lunes, 13 de diciembre de 2010

Escaleiras e máis escaleiras

Onte foi un día propicio para disputar unha carreira desas de 10qms ou incluso unha Media Maratón, pero quen nos mandaría os 309 chegados (penso que foi record da proba ) a V Subida ó Castro correla.
Esta é unha carreira que ou che gusta ou odiala, non ten termo medio.
Pola miña banda sendo a segunda edición na que me presento e finalizo, e unha das carreiras que sempre que poida hai estarei, eu son dos que me gusta a carreira.
É unha proba que non te deixa indiferente tanto polo seu percorrido como polo seu ambente que este ano tivemos público extranxeiro (estaba atracado o Independence of The Seas) e numeroso menos mal, e o rematar as vista da ria son espectaculares un paraxe unico.

Este ano houbo modificacións no percorrido por mor de obras no casco vello e tamen na Praza do Concello, xa que esta instalada a Pista de Xeo e houbo que rodeala, este ano polo meu Gps deume unha distancia total de 2,200mts, que con respeto o ano pasado foron 200mts a maiores.

O meu track da carreira:
http://connect.garmin.com/activity/59649248

No hay comentarios:

Publicar un comentario