domingo, 18 de agosto de 2013

Volta a adestrar

Sigo de "baixa médica" pero notome con boas sensacións e sen molestias. Despois de sesión fisio luns e mércores, decidome a probar como me atopo das molestias no abductor.
Levaba parado dez días, e o venres fun a probar, din sete voltas a Castrelos (circuito 1000), sensacións encontradas pois ía ben pero con medo.
Este foi o resultado:
Resultado del entrenamiento 16/08/2013 11:32

O día seguinte visto que foi bastante ben decido voltar a rodar sen nengunha pretensión máis que rodar un pouco máis e ver de novo as sensacións.
Desta volta foron dez voltas, resultado:
Resultado del entrenamiento 17/08/2013 11:18

Espero que para a próxima semana teña novas máis felices.

No hay comentarios:

Publicar un comentario