sábado, 30 de enero de 2010

¿Porque empezou esto de correr? Parte Two

Foi a primeira Vig-Bay con todalas suas dubidas, pero foi a mais bonita e gratificante, supoño que cando faga unha Maraton terei a mesma sensación de felicidade e satisfación por haber chegado a meta (premisa que nos marcamos na saída), non había esa inquedanza de que tempo farei a que ritmo e todas isas cousas que agora nos miden os reloxios gps para mellorar os nosos tempos de entrenos e carreiras.
Ata o día de hoxe xa van tres Vig-Bay e moitas carreiras por toda Galicia, unha que fixen en Madrid "The Human Race 10K" que foi espectacular pola cantidade de corredores, todos coa mesma camiseta e polo centro de Madrid sen coches, un ambientazo, pareciamos unha marea bermella (foto portada ficticia, pero o efecto era ise).
O ano pasado foi o mais productivo en canto a carreiras disputadas, e kms de entrenamentos, xa que o primeiro ano corrin so a Vig-Bay, no segundo a Vig-Bay a do Cuvi, Leiro e poucas mais.
Este ano vou seguir a senda do ano pasado, pensei que ia seleccionar un pouco mais as carreiras pero esto tira.
Estou a entrenar con un pouco de rigor, non so trotar, ou dar voltas sin ton nin son, agora ata fago series e farklet, a ver si con todo isto melloro os tempos e calidade das carreiras.

Vemonos nas Populares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario