miércoles, 13 de octubre de 2010



A Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo organiza a V Carreira Popular
Vigo+11 baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces.

Data: 17 de outubro de 2010

Saída e Meta: rúa Concepción Areal - Hotel Ciudad de Vigo.

Avituallamento para todos os participantes na Praza da Industria esquina rúa Tomás A. Alonso
e na rúa Venezuela antes de El Corte Ingles.

Inscricións: Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, cubrindo
o Boletín de Inscrición en El Corte Inglés de Vigo, Departamento de Deportes - Planta 6ª, de
11.00 a 21.00 h., ou a través da web www.championchipnorte.com (resta opción
só para a carreira absoluta, xuvenil incluida).

Cuota: 5€, excepto as categorías: Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete. Poderá abonarse ó
facer a inscrición en El Corte Inglés ou a través da web na pasarela segura de pago. O que non
finalice o proceso de pago, non quedará inscrito. Poderase confirmar a correcta inscrición pola
web de forma inmediata, se aparece nos listados publicados, tamén recibirá un correo de
confirmación de inscrición na conta que configuren como usuario, e ademais de poder
descargalo desde a súa conta.

Prazo de inscrición: Ata o día 13 de outubro. Non admitindo ningunha inscrición fóra de
prazo. Na web ata as 00.00 horas e en El Corte Inglés de Vigo ata as 21.00 h.

Entrega de dorsais e chips: Efectuarase en El Corte Inglés de Vigo o día 16 de outubro, desde
as 11.00 ás 14.00 horas e desde as 17.00 ás 21.00 horas, na planta 6ª e o día da Carreira na
línea de meta das 8.30 ata as 10.00 horas.

Premios:
- Categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete: 1º clasificados en cada categoría
recibirán un trofeo, 2º clasificados medalla de prata e 3º clasificados medalla de bronce, tanto
masculino coma feminino.
- Resto das categorías: trofeos aos tres primeiros clasificados, tanto masculino coma
feminino.
Haberá dúas Metas Volantes (para ter opción aos mesmos, terán que entrar na meta entre os 8
primeiros da xeral)..
- Tarxeta regalo El Corte Inglés: 300 € ao primeiro e á primeira en pasar.
- Caixanova: 300 € ao primeiro e á primeira en pasar.

A proba está incluida no circuíto de carreiras populares Concello de Vigo.
O día da carreira, os participantes deberán levar o dorsal no peito e o chip ben fixados e
visibles. Na chegada á meta, os participantes deberán facer entrega do chip. Os participantes
da carreira absoluta (os que abonaron os 5 €) recibirán unha camiseta técnica. As categorías
menores recibirán un agasallo.

Categorías, distancia e saídas:

-Benxamíns (nados no 02/03) e Alevins (Nados no 99/00), 2 km, 10.30 h.
-Infantil (nados no 97/98) e Cadete (nados 95/96), 3 km, 10.45 h.
-Xuvenís (nados no 93/94)m 11 km, 11.11 h.
-Junior (nados no 91/92)m 11 km, 11.11 h.
-Promesa (nados no 88/ 89 e 90)m 11 km, 11.11 h.
-Senior (nados no 87/71)m 11 km, 11.11 h.
-Veteráns I (nados no 40/44)m 11 km, 11.11 h.
-Veteráns II (nados no 45/49)m 11 km, 11.11 h.
-Veteráns III (nados no 50/60)m 11 km, 11.11 h.
-Veteráns IV (61 en adiante) 11 km, 11.11 h.

1 comentario: