domingo, 30 de mayo de 2010

Cronica de Gondomar

Camiño de Gondomar pola autopista, chispea un pouquiño, digome como cambia o conto con respeto o ano pasado. Penso que so será un momento que tampouco me apetecia moito unha carreira pasada por auga, así foi, pouca cousa.
Consigo atopar sitio no parking do Pavillon, bo sitio xa que alí estan as duchas.
Derixome a procura do dorsal e a ese chip novedoso tipo chapiña de congreso.

Imos tomar un refrixerio e sen moitas gañas dirixome ata a liña de saída para quentar un pouco e estirar menos, bo quedan dez quilometros e xa terei tempo de quecer.
Moi bo ambente como sempre nesta proba, a verdade que as voltas que se dan no pobo vas voando, e así foi xa que nas duas voltas no casco urban fixen pouquiño máis de 4m/qm e no terceiro qm. saíndo do pobo a 4.10, ía moi ben pero o de sempre, ó non levar a ningunha referencia coñecida e o temor a ter un baixon, a mor diso fun decrecendo iso si mantendo ritmo de 4.30 aprox. O tempo si que axudou moito xa que non se parecía en nada ó do ano pasado, temperatura agradable arredor de 20º, de vez en cando saía un raiño de sol, pero case sempre estivo encapotado.

Despois de afrontar os dous repeitos situados entre os qms. 4 e 5 (avituallamento), baixada de cara a estrada xeral e todo chan ata a meta iso sí pasando como costume pola duchas situadas nunha fabrica de pedra, refrescarse que ven ben.
Tan so quedan pouco máis de tres qms e hai que apretar os dentes e quitar todo ó que queda dentro si queda algo claro. Voltase a entrar no pobo e cos animos da xente faise máis levadeiro eses ultimos metros que tanto costan de chegar a meta.
Obxetivo cumprido, e porque non decir contento, xa que cos entrenos que se fan non se pode quitar máis.

Saudos a todos os compañeiros de entreno Camilo, Fon e Agueda e os demas correcolegas do foro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario