lunes, 25 de octubre de 2010

Hai as miñas perniñas

Antes de que se me esqueza, felicitar a toda a organización e voluntarios que fixeron unha gran labor para ter a todos o corredores entre algodons e moi ben atendidos en todo momento, nos avituallamentos, na recollida de dorsais, na charla, etc....
Tamén a xente do pobo pola sua amabilidade.

Pola miña banda contento, ou contentísimo, non pola marca feita pero si por terminar esta I Media Carreira que como ben din os compañeiros foi moi dura , imaxinadevos como sería a Carreira. Sen ningun entrenamento específico de montaña nin os qms necesarios como para afrontar esta proba en condicions, nos poñemos na liña de saída, seríamos uns 90 inscritos na Media Carreira, pasamos o control de saída, e como eramos tan poucos casi estou na banda de saída ata parecía importante e todo, silbato e para arriba, todo asfalto ata as aforas do pobo e desvío a esquerda xa por monte que non abandorariamos ata a chegada en meta no Concello.

Aproximadamente ata o qm4 todo baixada e algunhas moi perigosas, e pronunciadas, que si votabas un pé fora do sendeiro non o contabas , empezamos a subida cos cuadriceps cargadísimos, a partires do qm4 xa o terreo picaba para arriba do lindo entre carballos frondosos, non tiñamos a perspectiva do que tiñamos por encima, sabía que eran aprox. cinco qms pero non tan duros non non, andiven un monton de veces pois non me era posible correr non sei si por falta de entreno ou o terreo.
Parei en todolos avituallamentos para repostar un pouco porque de verdade si que se necesita. Cando vin o ceo dixenme xa estamos no alto, parecía que saíamos dunha cova.A partires do alto terreo chan ata atoparse outra vez con unha baixa espectacular o caron do Canon do Sil pero sen cuadriceps non se podía disfrutar e fun como pisando ovos, que sensación tan estrana e dolorosa o mesmo tempo cada pisada era un golpe na perna .
Terminada a baixada tocaba a subida e que subida, uns 400mts cun desnivel de 80m, vertical de todo, agarrabaste a todo o que había no chan para poder ascender, como volo conto. Coronado este porto de montaña xa tan só quedaban aprox. 2.5qm que foron un continuo tobogan, as forzas xa eran limitadas e tan so tentei dosificar para poder chegar a meta en condicions.Entrada en meta con gran satisfación e dor de pernas .


Con todo isto, voltarei a repetir outra vez para o ano.


P.d. Parabens a Montxo e Home de Nejro por disputar a Carreira.
Saudos a Fonvigo, Santiaguiño, Lois, Xabi, Chema, etc.....


Clasificacións: IV_CARREIRA_DO_SIL_-_I_MEDIA_DO_SIL_2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario