miércoles, 26 de enero de 2011

Crónica Cross de Boborás



Todo prometía unha mañan fria fria, e en certo modo non nos defraudou, polo camiño a Boborás na terra do Ribeiro o mercurio marcaba -4ºC case nada pero xa acercandonos o Concello de Boborás o ambente xa non era tan xeado e xa tiñamos 4ºC positivos.


Sen problemas para aparcar, pero si para recoller o dorsal xa había unha boa cola e iso que nos chegamos cedo, iso facto puxemono o sol porque a sombra pelaba de verdade, se non mirade que caretos, parecemos os catro magnificos jeje (Horacio, Carlos, Juan, Alfonso).


Tentamos quecer un pouco antes da saída, trotanto a ritmo suave para non mancarnos, a espera da saída da prova, primeiro corren os rapaces en distintas categorias e logo tamén participan os Canicrosseiros que ten o seu merito a vez que é espectacular.


Saída prevista para as 11.15h pero cos retrasos da entrega de dorsais ( tema que teñen que mellorar para o ano que ven, unica pega que se lle pode agravar a organización que o resto de un dez para arriba). Indicannos por megafonía que o percorrido variase do seu traxecto orixinal debido a que recortaron parte de asfalto para que fose case toda a prova por monte. O final a carreira quedou polo Gps en 7.630mts, percorrido orixinal eran 8.800mts.

Comentabase na saída que había unha boa petada polo qm3 pero cos recortes imaxineime que ía ser antes, como así foi, colleunos a todos un pouco fríos, e máis a min que tiña as pernas moi cargadas e pouco finas para a carreira.

Terreo moi bo e moi rapido para quen estivera en forma, defeito o primeiro penso que baixou de 4m/qm.

Tan so faltaban 300mts para a meta, aínda tiña folgos para adiantar, graciñas Xandra pola foto.


2 comentarios:

  1. A verdade e que foi duriña, xa que en estas distancias todo o mundo sae co cuchillo nos dentes, e moitos deixamonos arrastrar detras de ese ritmo...Bueno, xa sabes o que din, o que non mata fainos mais fortes...

    ResponderEliminar