de Festa de Cabaleiro - Campañó (Pontevedra)
Organiza:Asociación Cultural Deportiva Campañó

Regulamento Xeral
Horários, distancias e categorias
Hora Categoría Distancia en metros lineais
17,10 Benxamín masculino e femenino 500 (Unha volta ao circuito)
17,20 Alevín masculino e feminino 800 (Unha volta ao circuito)
17,40 Infantil masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,00 Cadeta masculino e feminino 1.600 (Duas voltas ao circuito)
18,20 Chupetes 120 (Teleclube - campo da festa
18,25 Pitufos 170 ( Cruce Cabaleiro a Cochón)
18,45 Xuvenís 3.200 ( Unha volta ao circuito)
18,45 Junior, promesas, seniors e veteranos masculino e feminino 9.600 (Tres voltas ao circuito)

Categorias
- CHUPETE: nados no 2007 e posteriores
- PITUFO: nados no 2004-2005-2006
- BENXAMÍN: nados no 2002-2003
- ALEVÍN: nados no 2000-2001
- INFANTIL: nados no 1998-1999
- CADETE: nados no 1996-1997
- XUVENIL: nados no 1994 -1995
- JUNIOR: nados no 1992-1993
- PROMESA: nados no 1989-1990-1991
- SENIOR: nados entre 1988 ata 1971
- VETERANOS A: nados dende 1970 ata 1961
- VETERANOS B: dende 1960 ata 1951
- VETERANOS C: nados antes de 1950
Inscricións
1. Os participantes poden formalizar a sua inscrición das seguintes formas:
Categorias benxamín, alevin, infantil cadete, xuvenis, junior, promesas, senior e veteranos masculino e feminino en www.championchipnorte.com
Chupetes e pitufos no E-mail: elias.dominguez.cabral @ gmail.com.
Ou, se eres de Campañó, nas delegadas da Asociación Cultural Deportiva Campañó.
A data límite para anotarse é o 14 de Setembro ás 20,00 horas. Non se admitirán inscripción o día da proba.
Precio de inscriciónCategorías menores dende pitufos ata xuvenis inclusive: gratuita. Nestas categorías, para inscricións por championchipnorte, deben marcar desconto de categorías menores si non son propietarios de chipCategorías absoluta (9.600): 2€ non propietarios de chip amarelo.
Propietarios de chip championchip: gratuita. Se alguén da absoluta marca desconto de categorías menores, será eliminado dos listados.
2. PremiosChupetes e Pitufos: Medalla e obsequio New Balance.
Resto categorías: Trofeos para os tres primeiros e obsequio New Balance para todos os participantes.
Premios carreira absoluta (Feminino e masculino):
1º premio: Trofeo e premio en metálico de 300,00 €
2º premio: Trofeo e premio en metálico de 200,00 €
3º premio: Trofeo e premio en metálico de 100,00 €
Premio especial para 1º corredor e corredora de Campañó3.

As probas darán comezo ás 17,10 h. do sabado 17 de setembro de 2011.
A saída e a chegada estarán no campo da festa de Cabaleiro (Campañó).
4. A proba estará controlada por xuices.
5. A Organización porá ó longo do percorrido os controis que estime oportunos e que permitirán a descalificación inmediata de quen cometa algunha irregularidade.
6. Será motivo de descalificación calquera infracción grave estimada polo xurado da proba, sendo a súa decisión inapelable.
7. A clasificación será absoluta e por categorías: premiarase ós primeiros clasificados das diferentes categorías (homes e mulleres). Serán vencedores absolutos os primeiros home e muller en atravesa-la liña de meta. Os vencedores absolutos recibirán o premio correspondente a esta clasificación, entregándose o da súa categoría ó clasificado en segundo lugar. Tamén recibirán un trofeo os primeiros residentes en Campañó clasificados (home e muller) que non estén comprometidos polo arriba exposto. Para optar ó trofeo de primeiro/a residente en Campañó é obrigatorio estar empadroado na Parroquia de Campañó dende xaneiro do ano en curso.
8. A Comisión organizadora non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan recibi-los participantes na carreira, ainda que en todo momento verán polo seu normal desenvolvemento cun servicio especial de ambulancias.
9. Dado o carácter popular da proba o Comité organizador espera de tódolos participantes o máis alto espíritu deportivo posible.
10. CIRCUITO: Indicado no cadro de Horários, distancias e categorias.

INFORMACIÓN ADICIONALUnha vez finalizada a proba haberá un pincho e bebidas refrescantes para todos os participante e acompañantes.
GRAN SORTEO de diferentes obsequios entre tod@s os participantes.A partir das 22:00 horas gran verbena.
Máis información: Asociación Cultura Deportiva Campañó (606 70 17 40, José María Domínguez) ou no E-mail: elias.dominguez.cabral @ gmail.com

viernes, 9 de septiembre de 2011

Evento Solidario Regala un Bosque, Ribadavia

Ya podéis inscribiros en ésta web o en el Servicio de Deportes de Ribadavia.
Comparte éste cartel con tus familiares, amigos y ayúdanos a hacer difusión de éste proyecto tan interesante.
Os esperamos el día 11 en Ribadavia!!!!!!!

FECHA: 11 de septiembre en Ribadavia (Ourense)


Horario del evento
09.00: Hora de apertura en la plaza del Concello de Ribadavia.

Salida-llegada e Inscripciones del mismo día.
11.00: Salida de los participantes de la carrera (10 kms de recorrido)
11.05: Salida de los participantes de la marcha (5 kms de recorrido)
12.00: Llegada de los primeros corredores de la carrera de montaña
12.10: Llegada de los primeros senderistas
12.45: Acto de clausura. Entrega del donativo económico "cheque simbólico" por parte de la organización a la entidad beneficiaria


jueves, 1 de septiembre de 2011

Serra do Galiñeiro

A organización da Galicia Máxica Trail Adventure puxose en contacto con todolos participantes da quinta e última proba do Circuito para dar a coñecer os derradeiros detalles de cara a saída que se disputou o 27 de Agosto as 17:00h dende a A.V. Vincios.

Proba que se disputou baixo un día moi soleado aínda que non moi quente pero suficiente para suar do lindo, pensaba que na altura máxima da carreira correría algo de brisa pero nin por asomo.


Carreira de aproximadamente 20qms cuns desniveis de vertigo sobre todo de subida, sobor de todo cando pasamos donde se fai escalada, donde hai unas pedras verticais que buff, nos non escalamos pero case case, pasamos pola base e bordeamos ditos penedos, cunha gran sorpresa da cantidade de xente que había nese percorrido ademáis dos escaladores claro. Foi verdadeiramente espectacular, aínda que as forzas eran as xustas.


Foi a carreira de montaña na que máis sufrin e máis tardei en rematala, xa que invertin pouco máis de 3h10m todo un record para min.


viernes, 5 de agosto de 2011

II Media Carreira Canon do Sil


Esta será a miña segunda participación nesta II Media Carreira Canón do Sil, e iso que tiña toda a intención de participar na carreira dos "homes" como di un bo amigo da zona, pero a preparación no verán non foi a máis adecuada o proxecto. Porque esta non é unha carreira calquera, é unha señora carreira e de gran nivel de feito e puntuable para o Campionato de España.

V CARRERA CANON DO SIL

COPA DE ESPAÑA

CAMPEONATO GALEGO

COPA GALEGA

33,2 KM / 2220 desnivel positivo

Coeficiente: 74

V CARRERA POPULAR

II MEDIA CARREIRA CANON DO SIL

17 KM / 950 DESNIVEL POSITIVO

Parada de Sil - Ourense

4 de SEPTIEMBRE


A liña verde corresponde a II Media Carreira


Toda a info no seguinte enlace:
http://www.ribeirasacracm.org/base/castelan/Vcarreira.html

jueves, 30 de junio de 2011

XXVIII CARREIRA POPULAR DE LEIRO

Data: 3 de julio de 2011
Distancia: 300 m. - 2.266 m. - 9.321 m.
Inscripcións: ChampionChipNorte

Horario:-
Ás 10:45 h. para as Categoría A.-
Ás 11:00 h. para as Categorías B, C e D.-
Ás 11:30 h. para as Categorías E, F, G, H, I e J.

Distancias:
CA TEGORÍA A: 300 metros.
CATEGORÍAS B, C e D: 1 volta pequena 2.266 metros.
CATEGORÍAS E, F, G, H, I e J - 1 volta pequena e 1 volta grande 9.321 metros.

Inscricións:
AS INSCRICIÓNS PODERÁN FACERSE ATA O DÍA 30 DE XUÑO, AS 20:00 HORASINSCRICIÓNS CATEGORÍAS ABSOLUTASPROPIETARIOS CHIP 3€; NO PROPIETARIOS DE CHIP 5€
A inscrición das Categorías E, F, G, H, I, e J, será por medio da páxina Web (se non es usuario, debes darte de alta no apartado “rexistrarse” e seguir as instrucións para formalizar as inscricións que dexeses).
DATOS OBRIGATORIOS: Nome, Apelidos, NIF, Data de Nacemento completa, Club, Localidade e Telefono.
Para calquera dúbida relativa ao proceso de inscrición,podedes dirixirvos ao teléfono 982 81 68 84.
Inscripción gratuita en tiendas Turini Sport de Ourense por compras de material superiores a 70€. También podrás pagar la inscripción presencial sin compra www.turinisport.com

INSCRICIÓNS CATEGORÍAS INFANTILES GRATISA inscrición para as categorías A, B, C, e D, será por medio do E-mail: por Fax o núm. 988 488 463 ou o teléfono 988 48 80 00 de 9 a 14 horas. DATOS OBRIGATORIOS: Nome, Apelidos, Data denacemento completa, Club e Localidade.“AGÁS CAUSA XUSTIFICADA NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO SINALADO, NI TAMPOUCO AS QUE NON CUMPRAN OS REQUISITOS OBRIGATORIOS”.

Premios:
- Trofeo e Premio en metálico de 300 €, 200 € e 100 €, ao 1º 2º e 3º clasificados absolutos, femeninos e masculinos.
- Trofeo aos 3 primeiros clasificados de cada categoría.
- Os trofeos non son acumulativos.
- Trofeo ao de maior idade e o máis novo.
- Medalla aos participantes das categorías A, B, C e D que rematen a carreira.
- Os premios en metálico serán para os que realicen o percorrido de 9.321 metros.
- Camisetas para 600 participantes que rematen a carreira.
- Sorteo de material deportivo para os atletas que remate a carreira.A XXVIII Carreira Popular de Leiro, organizada polo Club Amigos do Deporte de Leiro celebrarase o Domingo 3 de Xullo de 2011 estando suxeita ao seguinte

REGLAMENTO:
1º.- A saída será:
a) Ás 10:45 h. para as Categoría A.
b ) Ás 11:00 h. para as Categorías B, C e D.
c) Ás 11:30 h. para as Categorías E, F, G, H, I e J.da Praza do Cruceiro, sendo este tamén o punto de chegada.
2º.- As inscricións pecharánse sen excepción ás 20:00 h. do día 30 de xuño e non se admitirán o mesmo día da Carreira, agás causa xustificada.
3º.- A todos os participantes falicitaráselle o dorsal e chip correspondente á súa categoría, debendo colocalo no seu peito para a súa identificación durante a carreira e chegada á meta.
4º .- Ao largo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.
5º.- O control de chegada pecharáse 40 minutos despóis de que chegue o primeiro da carreira.
6º.- A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante e despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto un equipo de primeiros auxilios. A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
7º.- Os atletas que obteñan algún premio deberán acreditar a súa idade co D. N. I. ou calquera documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
8º.- Dado o carácter eminentemente popular e festivo desta carreira a organización agarda de todos os participantes o mellor espírito deportivo.
9º.- O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Ao finalizar a carreira co gallo da súa XXVIII edición, os participantes e acompañantes serán agasallados cun aperitivo e excelentes viños do ribeiro.

miércoles, 22 de junio de 2011

28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

28ª Carreira Nocturna de San Xoán

REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, có patrocinio do Concello
de Vigo, organiza a 28ª Carreira Nocturna de San Xoán a disputar o 23 de xuño de
2011 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. Esta carreira está
incluída no Circuíto de Carreiras Populares do Concello de Vigo.

2. A carreira dispútase nun circuíto urbano con saída ás 21:15 da Praza do Rei, e co
seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña,
Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante do soportais da praza
do Berbés.

3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estean ou non
federadas. As inscricións, formalizaranse na páxina web championchipnorte.com ou
en persoa en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41) ata o 21 de xuño. No caso
de inscrición presencial indicando NIF con letra, nome, apelidos, data de nacemento,
sexo, localidade, provincia, e club e número de licencia no seu caso. Non se
admitirán inscricións o día da carreira.

4. A cota de inscrición e de 3 €.

5. Os atletas participarán cos dorsais e transpondedor (chip) que se entregarán o 23 de
xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei).

6. Concederanse trofeos os tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das
seguintes categorías: tanto en homes coma mulleres
A de 14 a 18 anos
B de 19 a 35 anos
C de 36 a 45 anos
D de 46 anos ou mais,
tamén haberá un sorteo de agasallos entre tódolos participantes e a organización en
colaboración ca Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, obsequiará cunha
ración de sardiñas asadas a tódolos participantes.

7. Colaboran neste evento a Confraría de Pescadores San Francisco, Asociación de
Veciños Casco Vello, Coca-Cola, Novacaixagalicia, Deputación de Pontevedra,
Hipermercado Alcampo, Auto-escuelas Faro–Paso-Salaberri-Vigo, New Balance,
Restaurante El Pescador, Frigolouro, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella,
Porto de Vigo, Frutas Nieves, e Rosquillas Critaleiro.

8. A Organización non se responsabiliza dos danos que poidan sufrir os participantes,
agás os posibles dereitos que lle correspondan co seguro deportivo dos seus clubs.

9. Todas as reclamacións deberanse formular de acordo co Manual da IAAF ou RFEA en
vigor.

A Delegación en Vigo da FGA

lunes, 20 de junio de 2011

Medalla Bronce

Pois sí, a estas edades e con estas historias.



Resulta que na Carreira Nocturna de Xinzo de Limia, este ano adoptouse a modalidade da clasificación por Equipos (catro compoñentes).

E nin cortos nin perezosos anotamonos a un bombardeo, e ala vamos sen moitas esperanzas pero por probar, disfrutar e sair noutra clasificación pois xa abondaba. Xa que había equipos de quitar o hipo, pois outra cousa non haberá pero en Ourense xente que corre unha tira.


Guille, Carlos, Fon e un servidor formamos o equipo Meninos que o fin e o cabo rematamos terceiros na clasificación final, medalla de Bronce, menuda sorpresa e o mesmo tempo emoción, íamos subir o podium, joder.


Gracias compañeiros.



miércoles, 15 de junio de 2011

VII Carreira Popular Nocturna de Xinzo de Limia

A VII CARREIRA POPULAR NOCTURNA DE XINZO DE LIMIA, está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia.

Esta proba celebrarase o sábado 18 de xuño de 2011, a partir das 20:30 H estando suxeita ó seguinte

REGULAMENTO XERAL

  1. A saída e meta estarán situadas na Praza Maior de Xinzo de Limia.
  2. Tódolos participantes deberán colocar o dorsal no peito para a súa identificación durante a carreira e na chegada a meta.
  3. Ó longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderase descalificar ós participantes que cometan algunha irregularidade.
  4. O control de chegada pecharase 40 minutos despois de que chege o primeiro clasificado.
  5. A organización non se fai responsable dos danos físicos ou morais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou despois da carreira, se ben en todo momento estará disposto unha ambulancia e un médico como intervención para os primeiros auxilios.
  6. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
  7. Os atletas que obteñan algún premio, deberán acreditar a súa identidade con DNI, ou calquera outro documento que os identifique, se a organización o considera necesario.
  8. Os atletas premiados, terán que estar presentes no acto de entrega de trofeos, non podendo delegar a recollida noutra persoa.
  9. Dado o carácter popular e festivo desta carreira, a organización agarda de tódolos participantes o mellor espírito deportivo.
  10. O descoñecemento deste regulamento no exime do seu cumprimento.

miércoles, 8 de junio de 2011

SALOMON XR CROSSMAX NEUTRAL




La nueva revolución de Salomon aplicada al mundo del trail, la XR Crosssmax Neutral combina lo mejor de las zapatillas de running con lo más técnico del calzado de trail. Se lanza como un modelo orientado al entrenamiento intenso en todo tipo de terrenos.
Si bien no es una zapatilla orientada para terrenos muy agresivos, está pensada para trabajar de forma óptima en asfalto, tierra, superficies irregulares y pistas. Como nos explica Salomon, la zapatilla para salir de la puerta de casa al campo.

Horma neutra
Nos encontramos ante una de las pocas zapatillas de trail con horma neutra. Lo habitual es que casi siempre tiendan a ser pronadoras. La mayoría tenemos tendencia a pronar, e incluso aquellos que tienen pisada normal no suelen tener mayor problema con zapatillas pronadoras. Pero si tienes horma neutra, o tiendes ligeramente a supinar, es probable que no acabes de encontrar tu zapatilla ideal. Salomon presenta en este modelo una alternativa con horma totalmente neutra.


Suela Contagrip LT en la parte delantera (zona de tracción), con diseño optimizado para tracción, y Contagrip HA en el talón (zona de recepción) pensada para ofrecer una buena frenada, buena amortiguación de impactos, y el mejor agarre y confort.
Quicklace, sistema de lazado rápido, con estructura Sensifit, que prolonga los puntos de tensión de los cordones hacia toda la zapatilla, de manera que el ajuste es más preciso y repartido por todo el pie.
Sensiflex, la zona de flexión del empeine carece de costuras, con lo cual se evitan los puntos débiles característicos de este tipo de calzado, que sifre un desgaste más acusado que el normal de trekking.
Lengueta acolchada . Exterior en tejido ultraligero y transpirable.
Media suela en espuma EVA moldeada anatómicamente.
Chasis Os Tendon, tecnología para mejorar la transmisión de la pisada desde el talón al dedo gordo.
Plantilla Ortholite con control higiéico para los malos olores

Peso 320grs.

martes, 24 de mayo de 2011

XI Memorial Manuel Barros


A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Gondomar, coa autorización da Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, organizan o día 29 de Maio de 2011 o XI Memorial Manuel Barros de atletismo en ruta.

O control técnico e dirección das carreiras están a cargo do Comité de Xuíces da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo.

O comezo da proba será ás 10.00 h. para as categorías escolares.

A carreira absoluta de 10 Km ás 11:00 h.
Esta proba está inscrita nos calendarios galego e a distancia do circuito está homologada pola Real Federación Española de Atletismo.


PERCORRIDO

lunes, 16 de mayo de 2011

IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA



IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA

IV Carreira Popular Vila de Redondela
Data: Martes 17 de Maio do 2011 Hora: 10:30 h Distancia: 6.000
m.
Lugar: Redondela ( saida e meta sita no Concello de Redondela)
Organiza: Concello de Redondela, colabora Serviocio, empresa
xestora da Piscina Municipal de Redondela
Inscripcións: ata as 14:00 do xoves 12 de Maio
Mais información; no teléfono da instalación (986400586)
Remate da proba; 11:30

REGULAMENTO XERAL
1. A concellería de deportes do Concello de Redondela coa
colaboración de Serviocio empresa Xestora da Piscina Municipal
de Redondela organiza a terceira edición da carreira popular
Vila de Redondela
2. Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,
quedando prohibido doblalo ou cortalo. Tamén deberán levar o chip
ChampionChip debidamente atado nos cordóns das zapatillas. Será
motivo de descalificación o non cumprir este artigo
3. Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen
realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal e chip de outro
participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
4. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o
presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité
organizador.
5. A Piscina Municipal de redondela (serviocio sl) o Concello de
Redondela e os colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6. A IV carreira Popular Vila de Redondela ten carácter non
competitivo.
7. Somentes poderán participar as persoas mayores de 16 anos
8. Se establecen catro categorias unha masculina e outra femenina de
16 a 35 anos e unha masculina e outra femenina de maiores 35
9. Premios; trofeos para os tres primeiros clasificados de cada
categoría, un regalo para o último clasificado de cada categoría
e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de
Redondela en chegar a meta.
10. Obsequio para todolos participantes dunha
camiseta técnica de recordo o finalizar o percorrido e
algunha sorpresa mais
11. Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira
non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a
aceptación do regulamento da proba.
12. A organización contará coa colaboración dos organismos
municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do
percorrido.
Disporase de coche escoba para aqueles corredores que por algunha
razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
13. Avituallamientos: haberá un avituallamento líquido na meta.
14. Servicios de vestuarios e duchas: Piscina Municipal de
Redondela.
15. INSCRIPCIÓNS: 3 euros de dereitos de inscrición+1 Euro por
alquiler de Chip o que non o teña. Os/as propietarios/as de chip
amarelo ChampionChip non pagarán aluguer. Terán que precisar, DNI
con letra, nome e apelidos e fecha de nacemento completa,
localidade, provincia, teléfono movil de contacto e o correo
electrónico se o desexa. Poderanse facer ata as 14:00 horas do día
17 de xuño, na recepción da Piscina Municipal de Redondela (Paseo
do Pexegueiro Nº 5), ou na central de inscripcións na Web
www.championchipnorte.com
Todas as persoas que non aparezan nos listados definitivos o venres 13
de Maio nos listados da Web de ChampionChipNorte, non estarán
correctamente inscritas. A forma de pago pola Web é por medio de
tarxetas de crédito habilitadas para PAGO SEGURO por Internet. Deben
seguirse todas as indicacións que se dan na Web.
Non se aceptarán inscricións fora de plazo e sen datos obrigatorios.
16. Teléfono de informacion: 986400586, e información publicada
na web www.championchipnorte.com correrengalicia.org xunto con
un enlace para ver o recorrido
17. Os dorsais poderanse recoller de 08:30 a 09:30 horas do día da
proba na zona de saída, situada nos arredores do Concello de
Redondela. E durante a tarde do sábado de 16:00 a 20:00 na piscina
Municipal de Redondela

domingo, 15 de mayo de 2011

Despois de San Mamede, sigo vivo.

Non é o mesmo facer unha carreira por primeira vez, que non sabes por donde vas a pasar, e non sabes os pormenores do recorrido. Que facela co terreo xa estudiado.
Eso pasoume a min en San Mamede, pois xa fixera a Previa cos amigos do Via18 e con Lois e Xabi e algún que seguro me esquezo.
Sobre todo en montaña notase máis porque os perfís nunha grafica están ben pero na realidade transformanse e convirtense en verdadeiras subidas e baixadas.

Tomeime a carreira con certa tranquilidade pois saber o que tiña por diante axudoume a dosificar nos momentos duros e exprimir no terreos favorables si había forza claro.
Os primeiros quilometros ata o pobo da Teixeira fixenos na compaña de Oscarourense e Runrunpabli, que cada ún ía con distintos plantexamentos, xa que Oscar tiña en mente a preparación dos Aquilianos e Pablo tomouno en plan relaxado porque andar anda e moito, que así nos deixou nas primeiras rampas despois da Teixeira. A raíz de ahí quedamos Oscar e eu, ata que comenzou a segunda rampa un cortalume que nos levaría ata o cumio da Ermida, dende ahí ata meta era todo baixar por dous cortalumes empinados e o treito final por pista con certos desniveis. Dende o cumio ata o final quedeime so por unha caída de Oscar que quedou no alto para recuperarse e estirar.
A verdade que quedei ledo polo resultado, algo máis de 2h44m, pero tamén polas boas sensacións post carreira, xa que cheguei ben, con cansancio normal destas probas e non desfeito como noutras ocasións.

lunes, 9 de mayo de 2011

Desafio Solidario San Mamede 2011

A organización deste evento solidario ten como obxectivo principal recadar fondos para o PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA.Coa a inscrición neste evento solidario estarás colaborando coas persoas que presenten dificultades de movilidade e cos fondos obtidos mercaranse axudas técnicas (andadores, sillas de rodas, etc...) para que estas persoas poidan disfrutar dunha calidade de vida digna.Este Desafío Solidario lévate a coñecer os diferentes pobos enclavados ó pé da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza por un entorno natural pouco coñecido. Asemade pretendemos promocionar un estilo de vida saúdable fomentando a práctica deportiva.

REGLAMENTO
1. O domingo 15 de maio de 2011 darase a saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense), baixo o presente reglamento. O horario das diferentes probas será o seguinte:

8:30 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT

2. A proba celebrarase sobre os seguintes percorridos:

ANDAINA: percorrido de aprox 21,5 km, coa posibilidade facer o percorrido curto de aprox 15 km.
CARREIRA: percorrido de aprox 21,5 km.BTT: percorrido de aprox 40 km.

3. CATEGORÍAS: Podrán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba.Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo ós gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (ANDAINA, CARREIRA e BTT).

4. INSCRICIÓNS: poderanse realizar dende o xoves día 7 de abril de 2011 a partir das 12:00 h ata as 00:00 do mércores día 11 de maio de 2011. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ó remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse online a través da web: www.via18.es, cubrindo o formulario de inscrición e posteriormente realizando o pago dos 10 € da cuota de inscrición na seguinte entidade bancaria: BANCO PASTOR 0072-0301-67-0000129628, indicando nome, apelidos, dni e modalidade (ANDAINA, CARREIRA ou BTT) na que desexa participar.Semanalmente a organización publicará o listado dos inscritos en cada unha das modalidades nesta web: www.via18.esUnha inscrición non se considerará oficialmente realizada ata que non se comprobe o pago da cuota de inscrición fixado pola organización para este evento, o formulario de inscrición cuberto sen o pago da cuota de inscrición dentro do prazo establecido non conformará a inscrición no evento.
5. PREZO: O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) é de 10 € (5 € en concepto de donativo que se destinarán ó PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU DEPEDENCIA levado a cabo por CRUZ VERMELLA e os 5 € restantes destinaranse a sufragar os gastos que ocasiona a organización do evento).A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: Os percorridos estarán señalizados con balizas de cor laranxa para as modalidades de ANDAINA e CARREIRA e de cor verde para a modalide de BTT, sendo obligatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas nalgúns controis.
7. TEMPOS DE PASO: os participantes que sobrepasen 1 hora 15 minutos no alto do camiño dos carboeiros para a modalidade carreira serán desviados polo percorrido curto da Andaina pasando ós últimos postos da clasificacion xeral desta proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantizar a súa cobertura.Os participanes da modalidade Andaina que sobrepasen 1 hora 45 minutos no alto do camiño dos carboeiros serán desviados polo percorrido curto da Andaina.Así mesmo os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control tendrán a potestade para retirar da proba a calquer corredor, andarín ou ciclista si o seu estado de saúde así o aconsella. O corredor que se retire deberá avisar no control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS: a distribución dos avituallamentos será a seguinte:

CARREIRA-ANDAINA: Km 6,10,15 e 21.
ANDAINA CURTA: Km 6, 9 e 15.
BTT: Km 17,5 e 25.

9. PREMIOS: Dado o carácter solidario da proba entregaranse exclusivamente trofeos conmemorativos os gañadores/as absolutos de cada unha das modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) que comprende este evento solidario. Quedará descalificado todo aquel que non cumpla o presente reglamento, no complete a totalidade dol percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o dorsal ben visible ou desacate as indicacións da organización.
10. A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obligan ou por algunha causa de forza maior.
11. Os participantes están obligados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de estrada.
12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o que non se contemple neste reglamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME)


PERFÍS E PERCORRIDO:




FOTOS PARA ABRIR BOCA:
















lunes, 2 de mayo de 2011

Cronica O Corgo

Carreira, boa carreira.
Son destas que se fan dende o cariño, con poucos recursos, pero para que se queren sí ó final as cousas ben feitas ben parecen. Noraboa a organización e a seguir así.
A prova discorre por unhas paraxes espectaculares, que decir ten que correr pola beira da costa non ten prezo. E ese trociño de praia, que menos mal que foi so un cacho que sino morremos enterrados. Prova dura e moi selecta, xa que o percorrido case case se facia correndo a excepción dunha rampa que houbo que poñer a reductora e ir andando. Tamén houbo unha cordada para dar maior espectacularidade, para mostra un botón.



Paparotada ó final con empanada, bizcochos e cervexa de grifo, para recuperar os líquidos perdidos.


E había trofeos para parar un tren, lástima de non recoller ningún. Tiveron un gran detalle de regalar unha toalla de mans os 100 primeiros ou un pouquiño máis jeje.

lunes, 25 de abril de 2011

V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO





V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO


INTEGRADA NO IV CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRA POPULARES


Día: 30 de Abril de 2011

Hora: 17.30 h.

Saída e chegada: Teira-Corrubedo



Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna

Páxina web oficial: http://www.cofradíadadorna.com/


Teléfono: 619300125


A V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 30 de Abril de 2011 ás 17.30 horas do serán. A proba estará suxeita ó seguinte:


REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 8.000 mts. aprox. debidamente sinalizado.- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. - Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Avituallamento intermedio no kilómetro 4,5 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. Todo aquel atleta que no kilómetro 5 faga un tempo superior os 36 minutos queda descalificado e fora da proba.

8. As incripcións faranse únicamente dende o formulario habilitado para tal fin na web da Cofradía da Dorna (a partires do 12 de Abril habilitarase dito formulario). - A inscripción é gratuita e o prazo para a mesma vai dende o 12 de Abril ata o 28 de Abril as 14.00 h. -


A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS. - NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL


RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 e 17:15 ata 15 minutos antes do inicio.


9. Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscriptos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:- Recibirán trofeo os vintecinco primeiros homes.- As dúas primeiras mulleres. - As cinco primeiras parellas.- A carreira esta integrada no IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.

12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas [ver localización].

13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

lunes, 18 de abril de 2011

Quinta Vig-Bai no peto con MMP

Non quixera empezar o relato desta prova sin antes dar as gracias como sempre os meus compañeiros de adestramento, meu irman Xurxo e tamén a Camilo e Horacio.

Todos en maior ou menos medida acompañaronme durante todolos os adestramentos, aguantando choiva, frío, e tamén penso eu, días nos que poucas gañas había de correr e ahí estaban eles para levalo mellor e non deixarse ir, e decir outro día irei correr.


Conseguín a miña mellor marca na Vig-Bai, soa bonito pero as pretensions eran maiores, xa que viña de correr a anterior MM en Viana do Castelo en Portugal facendo un tempo de 1h35m07s.

Entón o meu obxetivo era baixar ese tempo e a bo fe que penso que podía, xa que todo o mundo me decía que era máis difícil Viana que a Vig-Bai, pero en eso quedou nun obxetivo, xa que o meu tempo foi de 1h38m53s, contento pero a medias, tamén foi a mellor marca de meu irman, parabens neno.


Resulta que nin Camilo nin Horacio por distintos avatares non poideron participar na prova, unha magoa porque penso que podían facer uns bos tempos.

Como dixen antes quería mellorar o meu tempo en MM coa idea de pasar polos 10qms en menos de 45m pero o paso pola distancia xa me indicaba que non o conseguiría, entón o obxetivo era tentar mellorar marca na prova.


Fun xunto co meu irman toda a carreira, tirando un do outro, conseguindo así levar un bo ritmo pero parece que non tiñamos os Deuses de cara.


Parece que teño a prova atragantada ou caiume un feitizo para a Vig-Bai xa que non me atopo comodo. Tan so disfrutei na miña primeira vez que a corrín foi unha sensación de terminar impresionante.

Como hai máis días que longanizas, estaremos na proxima edición do 2012.






martes, 5 de abril de 2011

VIG-BAI 2011




Media Maratón Vigo-Baiona (Vig-Bay), proba a que lle teño un gran amor-ansiedade, explicome.

Foi a miña primeira carreira a nivel popular, nada máis e nada menos, eu xa tiña que meterme no mundillo "a lo grande", como a mesma prova.

Dende o ano 2007 que foi a miña primeira participación ata esta que vou disputar que ben sendo a quinta vez, foron todas distintas e moi variadas carreiras.

A primeira, como se soe decir foi a mellor, xa que non hai esa presión a un mesmo de mellorar a do ano anterior, disfrutei como ningunha o carón do meu irmán.

A segunda, xa había presión de querer facelo mellor que a edicción anterior e si o fixen pero so uns segundos, xa que dende o qm8 xa non ía ben, menos mal que rematei, moito sufrimento.

A terceira, ata agora a mellor en canto o tempo, 1h39m38s tempo real, non en MM que teño algo mellor tempo, sería o vento a favor.

A cuarta, a que mellor levaba preparada físicamente e mentalmente pero o tempo fixo estragos, e xa ben fixen chegar a meta en condicións, que calor, buff.

A quinta, esperamos que sexa a mellor, e senon para o ano que ben hai outra.

Percorrido

La salida se sitúa en la Avenida de Samil, al lado de la playa del mismo nombre: aquí cubriremos los primeros 4 kilómetros de la carrera, incluida una vuelta a dicha Avenida, como preparación para afrontar el primer repecho (de unos 400 metros).

Tras pasar el kilómetro 5, que se encuentra en la Playa de la Sirenita, bajamos hacia la playa del Bao y nos dirigimos hacia la localidad de Canido (7º kilómetro); en este punto se encuentra al segundo repecho al que debemos hacer frente (unos 600 metros), y que una vez cubierto se transforma un una ligera pendiente que nos encamina hasta el kilómetro ocho y medio, en el cruce de Mide.

A partir de este punto, el circuito se torna más llevadero para el corredor, ya que desde el kilómetro 9 (situado en Saiáns) hasta el kilómetro 15 (en Playa América) es todo bajada y los restantes totalmente llanos.

Una vez cubierta Playa América nos dirigimos hacia la Ramallosa, habiendo alcanzado el punto kilométrico 17,5 y afrontamos los últimos tres kilómetros que nos separan de la meta situada en la calle Elduayen del Concello de Baiona.


Cronica Pozo do Demo, Verín

Pozo do Demo, penso que non foi o nome axeitado ou si.

Pozo foi donde nos metemos todos os que pensamos que ía ser unha carreira "normal" de monte.

Penso que o nome axeitado tería que ser Rampa do Demo, xa que meduna pendente tiñan esos 300mts, que se comenta que tiñan unha porcentaxe do 34% como para non mirar para atras polo vertigo.

Quitando estas anecdotas, carreira moi recomendada para nos os que estamos a empezar nas carreiras de Monte ou Montaña, xa que so picaba hacia arriba 2,5qms dos 11qms totais. O resto era baixada e o trama final chan de todo, chegando a meta en asfalto.

Cruzamos dous regatos por pontes arranxadas para o acontecemento, aínda que houbo corredores que tomaron pola liña recta, eu neste caso non me aventurei xa que estaban o principio da prova e non tiña moitas gañas de levar os pes mollados ata o final.

Gran participación, moitos coñecidos do foro de CeG, e fabulosa saída dende o Manantial de Aguas de Cabreiroa, saín co meu compañeiro de equipo Billa, que se defendeu moi ben para ser a primeira prova de monte que facía, o que ten condicións tenas para todo.

Si bebera da auga do manantial igual o conto cambiaría jeje.


Aínda que me vexades con cara de contento o tema ía por dentro, tan so foi para a foto, hai que sair juapiño non, gracias Xandra.


miércoles, 30 de marzo de 2011

I Carreira Popular de Monte "Pozo do Demo", Verín




ORGANIZACIÓN:

A Carreira e a Andaina "Pozo do Demo" están organizadas pola Asociación de Sendeirismo "Ruta das Augas" e ten como principal colaborador o Concellode Verín.

INSCRICIÓNS:

O prazo de inscricións comprende entre o 1 e o 31 de marzo (ambos inclusive).Unha vez pechado o período de inscrición non se admitirá a participación de ningún atleta, agás erro ou omisión administrativa detectada.A inscrición é gratuita.

Para formalizar a inscrición pódese empregar o correo eletrónico:pavillon@verin.netmultisport@chukos.comOu ben, tamén se pode chamar para recibir información ós teléfonos:Pavillón Municipal de Deportes de Verín (988.41.11.40).

* Carreira de Adultos (CIRCUITO CORRER EN GALICIA).- Inclúense todos os corredores que teñan cumpridos os 18 anos o 1 de setembro de 2010.

Saída: Balneario de Cabreiroá.Hora: 11,30 h.Distancia: 11 Km.

Características Técnicas:

Lonxitude: 11,04 Km.

Altitude mínima: 378 m (Km 10,4)

Altitude máxima: 614 m (Km 4,99)

Desnivel acumulado subindo: 251 m.

Desnivel acumulado baixando: 263 m.

% máximo de subida: +34,4 (Km 4,46 a 559 m de altitude).

% máxima de baixada: -17,9 (km 6,40 a 500 m de altitude).


Avituallamento de auga e froita: Km 5,68 a 576 m de altitude.

Tipo de Terreno:

* Pistas de Terra e Monte: 9,60 Km (86,96%)- Dende Km 0,00 a Km 8,63 e Km 9,23 a Km 10,20.

* Asfalto: 1,44 Km (13,04%)- Dende Km 8,63 a Km 9,23 e Km 10,20 a Km 11,04


Carreira Non Circular.Dificultade: Media.

Perfil do Percorrido (Track da Prova): http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1494918

Chegada: Pavillón de Deportes.


ITINERARIOS:

Os percorridos das Carreiras e das Andainas están convenientemente sinalados con cinta e flechas pintadas con spray de color:

* Carreira: Vermello fluorescente.

lunes, 14 de marzo de 2011

IV 10 Qms Vila de Xinzo de Limia


IV 10 QM. VILA DE XINZO DE LIMIA
20 DE MARZO DE 2011
PROBA OFICIAL DA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO
Os IV 10 QM. VILA DE XINZO DE LIMIA están organizados pola Concellería de
Deportes de Xinzo e celebraranse o domingo día 20 de marzo de 2011.


REGULAMENTO:

A saída será ás 11:30 para a carreira absoluta (10.000 m. homologados).
A saída e meta estará situada diante do pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
O percorrido estará sinalizado cada kilómetro.

PERCORRIDO:

Dúas voltas de 5qms

martes, 8 de marzo de 2011

Circuito GMTA- Trail Pazos de Arenteiro-Carballiño. Prova 2 de 5

Segunda prova do GMTA a disputar o Domingo 13 de Marzo en Terras do Carballiño, máis concretamente entre Pazos de Arenteiro a propiamente capital Carballiño, cunha distancia total aproximada de 15 qms, entre unhas fermosas paraxes e pobos.
Saída as 10:30h dende Pazos de Arenteiro o carón da Igrexa, poñeranse autobuses dende Carballiño ata a saída, xa que non é un percorrido circular.

Deixo a altimetría e track do percorrido: