lunes, 5 de abril de 2010

Carreira de Pascua de Padrón 2010, 03 Abril

Primeira vez que participo nesta carreira, aínda que o ano pasado xa corrín a Carreira Popular de Padrón que transcurre ó caron do rio.
Nesta non tiña ni idea do percorrido nin do perfil si a distancia 13300mts, so sei que transcurre por fora do pobo polo rural, a ver que tal se me da, é unha distancia un pouco longa pero moi boa para facer unha proba de como podo ir na VigBay.

Día pouco apetecible para sair da cama e menos para unha carreira pero xa que estabamos anotados ala vou, tiña o día unha cara de can que vos vou decir, frío, chuvia e un perfil con continuos subes e baixas, que con todo ó final da carreira fixeronse notar.

Fixen un pequeno quecemento no Parque de Matias con Pipe, despois atopeime con Poeta e un compañeiro seu, estivemos falando do percorrido, do perfil e como debería afrontalo, tiña que dalo todo ou polo menos intentar marcar un ritmo moi similar o que tivera pensado facer na MM VigBay. Non me deu tempo nin tan xiquera a facer algun estiramento, colocome no peloton para a saída e ala vamos. Saio con algun compoñente dos CARMA durante uns qms pero non me atopo ben de ritmo durante a carreira e descolgome do grupo, uns por diante e outro por detras, que conste que tampouco me atopaba ben de sensacions xa antes da saída. Intentei marcar un ritmo levadeiro sen forzar porque tampouco tiña ningunha referencia valida, xa que os colegas de entrenos fixeronme a Pascua e non veu ningun.
Como xa dixen frío, chuvia en duas ocasions que nos deixaron ben empapados, as zapatillas pesaban algo máis da conta, continuas subidas e baixadas, xiros. Na metada da carreira xa pedia papas e o que me quedaba, tocaba sufrir. Chegada a meta co meu habitual sprint, repostaxe con chocolatiño quente, unha galleta e Aquarius, atopeime con Pache, cambiamos impresions da carreira, xa facía tempo que non nos atopabamos nas Populares e quedamos para a Kdda da VigBay a ver si é posible xa que ahí non atopas a ninguen.
En resumen boa proba para preparación de cara a VigBay, boa organización e si se pode para o ano que ben tentaremos repetir.






Clasificacions...http://www.championchipnorte.com/externos/20100403140852_XXXI_CARRERA_DE_PASCUA_DE_PADRON_2010/ADULTOS_5.htm
Fotos...http://picasaweb.google.es/mauxicass/CarreraPascuaPadron2010#
http://picasaweb.google.es/xrcarril/PadronPascoa2010?feat=directlink#
http://picasaweb.google.es/mayufotos/CarreraPascuaPadron2010#
http://fotos.correrengalicia.es/2010/pascua-padron/primera-parte/
http://fotos.correrengalicia.es/2010/pascua-padron/segunda-parte/

No hay comentarios:

Publicar un comentario