lunes, 10 de mayo de 2010

Menuda embarrada en O Pino

O día non prometía nada metereolóxicamente cando saímos de Vigo pois caía a caldeiros e efectivamente poñiase máis fastidiado canto mais nos acercabamos a Santiago.

Neste caso fun o copi de Fon e ala nos vamos O Pino, a miña primeira participación nesta carreira que ten tanta sona e unha participación espectacular de grandes nomes do atletismo actual, so hai que ver a clasificación dos cinco primeiros, e tamen en feminas.

Despois de saudar a correcolegas habituais do foro e tomar un te verde para quecer un pouquiño por dentro porque a temperatura era relativamente baixa, quentamos un pouco as pernas e sin tempo a estirar colocamos xusto debaixo do arco inchable, nos seu postos e saída.

Carreira pasada por auga todo o tempo, e eu infeliz que pensaba que era todo asfalto cando me atopo con camiños de terra, ben digo eu:" non pasa nada" pero cando nos metemos polo monte estaba todo embarrado e cun charcos que mais ben parecían lagoas, na miña vida, pensaba eu que ía estar seco, me deus.

Con todo isto teño que decir que non o pasei tan ben correndo ata esta carreira, foi moi divertida e o mesmo tempo entretida, e cun bo ambente a pesar do tempo. A organización estivo moi ben e ata daban animos a todos os que pasabamos polos cruces para seguir e non desfalecer.

Saín con Fon, para ver si mantiña o seu ritmo que agora estase a poñer como unha moto, pero despois do primeiro quilometro deixoume eso si mantiñao visualmente controlado. Tentei marcar un ritmo adecuado para min e así foi, non forcei moito, ben tan so na meta que me metín un sprint con outro rapaz que pareciamos os primeiros en entrar en Meta. Contento pola carreira en si e con gañas de repetir para o vindeiro ano.

Clasificacions:
VII_CARREIRA_PEDESTRE_POPULAR_CONCELLO_DE_O_PINO_2010



O Pino, 08 Maio 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario