lunes, 27 de septiembre de 2010

MMP Media Maratón Vigo 2010

Pois sí, fixen a miña mellor marca persoal nunha Media Maratón eso sí non esta homologada, pero persoalmente para min é valida porque si que foi a distancia real, a falta dos papeleos e a dichosa burocracia.


En plena pretemporada fai anos non se me plantexaría facer unha MM, nin pola cabeza tería esa idea, pero tomamos (Camilo incluido) este día como unha rodaxe longa domingueira e fixate ti como nos saíu a min e a Camilo que aínda o fixo mellor.

A verdade que cando te afrontas a unha competición non é nada fácil non dalo todo.
Xa dende o principio atopeime ben de pernas, ia a ritmos que me parecían elevados para unha medía 4'35 e 4'40 ata lle dixen a Camilo que afloxaramos un pouco porque non sabíamos como nos atoparíamos a partires do qm16 que era a miña barreira sicoloxica pero dixome que tiñamos que seguir que íamos ben, defeito de tan ben que ía él deixoume polo qm11, eso si sempre tendo referencia visual das suas costas, o final incrementei o ritmo pero non o dei cazado.

Fixen case toda a carreira co meu amigo Bloguero (Triatlon Nazareno), un pracer compartir a carreira contigo campeón, menuda sorpresa atoparte.


O dito, unha gran ledicia conquerir este tempo nunha media 1h37m neto xa a principios de tempada, desexo que as lesións me respeten e poder mellorala para a proxima Vig-Bay.

No hay comentarios:

Publicar un comentario