domingo, 27 de febrero de 2011

Contento pero a medias, obxetivo non cumprido.

Pois o obxetivo a priori era tentar baixar dos 40min. nos 10qms da Interrunning Piñeiro pero neso quedouse.

A prova é a idonea para facer marca, xa que o percorrido é totalmente chan o unico inconvinte é que o circuito hai que darlle tres voltas e faise un pouco estresante.
O día era propicio, percorrido chan, bo ambente, bo tempo e en principio boas sensacións.

Contaba coa axuda inestimable do meu compañeiro e amigo de adestramentos Horacio, moitas gracias eso si que no ten prezo, para facerme de lebre. E cumpriu moi ben ate que o menda non deu máis de si, falloume a caixa, penso que o tempo a conquerir era moi optimista visto o resultado e agora poñome a pensar que tamén non teño os suficientes días necesarios de adestramentos para afrontar esa marca.
De todolos xeitos tentarei afrontar de novo ese obxetivo ou acercarme o maximo posible para a carreira de Xinzo, por iste ano.

De todolos xeito voltei a conseguir mellorar a miña MMP nun 10.000.

Agradecementos pola axuda na carreira a Horacio e Yonathan, e tamén nos adestramentos a Camilo e Xurxo.



CLASIFICACIÓNS INTERRUNNING PIÑEIRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario