lunes, 14 de febrero de 2011

Que bonito, que duro.

Recolleme Fon a eso das 9 e cuarto, cun temporal de morte, vento, frío e por riba na radio xa avisaran do temporal con alerta laranxa, a Moaña imos.

Despois de aparcar preto nun soportais, para cambiarnos despois da carreira e non mollarnos, somos previsores xa que tiñamos que sair na "llama" o rematar a prova.
Por moito que o tentei de non mollarme antes da carreira foi imposibel caiunos unha xusto de camiño o pavillón era o diluvio. Chegados o pavillón recollida de dorsal, charla cos amigos avituais das carreiras (Lois, Xabi, Pipe, Toledano, Ezeq, Alber...) e con xente da organización (Beauvais, Tara, Safardaxto...). Imonos cambiar, atamos os machos e voltamos o Pavillón, damos unha voltiñas dentro do mesmo e uns pequenos estiramentos, listos.

Saímos un pouco tarde por mor da entrega de dorsais, e ala imos, con todo isto non parou de chover, saída con choiva claro e o 90% da prova, primeiros metros por asfalto e xa encaramos pola senda que nos levaría de cara o Monte Faro onde estan as antenas de Domaio.

Sendeiro que obrigaba a ir como moito en fila de dous pero un no camiño e o outro fora pista, terreo en principio rapido pero moi perigoso.
Xa cando nos metemos por medio do bosque, engadimos as raices das arbores que obrigaban a manter todavía máis en alerta os sentidos pois case non había onde meter un pé sen sufrir un esbaron no mellor dos casos. Primeiro tramo sempre rodeando e cruzando un rio, moi bonito.

O desnivel iase incrementando ata atoparnos con verdadeiros muros, que obrigaban a pararse en seco e tomarse o tramo con calma pois correr non, non.
Chegamos a un alto, con pista en lixeira baixada, menudas vistas, impresionantes, a que altura estabamos e aínda nos quedaba outro muro vertical de infarto, antes de chegar as antenas cun previo de escaleiras para coroar o desnivel positivo, avituallamento e descenso ate Moaña.

Un minuto de relax e beber auga, e a tumbos costa abaixo, primeiras baixadas fáciles e rápidas pero esperabanos dous corta lumes de vertigo, técnicas pero que non obrigaban a pararse pero eran moi perigosas xa que había treitos enlamados.

Os últimos quilometros eran os mesmos polos que subimos polo tanto facedemos a idea da volta, terreo moi moi embarrado e máis perigoso xa que agora era costa abaixo e con máis auga e xa pasaran todolos galgos.
Moitas caídas, en principio so mazaduras e arañazos.

Moi contento coa miña participación na carreira coa impresión de poder dar un pouquiño máis nas subidas pero preferin ser conservador neste caso xa que todo indicaba que podía ter moitos boletos para sufrir algún tipo de percance.

Dar a miña noraboa a organización pola gran laboura e especial atención os corredores.

Clasificación I Trail Rio da Fraga

1 comentario:

  1. Tu blog está excelente, me encantaría enlazarte en mis sitios webs. Por mi parte te pediría un enlace hacia mis web y asi beneficiar ambos con mas visitas.

    me respondes a munekitacat19@hotmail.com

    besoss

    Catherine

    ResponderEliminar