martes, 2 de noviembre de 2010

E choveo

Pois sí, aínda que pareza mentira choveo en Santiago de Compostela, e parecía ou tiñamos a esperanza de que non acontecera pero non foi así.
Quecemento escaso como soe ser norma, mal feito, nin quecemento foi porque fixen uns largos no parking e saída ata a zona da carreira, así que xa me diredes vos.

Colocación en boa zona para non ter que esquivar moito no primeiro quilometro, o tempo aguantou ata metade da carreira aprox. pero tanto no tramo final como xa en meta caíu unha boa que nos deixou empapados e con moito frío, carreiron ata o coche e cambiarse.

Carreira moi numerosa 2908 corredores chegados a meta, como xa dixen saída boa por estar na zona correspondente a cada un co seu tempo aprox. Primer quilometro compartin carreira con Camilo e Fon pero estos xa se me desmarcaron no qm2, e fun o meu ritmo conservador porque penso que podo dar máis pero non teño referencias obxetivas para dalo todo, enton reservome.
Percorrido diferente o de anos anteriores, con máis subidas, dous repechos importantes, e tamen penso que hubo recorte na distancia, este ano menos, non estou seguro.

Esta foto foi o final na nova subida moi dura por certo, so hai que ver o careto:


En definitiva contento co meu tempo, sempre e cando analizando os tempos dos meus compañeiros de adestramento, que o fin ó cabo non me quitaron moito en meta e son os que teño sempre como referencia en canto os tempos finais.

Resultados: Carreira Pedestre Santiago

Fotos: Carreira Pedestre Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario