domingo, 15 de mayo de 2011

Despois de San Mamede, sigo vivo.

Non é o mesmo facer unha carreira por primeira vez, que non sabes por donde vas a pasar, e non sabes os pormenores do recorrido. Que facela co terreo xa estudiado.
Eso pasoume a min en San Mamede, pois xa fixera a Previa cos amigos do Via18 e con Lois e Xabi e algún que seguro me esquezo.
Sobre todo en montaña notase máis porque os perfís nunha grafica están ben pero na realidade transformanse e convirtense en verdadeiras subidas e baixadas.

Tomeime a carreira con certa tranquilidade pois saber o que tiña por diante axudoume a dosificar nos momentos duros e exprimir no terreos favorables si había forza claro.
Os primeiros quilometros ata o pobo da Teixeira fixenos na compaña de Oscarourense e Runrunpabli, que cada ún ía con distintos plantexamentos, xa que Oscar tiña en mente a preparación dos Aquilianos e Pablo tomouno en plan relaxado porque andar anda e moito, que así nos deixou nas primeiras rampas despois da Teixeira. A raíz de ahí quedamos Oscar e eu, ata que comenzou a segunda rampa un cortalume que nos levaría ata o cumio da Ermida, dende ahí ata meta era todo baixar por dous cortalumes empinados e o treito final por pista con certos desniveis. Dende o cumio ata o final quedeime so por unha caída de Oscar que quedou no alto para recuperarse e estirar.
A verdade que quedei ledo polo resultado, algo máis de 2h44m, pero tamén polas boas sensacións post carreira, xa que cheguei ben, con cansancio normal destas probas e non desfeito como noutras ocasións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario