miércoles, 22 de junio de 2011

28ª Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo

28ª Carreira Nocturna de San Xoán

REGULAMENTO
1. A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo, có patrocinio do Concello
de Vigo, organiza a 28ª Carreira Nocturna de San Xoán a disputar o 23 de xuño de
2011 en Vigo, baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. Esta carreira está
incluída no Circuíto de Carreiras Populares do Concello de Vigo.

2. A carreira dispútase nun circuíto urbano con saída ás 21:15 da Praza do Rei, e co
seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar Boo, Coruña,
Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante do soportais da praza
do Berbés.

3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estean ou non
federadas. As inscricións, formalizaranse na páxina web championchipnorte.com ou
en persoa en Deportes Athletics (Avenida de Balaídos 41) ata o 21 de xuño. No caso
de inscrición presencial indicando NIF con letra, nome, apelidos, data de nacemento,
sexo, localidade, provincia, e club e número de licencia no seu caso. Non se
admitirán inscricións o día da carreira.

4. A cota de inscrición e de 3 €.

5. Os atletas participarán cos dorsais e transpondedor (chip) que se entregarán o 23 de
xuño de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei).

6. Concederanse trofeos os tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das
seguintes categorías: tanto en homes coma mulleres
A de 14 a 18 anos
B de 19 a 35 anos
C de 36 a 45 anos
D de 46 anos ou mais,
tamén haberá un sorteo de agasallos entre tódolos participantes e a organización en
colaboración ca Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, obsequiará cunha
ración de sardiñas asadas a tódolos participantes.

7. Colaboran neste evento a Confraría de Pescadores San Francisco, Asociación de
Veciños Casco Vello, Coca-Cola, Novacaixagalicia, Deputación de Pontevedra,
Hipermercado Alcampo, Auto-escuelas Faro–Paso-Salaberri-Vigo, New Balance,
Restaurante El Pescador, Frigolouro, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella,
Porto de Vigo, Frutas Nieves, e Rosquillas Critaleiro.

8. A Organización non se responsabiliza dos danos que poidan sufrir os participantes,
agás os posibles dereitos que lle correspondan co seguro deportivo dos seus clubs.

9. Todas as reclamacións deberanse formular de acordo co Manual da IAAF ou RFEA en
vigor.

A Delegación en Vigo da FGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario