martes, 16 de noviembre de 2010

MMP no San Martiño

Pois saía coa pretensión de acadar un obxetivo que non via moi craro pero era iso un obxetivo.
No foro CeG propoñiase o tempo que cada un pretendía acadar na carreira e eu puxen baixar de 43 m e así foi, conquerín a mmp do San Martiño 42'54" netos, contento polo tempo e tamen por non estar aínda na forma optima e pensar que podo baixar máis estos tempos nuns 1oqms.

Carreira homologada de 10qms, aínda que o meu Fore deume 10,170m a ritmo de 4'13", ritmos pretos a 4' en alguns qms do percorrido. Continuos subes e baixas en toda a carreira, e cantidade gran cantidade de corredores dun total de 2970 finalizados.
Prometía que non ía chover o principio da carreira pero os pronosticos trastocaronse o final que nos caíu unha tromba de auga que nos deixou mollados e petrificados polo frío, outro ano máis chovendo na San Mariño.

Saída con tan só 15 seg de desfase, e coa pretensión de ir parte da carreira con Kamibal e Fonvigo pero xa dende o principio perdemonos, non sabía si ían diante o por detrás miña ata que chegando o qm6 adiantame Fonvigo pero non podía seguir o seu ritmo, e preto do qm7 xuntaseme Kamibal que me axuda a seguir a un ritmo mellor do que levaba eu pero non puiden e seguinno a distancia ata a meta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario