lunes, 18 de abril de 2011

Quinta Vig-Bai no peto con MMP

Non quixera empezar o relato desta prova sin antes dar as gracias como sempre os meus compañeiros de adestramento, meu irman Xurxo e tamén a Camilo e Horacio.

Todos en maior ou menos medida acompañaronme durante todolos os adestramentos, aguantando choiva, frío, e tamén penso eu, días nos que poucas gañas había de correr e ahí estaban eles para levalo mellor e non deixarse ir, e decir outro día irei correr.


Conseguín a miña mellor marca na Vig-Bai, soa bonito pero as pretensions eran maiores, xa que viña de correr a anterior MM en Viana do Castelo en Portugal facendo un tempo de 1h35m07s.

Entón o meu obxetivo era baixar ese tempo e a bo fe que penso que podía, xa que todo o mundo me decía que era máis difícil Viana que a Vig-Bai, pero en eso quedou nun obxetivo, xa que o meu tempo foi de 1h38m53s, contento pero a medias, tamén foi a mellor marca de meu irman, parabens neno.


Resulta que nin Camilo nin Horacio por distintos avatares non poideron participar na prova, unha magoa porque penso que podían facer uns bos tempos.

Como dixen antes quería mellorar o meu tempo en MM coa idea de pasar polos 10qms en menos de 45m pero o paso pola distancia xa me indicaba que non o conseguiría, entón o obxetivo era tentar mellorar marca na prova.


Fun xunto co meu irman toda a carreira, tirando un do outro, conseguindo así levar un bo ritmo pero parece que non tiñamos os Deuses de cara.


Parece que teño a prova atragantada ou caiume un feitizo para a Vig-Bai xa que non me atopo comodo. Tan so disfrutei na miña primeira vez que a corrín foi unha sensación de terminar impresionante.

Como hai máis días que longanizas, estaremos na proxima edición do 2012.






No hay comentarios:

Publicar un comentario