lunes, 31 de enero de 2011

MMP en Media Maratón

Pois tivo que ser no extranxeiro, non tan lonxe como pensades, so foi cruzar a "raia", en Viana do Castelo (Portugal) país irman, donde mellorei a miña mellor marca en Media Maratón.

Foi na XIII Meia Maratona Manuela Machado en Viana do Castelo.

Pois o xoves non as tiña todas conmigo incluso o participar na carreira, xa que tiven uns problemas case o final dos adestramentos e non os puiden rematar, uns pinchazos nas almohadillas do pe dereito e un sobrequecemento na mesma zona, menos mal que o venres tiña xa vez co fisio e fixome unha masaxe, menos mal que en principio e polo de agora non era "fascitis plantar".
De todos xeitos o Domingo non me pasaran de todos as dores, e ia moi presionado polo feito de non poder sair e no peor dos casos non rematala.

Mañan fría en Viana arredor de 4ºC e non tiñamos claro se manga corta ou longa pero despois do quecemento no parking quedou claro que manga corta porque suaba por todolos lados, saimos do parking a toda leche de cara a liña de saída que xa estaba colapsada, intentamos achegarnos o máis preto da saída e non o final como estabamos.

Saída tranquila, por unha zona non moi bonita por certo, por autovia, percorrido de ida e volta. Eso sí había xente por todo o percorrido non moi animosos pero si que axudaba a que a prova non fose deslucida. A Organización por certo estivo brilante, recollida dorsais, boy scouts en todo o percorrido, bolsa corredor, todo ben.
Sensacions en toda a carreira boas, notabame ben sen agobios sen forzar, bo ritmo de pernas e respiración. Eso si os dous ultimos quilometros foron eternos, cun pequeno repunte a partires do qm19 e unha longa recta antes de afrontar a liña de meta que se facía eterna e infinita.

Contento pero o mesmo tempo contrariado, porque me notei ben e sen forzar o máximo que cansado cheguei de verdade, poderei baixar este tempo? Próximo capítulo Vig-Bay 2011.

Gracias pola foto Safardaxto

Ah, esqueciame o máis importante o tempo, polo meu trebello 1h34m32s, e o tempo oficial foi de 1h3507s.


RESULTADOS
FOTOS

No hay comentarios:

Publicar un comentario