martes, 5 de abril de 2011

Cronica Pozo do Demo, Verín

Pozo do Demo, penso que non foi o nome axeitado ou si.

Pozo foi donde nos metemos todos os que pensamos que ía ser unha carreira "normal" de monte.

Penso que o nome axeitado tería que ser Rampa do Demo, xa que meduna pendente tiñan esos 300mts, que se comenta que tiñan unha porcentaxe do 34% como para non mirar para atras polo vertigo.

Quitando estas anecdotas, carreira moi recomendada para nos os que estamos a empezar nas carreiras de Monte ou Montaña, xa que so picaba hacia arriba 2,5qms dos 11qms totais. O resto era baixada e o trama final chan de todo, chegando a meta en asfalto.

Cruzamos dous regatos por pontes arranxadas para o acontecemento, aínda que houbo corredores que tomaron pola liña recta, eu neste caso non me aventurei xa que estaban o principio da prova e non tiña moitas gañas de levar os pes mollados ata o final.

Gran participación, moitos coñecidos do foro de CeG, e fabulosa saída dende o Manantial de Aguas de Cabreiroa, saín co meu compañeiro de equipo Billa, que se defendeu moi ben para ser a primeira prova de monte que facía, o que ten condicións tenas para todo.

Si bebera da auga do manantial igual o conto cambiaría jeje.


Aínda que me vexades con cara de contento o tema ía por dentro, tan so foi para a foto, hai que sair juapiño non, gracias Xandra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario