lunes, 25 de abril de 2011

V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO





V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO


INTEGRADA NO IV CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRA POPULARES


Día: 30 de Abril de 2011

Hora: 17.30 h.

Saída e chegada: Teira-Corrubedo



Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna

Páxina web oficial: http://www.cofradíadadorna.com/


Teléfono: 619300125


A V CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 30 de Abril de 2011 ás 17.30 horas do serán. A proba estará suxeita ó seguinte:


REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.

2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.

3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 8.000 mts. aprox. debidamente sinalizado.- A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. - Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal.- Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.

4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.

5. Avituallamento intermedio no kilómetro 4,5 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.

7. Todo aquel atleta que no kilómetro 5 faga un tempo superior os 36 minutos queda descalificado e fora da proba.

8. As incripcións faranse únicamente dende o formulario habilitado para tal fin na web da Cofradía da Dorna (a partires do 12 de Abril habilitarase dito formulario). - A inscripción é gratuita e o prazo para a mesma vai dende o 12 de Abril ata o 28 de Abril as 14.00 h. -


A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS. - NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL


RETIRADA DE DORSAIS: O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 e 17:15 ata 15 minutos antes do inicio.


9. Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscriptos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:- Recibirán trofeo os vintecinco primeiros homes.- As dúas primeiras mulleres. - As cinco primeiras parellas.- A carreira esta integrada no IV CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.

12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas [ver localización].

13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario