martes, 23 de febrero de 2010

Semana 4 preparación Vig-Bay (22-28 Feb)

Entramos na cuarta semana de preparación de cara a carreira do ano polo menos a nivel particular.
Empezo a semana con molestias no talón de Aquiles, apareceu da noite para o día sin mais, levaba unhas semanas con molestias nos tibiais anteriores pero no talon non, teño vez para o fisio o mercores a ver que me diagnotica, esperemos que non sexa nada importante, xa que este domingo é a Interrunning e non me gustaría fallar, xa que é a presentación do equipo INTERRUNNING TEAM do que son compoñente, e tiña pensado facer a miña mellor marca en 10qm (deixaremolo para mellor ocasión).
De todas maneiras hoxe penso ir a entrenar a ver que tal estou.

Planning:
MARTES*
20' c.c. progresiva
Fartlek regresivo 4x(30"f-1's/30"f-45"s/30"f-30"s/30"f-15"s)
20' c.c. suave

XOVES**
20' c.c. progresiva
4x(400m medio/30"+200m fuerte/1')
30' c.c. suave

SABADO/DOMINGO
30' c.c.
30' c.v.(1f-2's)
30' c.c.

* Este martes, pois como o tempo esta semana non axuda moito e Castrelos ponse impracticable decidimos irnos O Castro. Precisamente non ten o perfil plano de Castrelos pois demos tres voltas de quecemento arredor do Castelo, despois saimos polos arredores por un circuito con subidas, baixadas e tamen como non escaleiras, o final fixemos arredor de 12qm en pouco mais dunha hora.
** O xoves, despois de sesión fisio o mercores, quedei valdado, por certo estaba contracturado por todos lados, soleo, tibiales anteriores e non sei que mais (todo a raiz de ter o pes case case planos, vou ter que ir a un podologo a asesorarme).
Pois fun o ximnasio facer bici, estiramentos e aproveitei para facer algo de maquinas que as teño moi abandonadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario