domingo, 31 de enero de 2010

Entrenando en Castrelos

Pois como vos comentaba, agora entreno con un pouco de xeito, non todolos días que un quixera pero non da o tempo para todo, hai que compaxinar o traballo, a familia e o deporte (vicio) en este orden porque sinon mal andariamos.

Normalmente entreno en Castrelos cos meu colegiñas de fatigas cando coincidimos (vexase parrafo anterior), Camilo (personal trainer), Fon, Horacio e a rapaza do equipo Agueda, que é a que nos das alegrias deportivas. Sen olvidarme de meu irman que di que son un friki desto do correr.

Camilo máis eu, embarcamonos dun proxecto de entrenamento de cara a VigBay co firme proposito de chegar enteiros e vivos a Baiona e si se pode facer un bo tempo pois que mellor. Fixemos un planning de adestramento de dez semanas, para tres días a semana, os martes fartlek (con seu quecemento previo e posterior enfriamento e estiramentos), os xoves series e o outro día restante é libre (sabado ou domingo) de rodaxe como minimo unha hora de ruta.

Comenzamos o 2 de Febreiro con Fartlek, que duro por deus, e cada semana mais repeticions, a saber como acaberei o mes.
O 4 de Febreiro tiñamos series pero Camilo tiña un curso e eu presentación-xuntanza do equipo federado INTERRUNNING TEAM (proximo capitulo), xa nos saltamos un entreno, son cousas que non se poden evitar, hai que compaxinar.

Saudos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario