jueves, 8 de abril de 2010

VIG-BAY 2010


Non quixera comenzar esta crónica sen agradecer en primeiro lugar os meus correcolegas de Castrelos e a meu irman o seu apoio e animo, compartir con eles tantos días de duros adestramentos, ben algun día. Sin eles non sería posible chegar a data sinalada, formar parte desa gran marea de corredores que nos xuntaremos o Domingo.
Esta será a miña cuarta participación na proba, carreira que teño sempre marcada no calendario en MAIUSCULAS por ser a primeira na que participei no mundo das populares, e gardo un gran recordo, a verdade que ó pasei moi ben e disfrutei un montón, tanto polo ambente como pola paisaxe que é espectacular.

Esta edición para min empezou ala polo mes de Xaneiro cando lle comentei a Camilo, quen sufriu conmigo os adestramentos, si podía facer unha tabla semanal de rodaxes e series para afrontar a Vig-Bay en condicions optimas. Plantexou un plan de adestramento de dez semanas (descrición en entradas anteriores), con dous días de series curtas e largas, e rodaxes cortos, e un día de rodaxe longo que viña cadrando en Sabado ou Domingo. Ate a septima semana mantivemos o planning semanal pero a partires de ahí desinflamonos un pouco, polo tempo polos festivos, deixamonos ir, mal feito. Tamen íamos ben en series pero non en rodaxes longos xa que os finde non os facíamos e porque tamen coincidían con Carreiras Populares, e decanteime por facer algunha rodaxe longa nestas últimas semanas porque senon non chegabamos nin a Praia America.

Non hai escusas, o que se fixo xa está e non ten volta atrás, e así é como imos sair de cara a Baiona con todalas suas consecuencias, que non haxa ningun contratempo, xa que o tempo vai estar soleado, espero que non faga moita calor.

Sorte para todos.

Crónica dun día anunciado:
Tódolos pronosticos fixeronse realidade e amenceu soleado e caluroso o día da carreira, non me gusta nada correr con calor pero non quedaba outra, valor e afrontala.
Chegamos as 9:30 aprox. a Samil, Xurxo(meu irman), Oscar(compañeiro do ximnasio) e o cronista, aparcamos e diriximos a quedada do equipo de running do ximnasio para quitar a foto de rigor para quedar inmortalizados no taboeiro do xim, todos vestidiños de azuis, a verdade que saímos guapos. Tamen quedei cos correcolegas do equipo Los Desconocidos (Correr en Galicia), sintoo Poeta que non poideras sair na foto, non te atopamos a tempo, aínda que te poiden saudar. Tamen saíron na foto Xurxo e Fon, onde estabas Camilo (xa saíras eh...).




Quentar pouco quentei porque "Lorenzo" xa apretaba do lindo e tampouco era necesario derretirse xa na saída, os saudos eran continuos os coñecidos de tantas e tantas Populares, chamada para dispoñerse a sair, xa perdín de vista a maioría dos colegas do equipo, quedome co meu irman, e adentramonos para maís ou menos situarnos nunha posición adecuada o noso tempo xa que así esta marcada cuns taboleiros, mentras nos adiantabamonos máis saudos, pistoletazo de saída e destino Baiona, desexamonos sorte.
Comenzamos a bo ritmo si novidade salientable, a non ser que non parabamos de adiantar a corredores que ian parados ou casi parados, lamentable a pouca conciencia de moitos de non posicionarse dentro dos respectivos caixons de saída correspondentes os seus tempos.

Case dando a volta no Public vemos a Horacio e Camilo de cara, xa nos quitaban uns bos metros, pasando por contrameta adiantamos a Fon e Homedenejro, mantiñamos ritmo de 4'30, sen problemas, atacamos a "subidiña" da ponte do Lagares e diriximos ó primeiro avituallamento, xa notaba certo calor porque eu non soio beber tan cedo pero niste caso xa mollei a boca, despois de subir a costa de canido con dirección o primeiro avituallamento de BOB ESPONXAS, o tema calor xa se agravaba exponencialmente, buscabamos a sombras desesperadamente, con todo pasamos decentemente os 10qms a 47'50", non era o noso tempo xa que tiñamos pensado pasar como máximo entre 46' e 45', intentamos tirar un pouco para recuperar esos minutos pero de momento non é posible, pasados uns quilometros meu irman dime que non pode que se lle esta cargando a espalda leva unha semana con antibioticos, tiro pensando que estaba aumentando o ritmo cal é a miña sorpresa que non é tal.
O ritmo disminue a 4'40, meu irman quedase atras con fortes dores eu sigo pero as sensacions non son boas, bebo en todolos pasos e collo Bob Esponxas tamén, nada me é suficiente para paliar esa calor, incluso na baixada da Praia America diviso a un rapaz que tiña unha botella de líquido, pídolle que me de un trago de auga, o rapaz quedou asustado, menuda cara debía ter, o pai dime: "é auga con limon e azucar", bebín un bo trago e seguín.
Outro ano que o paso mal no tramo de Praia America, a non ser polas animadoras que estaban a mitade da praia animando o cotarro, e a xente que sempre te leva en voandas, menos mal.


Ritmo descendendo 4'45 ou 4'50 e paso por Ramallosa ateigada de xente como sempre espectacular, collo Bob Esponxas a pares penso que é a solución para mitigar a calor pero o que consigo é solucionar algo a calor pero mollarme todo, camiseta empapada, zapatillas encharcadas, xa non tiña forzas e agora peso máis, socorro.

Empeza o peor tramo de toda a carreira, xa que quedan poucos quilometros pero son os que costa máis levalos, so desexo rematar, os ritmos que decirvos, hai picos de incluso 6'20", xa dende Praia America adiantanme corredores pero dende Ramallosa pasanme a manadas, non teño capacidade de reacción, as pernas pesanme moito, non teño calambres nin pinchazos é unha sensación que nunca tivera, e tan só o que penso é que quero chegar, ver a Meta.

Por fin en Baiona, que día tan estupendo e soleado, xente na praia, idílico, pero que mal día para correr para min.


Chegada a meta tempo real 1h43m29s. Tempo neto 1h42m30s. Mirade que cara eh!

Non mellorei o tempo do ano pasado pero visto outros tempos. Outro ano será.

Gracias Xurxo, Camilo, Fon, Horacio e Agueda.


Clasificacións...http://www.championchipnorte.com/externos/20100412113825_XI_MEDIA_MARATON_VIG-BAY_2010/vb2010.htm

1 comentario:

  1. graciñas a ti irmanciño, seguro que o faremos moito mellor no 2011 (nunca se sabe).

    ResponderEliminar