jueves, 29 de abril de 2010

V CARREIRA AS AGÜIÑAS - O PORRIÑO


Despois da Vig-Bay presentaseme a oportunidade de participar noutra popular, esta sería a miña primeira vez na sua quinta edición.
Teño moi bo recordo desta Asociación Veciñal A Forna, xa que dende alí sae tamen unha marcha BTT impresionante, con moi bo ambente e unha degustación final de comida a fartar, supoño que tamen os organizadores da Carreira Popular estan a altura, segun comentarios doutras edicions todos quedaron contentos.
Si non hai problemas estarei na liña de saida.
Deixovos datos, quitados da web de atletismopor, gracias.

Club Atletismo Porriño
Casa Cultural A Forna s/n. 36475 Porriño. CIF: G-36.320.380..
Móv: 649700232 Email:
atletismopor@terra.es

REGULAMENTO DA V CARREIRA AS AGÜIÑAS - O PORRIÑO

1-O Club Atletismo Porriño coa colaboración do Excmo. Concello de O Porriño, organiza a
“V CARREIRA AS AGÜIÑAS”, que se celebrará o día 9 de maio de 2010, a partires
das 10:00 horas, no Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.
2-Poderán participar tódalas persoas estén ou non federadas, aqueles que non teñan
Licencia Federativa ou seguro deportivo (escolares) están cubertos polo seguro do que
dispón a organización. Poderán participar tamén atletas portugueses.
3-As inscricións faranse a través da páxina web www.atletismopor.com , ata o día 5 de
maio. As inscricións son de balde, non admitíndose inscricións fora de prazo nin no
mesmo día da proba.

http://www.atletismopor.com/atletismopor/index.php?option=com_content&view=category&layout=blog&id=12&Itemid=24
4-A organización no se responsabiliza dos danos morais ou físicos ocasionados na
participación da proba.
5-Todo atleta, polo simple feito de participar, acepta todo o reflexado neste regulamento.
6-Os dorsais serán entregados pola organización ata media hora antes do comezo de cada
proba na secretaría, que estará ubicada nas instalacións de atletismo sitas no mesmo
Polígono Industrial de A Granxa, no Concello de O Porriño.
7- Entregaranse trofeos ós 5 primeiros na categoría de menores, e ós tres primeiros a
partir de xuvenís, incluídos estes, en ambos sexos. A entrega de trofeos realizarase unha
vez finalizadas tódalas carreiras.
8-PREMIOS: Ós gañadores da carreira absoluta, home e muller, e independentemente da
categoría na que corran, recibirán un lacón. Unha vez finalizada a entrega de trofeos,
sortearase UNHA BICICLETA entre os atletas das categorías menores. Para poder recollelo
premio, será condición sine qua non a presencia física do atleta en cuestión,
sorteándose de novo o agasallo caso de non estar presente.
9-A proba estará controlada por xuíces da Federación Galega de Atletismo da Delegación
de Vigo. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados. Se son desestimadas por
este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 euros
ao Xurado de Apelación. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas
normas de Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
10- Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo
o circuito da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais.
11- Os atletas deben situarse na Cámara de Chamadas, para control de dorsais, como
máximo 10 minutos antes do inicio de cada proba, puidendo ser descualificados de non
cumprir esta norma. Pola megafonía da Organización iránse dando oportunas indicacións ó
respecto.
12.- Orde de saída e horarios
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIA HORA
CADETE HOMES 95-96 2.578 m 10:00
CADETE MULLERES 95-96 2.014 m 10:15
INFANTIL HOMES 97-98 2.014 m 10:25
INFANTIL MULLERES 97-98 1.634 m 10:35
ALEVIN HOMES 99-00 1.634 m 10:45
ALEVIN MULLERES 99-00 1.284 m 10:55
BENXAMÍN MULLERES 01-02 730 m 11:05
BENXAMÍN HOMES 01-02 730 m 11:15
ABSOLUTA (6.770 m): 11:30
* XUVENIL 93-94
* XUNIOR 91-92
* PROMESA 88-89-90
* SENIOR 87-Ata os 35 anos (sen cumprir, ata 08/05/75)
* VETERÁN A, 35-39 anos
B, 40-44 anos
C, 45-49 anos
D De 50 anos en adiante (Nados a partires de 09/05/60)
PREBENXAMÍN MULLERES 03-04 400 m 12:15
PREBENXAMÍN HOMES 03-04 400 m 12:20
PITUFOS MULLERES 05-06-07 150 m 12:25
PITUFOS HOMES 05-06-07 150 m 12:30


ENTREGA DE TROFEOS E SORTEO DE AGASALLOS: 13:00
Club Atletismo Porriño Federación Galega de Atletismo

No hay comentarios:

Publicar un comentario