lunes, 9 de mayo de 2011

Desafio Solidario San Mamede 2011

A organización deste evento solidario ten como obxectivo principal recadar fondos para o PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE E/OU DEPENDENCIA.Coa a inscrición neste evento solidario estarás colaborando coas persoas que presenten dificultades de movilidade e cos fondos obtidos mercaranse axudas técnicas (andadores, sillas de rodas, etc...) para que estas persoas poidan disfrutar dunha calidade de vida digna.Este Desafío Solidario lévate a coñecer os diferentes pobos enclavados ó pé da Serra de San Mamede, percorrendo paisaxes de gran beleza por un entorno natural pouco coñecido. Asemade pretendemos promocionar un estilo de vida saúdable fomentando a práctica deportiva.

REGLAMENTO
1. O domingo 15 de maio de 2011 darase a saída dende a praza onde está ubicado o centro social de Castro de Escuadro , dentro do Concello de Maceda (Ourense), baixo o presente reglamento. O horario das diferentes probas será o seguinte:

8:30 h para a modalidade ANDAINA
10:00 h para a modalidade CARREIRA e BTT

2. A proba celebrarase sobre os seguintes percorridos:

ANDAINA: percorrido de aprox 21,5 km, coa posibilidade facer o percorrido curto de aprox 15 km.
CARREIRA: percorrido de aprox 21,5 km.BTT: percorrido de aprox 40 km.

3. CATEGORÍAS: Podrán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos no momento de realizala inscrición na proba.Dado o carácter solidario do evento, soamente se ortogorá un trofeo conmemorativo ós gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento solidario (ANDAINA, CARREIRA e BTT).

4. INSCRICIÓNS: poderanse realizar dende o xoves día 7 de abril de 2011 a partir das 12:00 h ata as 00:00 do mércores día 11 de maio de 2011. Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba nin se admitirán inscricións posteriores ó remate do prazo de inscricións. As inscricións realizaranse online a través da web: www.via18.es, cubrindo o formulario de inscrición e posteriormente realizando o pago dos 10 € da cuota de inscrición na seguinte entidade bancaria: BANCO PASTOR 0072-0301-67-0000129628, indicando nome, apelidos, dni e modalidade (ANDAINA, CARREIRA ou BTT) na que desexa participar.Semanalmente a organización publicará o listado dos inscritos en cada unha das modalidades nesta web: www.via18.esUnha inscrición non se considerará oficialmente realizada ata que non se comprobe o pago da cuota de inscrición fixado pola organización para este evento, o formulario de inscrición cuberto sen o pago da cuota de inscrición dentro do prazo establecido non conformará a inscrición no evento.
5. PREZO: O importe da inscrición para as diferentes modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) é de 10 € (5 € en concepto de donativo que se destinarán ó PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE PRODUCTOS DE APOIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE OU DEPEDENCIA levado a cabo por CRUZ VERMELLA e os 5 € restantes destinaranse a sufragar os gastos que ocasiona a organización do evento).A cuota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, guardarroupa, duchas, comida postcarreira e cantos regalos consiga a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROIS: Os percorridos estarán señalizados con balizas de cor laranxa para as modalidades de ANDAINA e CARREIRA e de cor verde para a modalide de BTT, sendo obligatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias kilométricas nalgúns controis.
7. TEMPOS DE PASO: os participantes que sobrepasen 1 hora 15 minutos no alto do camiño dos carboeiros para a modalidade carreira serán desviados polo percorrido curto da Andaina pasando ós últimos postos da clasificacion xeral desta proba xa que nin a organización nin os servizos de asistencia poden garantizar a súa cobertura.Os participanes da modalidade Andaina que sobrepasen 1 hora 45 minutos no alto do camiño dos carboeiros serán desviados polo percorrido curto da Andaina.Así mesmo os 'Corredores Escoba' ou o responsable de cada control tendrán a potestade para retirar da proba a calquer corredor, andarín ou ciclista si o seu estado de saúde así o aconsella. O corredor que se retire deberá avisar no control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS: a distribución dos avituallamentos será a seguinte:

CARREIRA-ANDAINA: Km 6,10,15 e 21.
ANDAINA CURTA: Km 6, 9 e 15.
BTT: Km 17,5 e 25.

9. PREMIOS: Dado o carácter solidario da proba entregaranse exclusivamente trofeos conmemorativos os gañadores/as absolutos de cada unha das modalidades (ANDAINA, CARREIRA e BTT) que comprende este evento solidario. Quedará descalificado todo aquel que non cumpla o presente reglamento, no complete a totalidade dol percorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o dorsal ben visible ou desacate as indicacións da organización.
10. A organización reservase o dereito a realizalas modificacións que considere necesarias en función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba si as condicións meteorolóxicas o obligan ou por algunha causa de forza maior.
11. Os participantes están obligados a auxiliar ós accidentados e a respetar as normas de circulación nos cruces de estrada.
12. A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente, neglixencia, así como dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión. En todo o que non se contemple neste reglamento, a proba regularase polo disposto nos reglamentos da Federación de Montaña de Galicia e da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME)


PERFÍS E PERCORRIDO:




FOTOS PARA ABRIR BOCA:
















No hay comentarios:

Publicar un comentario