viernes, 28 de octubre de 2011

35 Carreira Pedestre Popular SAN MARTIÑO

Regulamento xeral


1.- A saída da Carreira Absoluta darase na Ponte do Milenio ás 11.00 horas. A liña de meta estará situada no Pavillón dos Remedios.
2.- O percorrido será de 10.000m homologados pola RFEA. Proba oficial da FGA.

3.- Ao longo do percorrido, a Organización establecerá controis. O peche dos controis e dos avituallamentos quedan establecidos do seguinte xeito: o primeiro control pecha aos 5 minutos da saída, o segundo control pecha ás 11:45h, o terceiro control pecha ás 12:10h e o control de chegada pecha unha hora despois de que entre o primeiro corredor clasificado.

4.- O prazo de inscrición é desde o 13 ata o 31 de outubro. As inscricións realizaranse a través das páxinas web [www.ourense.es] e [www.championchipnorte.com] facendo constar todos os datos requiridos no procedemento de inscrición.A corrección de erros poderase facer durante o período de inscrición a través da páxina web e despois de pechar o prazo de inscrición o sábado previo á carreira na entrega e comprobación de chip, entre as 10 e as 20h.

5.- A recollida de chips (agás os que teñen chip en propiedade) e dorsais é o sábado día 5 desde as 10 ata as 20 horas na Cancha Central do Pavillón dos Remedios. Con carácter extraordinario poderanse recoller o domingo día 6 de 8 a 10 horas. . Os propietarios de chip amarillo poderán recoller o dorsal en puntos próximos ó seu domicilio.

6.- O chip entregado a cada participante deberá ser colocado nos cordóns das zapatillas antes de dar a saída, e deberá ser devolto tras a participación. Os corredores que non o leven non entrarán nas clasificacións.

7.- Segundo as normas de Competición da FGA autorízase a participación de atletasfederados “estranxeiros” con licenza pola Federación Galega de Atletismo. Se non teñen licenza pola FGA só se autorizará a súa participación se se trata de:- atletas portugueses, sempre e cando non foran internacionais polo seu país nos últimos 5 anos e nunha proba similar á que vai a participar.- atletas residentes en Galicia, que deberán xustificar con permiso de residencia ou traballo.En ambos casos o atleta debe ter permiso da Federación Nacional do seu país de acordo coa normativa IAFF e mostralo se fose requirido. O feito de inscribirse nesta carreira supón unha declaración responsable por parte do atleta de cumplir estes requisitos, aínda que se obtén un premio, deberá presentar a documentación que permita acreditar estes supostos nun prazo máximo de 5 días.

8.- Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

9.- Premios: Trofeos para o/a primeiro/a clasificado/a de cada categoría; camisetaspara todos os participantes que crucen a liña de meta co control aberto e que entreguen o chip, ata esgotar existencias.
Para optar ao premio de ourensáns, o atleta será nado ou empadroado na provincia de Ourense. Para optar ao premio de galegos, o atleta será nado ou empadroado en Galicia.Premio especial: 500€ polo récord da proba, tanto na categoría masculina como feminina (Homes: 28’49’’ ano 2010, Mulleres: 32’45’’ ano 2010). Os premios non son acumulables excepto o premio especial polo récord.

10.- A entrega de trofeos terá lugar ás 13 horas na cancha central do Pavillón dos Remedios e a entrega dos premios económicos nas oficinas do mesmo lugar.

11.- Para poder recoller os premios deberase xustificar documentalmente o ano de nacemento dos atletas, por medio do DNI os españois ou documento legal en vigor (pasaporte) os estranxeiros.

12.- Os participantes deberán situarse por detrás da liña de saída 15 minutos antes do comezo da proba, atendendo en todo momento, as indicacións da organización.Reservarase unha zona na saída para as mulleres. Reservaranse 200 postos para os/as atletas que acrediten as mellores marcas oficiais na distancia enviando un correo electrónico a deportes@ourense.es ata o día 6 de novembro cos seguintes datos: nome e apelidos, NIF, marca e evento en que foi realizada.

13.- Está prohibido o acompañamento dos participantes por vehículos de axuda.

14.- O percorrido estará sinalizado cada quilómetro.

15.- Esta proba pertencen ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores da FGA (Delegación de Ourense).

16.- As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.

17.- O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

18.- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar datos persoais e a suplantación de identidade.

19.- O feito de participar nesta carreira implica a aceptación deste regulamento e dá dereito á organización para poder facer uso das imaxes do evento para a súa utilización.

20.- Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas Normas de Competición da FGA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario