martes, 5 de noviembre de 2013

Son Maratoniano.


Antes de nada, e como di o refrán de ben nacidos hai que ser agradecidos.
Non quero olvidarme de darlle a gracias os meus compañeiros e amigos de adestramentos Carlos, Fon e Xose que sin eles esta aventura, obxetivo ou meta non sería posible sin eles. Gracias por escoitarme, por darme consellos, por aturarme e gracias por estar ahí nos momentos baixos para darme animos. Tamén darlle as gracias o meu físio Juan por deixarme decente para correr porque non as tiña todas conmigo, fixo unha boa posta a punto. E por último tamén a Camilo que me fixo xurar en Arameo algunha que outra vez en algún estiramento ou exercicio.

Como pon o encabezamento desta entrada Son Maratoniano cun tempo neto de 3h42m56s.
Running 03/11/2013 10:00  En Porto 9:00h.

Todo empezou fai dous anos que me plantexei facer unha maratona, xa tiña plan de adestramento e compañeiro para facer os adestros, o meu amigo Horacio, pero todo se chafou pois se deixou de organizar a Maratona de Ourense. Sí esa ía ser a miña primeira incursión nesta distancia pero en eso quedou, en nada.

O tema enfriose pois xa non adestraba con regularidade. Ata que neste verán rondabame pola idea retomar a idea de facer a maratona. Agora so tiña que buscar compañeiros que quixeran afrontar este novo reto. E so foi plantexalo, Fon estaba decidido, Carlos faltaballe o empuxón, e Xose nada pois tamén ía preparar a Maratona de Valencia, entón xa non podía ser. Pero por unhas cousas e outras o final Xose foi da partida en Porto. Non me esquezo de Bruno que foi o máximo instigador nesta andanza, pois foi o que puxo todo en marcha e organizar viaxe e hotel, moitas grazas compañeiro de equipo e de habitación.

Comenzabamos cun plan de adestramentos por chamalo dalgunha maneira híbrido, pois era unha mezcla de preparacion para a Media de Pontevedra e o mesmo tempo complemento para Maratona de Porto. Tiña unha duración de 13 semanas (vexanse entradas antigas).
Empecei con ilusión e o mesmo tempo incertidumbre polo descoñecido, esos 42.195mts. Nunca fixera esa distancia e nunca adestrara tantos días. Todo ía ser novo para min.
Non empecei ben, pois a semana de adestramentos tiven unha elongación do femoral que me tivo parado unha semana, xa me saltei os primeiros adestramentos de carga que son moi importantes. Dixenme eu, non pasa nada, mellor agora o principio que no final.
Fun tirando como puiden pois tiña que voltar a empezar a coller o ritmo e con medo de que se reproducise esa lesión, non foi así e puiden adestrar con normalidade. Os adestros ata mediados de Setembro foron cos compis, sempre mellor acompañado que so, pois costa un montón correr so e máis nestes tipos de adestramentos. Os largos dominicais tocabame facelos so en Ribadavia ata Leiro e volta aprox. E a partires de mediados de Setembro adestrei so, algunha vez co grupo pero case sempre so.
Todo ía encarrilado a non ser por unhas molestias no aductor que non lle din moita importancia, facía estiramentos e non ía a máis, ata que non puiden,  a dor acentuabase e non me permitía correr en condicións. A decisión de ir o fisio foi moi acertada, de non facelo ou facelo máis tarde, perxudicariame en exceso ata o punto de parar e non poder correr.
Juan (fisio) o principio tratoume por as molestias do aductor e o phoas pero non ía mellor, saía ben pero o día seguinte voltaba a estar cargado e de novo con molestias para voltar a correr. O final atopou o mal, tiña Pubalxia. Con todo esto a duas semanas da proba estaba que mordía pois todos os adestramentos ían ir o traste. Metinme nas mans de Juan, cos seus tratamentos, exercicios que facía na casa e estiramentos, e estar na neveira a última semana, sería suficientes para chegar a meta?

Ala nos vamos para Porto, Bruno,Carlos, Fon e máis eu. Xose e muller xa foron pola mañan para recoñecer o terreo e recoller os dorsais.
Despois de comer, dirección Porto, menudo día, non parou de chover en toda a viaxe. Primeira parada no hotel a deixar as mochilas e acto seguido diriximonos a Exporunning a ver o ambente que se respiraba e de paso aproveitar para mercar unha medias compresoras que me quedaron na casa, non por moito repasar a mochila te vas a deixar algo atrás, e así foi.
Deixou de chover e voltamos, para dar unha volta e ir de compritas a un centro comercial pegado o noso hotel. Ceamos alí unhas pizzas coa compañia añadida de Rubenegui e Novoa, compañeiros de Ourense dos Afiadores e a muller de Xose.
Despois fomonos a durmir e coa sorte que televisaban o Sevilla-Celta con resultado favorable 0-1, menos mal.
A noite paseina máis ou menos pensando no día seguinte e o reto que me esperaba.
Non tiña nervos cousa rara en min, pois sempre tes ese gusanillo que ronda antes de empezar unha proba pero extrañamente non foi así.
Desexei sorte a todos e 42,195mts me esperaban ata meta.

O resto queda para min...

Tan so decir que foi unha experiencia inolvidable e moi recomendable, aínda que sexa unha vez como vai ser o meu caso, a non ser que se faga unha en Vigo ou me toque a primi e me vaia a NY.

Tamén darlle a gracias a tódolos familiares e amigos que cos seus mensaxes me deron ánimos.

Para rematar non me esquezo da miña pequena e muller que cando cheguei a casa abrazaronme como si viñera de conquistar a lúa,

Gracias, gracias, gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario