sábado, 30 de enero de 2010

¿Porque empezou esto de correr? Parte One

Erase unha vez...fai catro anos...
A historia de empezar a correr(ó principio a trotar), naceu un día que estabamos eu mais o meu irman en Samil tomando unhas birras alo polo final do veran. ¿Porque non facemos algo de exercicio pola semana despois do traballo? Pois porque non.
Ben él xa facía deporte pero eu esporadicamente Mountainbike os finde, e decidimos anotarnos no Ximnasio, a raiz de ahi coñecemos a xente que practicaba running e entrounos o gusanillo, dende enton empezamos a correr, mais ben pouco. Ainda que fixeramos outros deportes notabase que correr é outra historia, saiamos un dia por semana ou dous como maximo.
Pero decisión e gañas non nos faltaba, iso sin unha pequena desconfianza ou temor de como nos atopariamos, si estariamos listos ou medianamente preparados para o noso primeiro acontecemento a VIG-BAY, sí a nosa primeira carreira foi a Vig-Bay non un 5k ou un 10k, nada mais e nada menos que unha media.

continuará...

No hay comentarios:

Publicar un comentario