lunes, 24 de mayo de 2010

O tempo en Gondomar

Ola,
Achegase a data da celebración X Memorial Manuel Barros, e parece que este ano Don Lorenzo vai ir de vacacións a terras lonxanas, xa que en anos anteriores fixo acto de presencia e vaia que si quentou, todo líquido era pouco, sobor de todo no tramo final cando xa enfilamos a estrada de cara a Gondomar. O asfalto quente de darlle o sol durante todo o día e o que che cae na cachola fai unha mezcla terrible que hai que soportar aproximadamente 3 quilometros.
Desexo que este ano se cumpran os pronosticos a día de hoxe que son de 21º de temperatura máxima para o sábado, que xa lle chegan ben pero mellor que outros anos seguro.

O tempo en Gondomar

No hay comentarios:

Publicar un comentario