lunes, 16 de mayo de 2011

IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA



IV CARREIRA POPULAR VILA DE REDONDELA

IV Carreira Popular Vila de Redondela
Data: Martes 17 de Maio do 2011 Hora: 10:30 h Distancia: 6.000
m.
Lugar: Redondela ( saida e meta sita no Concello de Redondela)
Organiza: Concello de Redondela, colabora Serviocio, empresa
xestora da Piscina Municipal de Redondela
Inscripcións: ata as 14:00 do xoves 12 de Maio
Mais información; no teléfono da instalación (986400586)
Remate da proba; 11:30

REGULAMENTO XERAL
1. A concellería de deportes do Concello de Redondela coa
colaboración de Serviocio empresa Xestora da Piscina Municipal
de Redondela organiza a terceira edición da carreira popular
Vila de Redondela
2. Será obrigatorio lucir o dorsal tal e como o facilita a organización,
quedando prohibido doblalo ou cortalo. Tamén deberán levar o chip
ChampionChip debidamente atado nos cordóns das zapatillas. Será
motivo de descalificación o non cumprir este artigo
3. Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen
realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal e chip de outro
participante ou quen falsifique os datos da inscrición.
4. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída aceptan o
presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité
organizador.
5. A Piscina Municipal de redondela (serviocio sl) o Concello de
Redondela e os colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que se poidan sufrir nesta proba.
6. A IV carreira Popular Vila de Redondela ten carácter non
competitivo.
7. Somentes poderán participar as persoas mayores de 16 anos
8. Se establecen catro categorias unha masculina e outra femenina de
16 a 35 anos e unha masculina e outra femenina de maiores 35
9. Premios; trofeos para os tres primeiros clasificados de cada
categoría, un regalo para o último clasificado de cada categoría
e un detalle para o primeiro abonado da Piscina Municipal de
Redondela en chegar a meta.
10. Obsequio para todolos participantes dunha
camiseta técnica de recordo o finalizar o percorrido e
algunha sorpresa mais
11. Dado o carácter estrictamente deportivo e popular da carreira
non se admitirán reclamacións. A participación leva implícito a
aceptación do regulamento da proba.
12. A organización contará coa colaboración dos organismos
municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo do
percorrido.
Disporase de coche escoba para aqueles corredores que por algunha
razón non poidan ou non desexen remata-la proba.
13. Avituallamientos: haberá un avituallamento líquido na meta.
14. Servicios de vestuarios e duchas: Piscina Municipal de
Redondela.
15. INSCRIPCIÓNS: 3 euros de dereitos de inscrición+1 Euro por
alquiler de Chip o que non o teña. Os/as propietarios/as de chip
amarelo ChampionChip non pagarán aluguer. Terán que precisar, DNI
con letra, nome e apelidos e fecha de nacemento completa,
localidade, provincia, teléfono movil de contacto e o correo
electrónico se o desexa. Poderanse facer ata as 14:00 horas do día
17 de xuño, na recepción da Piscina Municipal de Redondela (Paseo
do Pexegueiro Nº 5), ou na central de inscripcións na Web
www.championchipnorte.com
Todas as persoas que non aparezan nos listados definitivos o venres 13
de Maio nos listados da Web de ChampionChipNorte, non estarán
correctamente inscritas. A forma de pago pola Web é por medio de
tarxetas de crédito habilitadas para PAGO SEGURO por Internet. Deben
seguirse todas as indicacións que se dan na Web.
Non se aceptarán inscricións fora de plazo e sen datos obrigatorios.
16. Teléfono de informacion: 986400586, e información publicada
na web www.championchipnorte.com correrengalicia.org xunto con
un enlace para ver o recorrido
17. Os dorsais poderanse recoller de 08:30 a 09:30 horas do día da
proba na zona de saída, situada nos arredores do Concello de
Redondela. E durante a tarde do sábado de 16:00 a 20:00 na piscina
Municipal de Redondela

No hay comentarios:

Publicar un comentario